Abrir o menú principal

O imperio contraataca

Filme de 1980 dirixido por George Lucas

O imperio contraataca[1] ou A guerra das galaxias, episodio V: O imperio contraataca (en inglés: Star Wars Episode IV: The Empire Strikes Back) é un filme estadounidense dirixido por Irvin Kershner e producido por George Lucas que foi estreado en 1980. É o segundo filme da saga de Star Wars, pero o quinto en orde cronolóxica interna da saga. Estreouse en galego na TVG o 28 de decembro de 1990.

A guerra das galaxias, episodio V: O imperio contraataca
Empirestrikesback2.png
Logo do filme
Ficha técnica
Título orixinalStar Wars Episode V: The Empire Strikes Back
DirectorIrvin Kershner
ProdutorGary Kurtz
Executivo
George Lucas
GuiónLeigh Brackett
Lawrence Kasdan
IntérpretesMark Hamill
Harrison Ford
Carrie Fisher
Billy Dee Williams
Anthony Daniels
David Prowse
Kenny Baker
Peter Mayhew
Frank Oz
MúsicaJohn Williams
FotografíaPeter Suschitzky, BSC
MontaxePaul Hirsch
EstudioLucasfilm
Distribuidora20th Century Fox
EstreaFlag of the United States.svg 21 de maio de 1980
Galicia 28 de decembro de 1990 (TVG)
Duración129 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFicción científica, aventuras
Orzamento$32 000 000
Recadación$538 375 067
Filme anteriorA guerra das galaxias
Filme seguinteO retorno do Jedi

ArgumentoEditar

Tras un ataque sorpresa das tropas imperiais ás bases camufladas da alianza rebelde, Luke Skywalker, en compaña de R2-D2, parte cara o planeta Dagobah en busca de Yoda, o derradeiro mestre Jedi, para que lle ensine os segredos da Forza. Mentres, Han Solo, a Princesa Leia, Chewbacca, e C-3PO esquivan as forzas imperiais e piden refuxio ó antigo propietario do Falcón Milenario, Lando Calrissian, no planeta mineiro de Bespin, onde lles agarda unha trampa de Darth Vader.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

  • 1980: 2 Oscars: Mellor son, efectos visuais (premio especial). 4 nomeamentos.

NotasEditar

  1. "A dobraxe de "O imperio contraataca"". crtvg. 03-08-2000. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 15-03-2019. 

Véxase taménEditar