R2-D2

robot da serie da Guerra das galaxias

R2-D2 é un pequeno robot e un dos principais personaxes da saga da Guerra das galaxias (Star Wars). É un droide astromecánico, responsábel da manutención e navegación de astronaves. Fala unha "linguaxe" incomprensíbel, de bips e sons electrónicos (e inspirou a Kenny, de South Park). Así como toda a serie, o personaxe tivo forte impacto cultural e se transformou nunha icona pop.[1]

R2-D2 e C-3PO son os únicos personaxes da serie a apareceren nos sete filmes interpretados polos mesmos actores. Kenny Baker foi o actor anano que actuou dentro do droide en cinco dos seis filmes da serie.[2] Malia aparecer nos créditos do filme A Vinganza dos Sith, Kenny nunca filmou ningunha escena dese episodio.

Notas editar

  1. "R2-D2". 100 Objects that Made America (Smithsonian Institution ed.). Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2013. Consultado o 31 de outubro de 2013. 
  2. Jason Ward (16 de setembro de 2015). "LITTLE ACTOR JIMMY VEE IS ARTOO-DETOO IN STAR WARS: EPISODE VIII". Makingstarwars.net. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 22 de decembro de 2015.