O retorno do Jedi
A guerra das galaxias, episodio VI: O retorno do Jedi (en inglés: Star Wars Episode IV: Return of the Jedi) é un filme dirixido por Richard Marquand e producido por George Lucas que se estreou en 1983. É o terceiro filme da saga Star Wars e o sexto en orde cronolóxica interna da saga.
Sinopse
editarLuke Skywalker e a Princesa Leia teñen que ir a Tatooine para liberar a Han Solo, pero, para conseguilo, deben infiltrarse na perigosa guarida de Jabba o Hutt, o gánster máis temido da galaxia. Unha vez reunidos, o equipo recruta tribos de Ewoks para combater as forzas imperiais nos bosques da lúa de Endor. Mentres tanto, o Emperador e Darth Vader conspiran para atraer a Luke ó lado escuro, pero o xove está decidido a reavivar o espírito dos Jedi no seu pai. A guerra civil galáctica remata cun derradeiro enfrontamento entre as forzas rebeldes unificadas e unha segunda Estrela da Morte, indefensa e incompleta, nunha batalla que decidirá o destino da galaxia.
Personaxes
editar- Mark Hamill como Luke Skywalker
- Harrison Ford como Han Solo
- Carrie Fisher como Princesa Leia Organa
- Billy Dee Williams como Lando Calrissian
- Anthony Daniels como C-3PO
- Kenny Baker como R2-D2
- Peter Mayhew como Chewbacca
- Sebastian Shaw como Anakin Skywalker
- Ian McDiarmid como Emperador Palpatine
- Frank Oz como Yoda
- David Prowse como Darth Vader
- Alec Guinness como Obi-Wan "Ben" Kenobi
- Denis Lawson como Wedge Antilles
- Kenneth Colley como Almirante Piett
- Warwick Davis como Wicket
- Jeremy Bulloch como Boba Fett
- Caroline Blakiston como Mon Mothma
Galardóns e nomeamentos
editarNotas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en castelán)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)