Alguén voou sobre o niño do cuco

Filme de 1975 dirixido por Miloš Forman

Alguén voou sobre o niño do cuco (en inglés: One Flew Over the Cuckoo's Nest) é un filme americano de 1975 dirixido por Miloš Forman. A historia foi adaptada da novela de Ken Kesey E un voou sobre o niño do cuco. Na historia do cine, a película foi a primeira que gañou os cinco Premios Óscar máis cobizados (Mellor filme, Mellor actor protagonista, Mellor actriz protagonista, Mellor guión, e Mellor director) desde It Happened One Night (1934), un logro que non se volvería repetir ata 1991 co filme O silencio dos cordeiros. O filme foi rodado no Hospital Estatal de Oregón, en Salem.

Alguén voou sobre o niño do cuco
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalOne Flew Over the Cuckoo's Nest
DirectorMiloš Forman
ProdutorSaul Zaentz
Michael Douglas
GuiónLawrence Hauben
Bo Goldman
Baseado enE un voou sobre o niño do cuco de Ken Kesey
IntérpretesJack Nicholson
Louise Fletcher
William Redfield
Brad Dourif
Danny DeVito
Christopher Lloyd
Will Sampson
MúsicaJack Nitzsche
FotografíaHaskell Wexler
MontaxeRichard Chew
Sheldon Kahn
Lynzee Klingman
DistribuidoraUnited Artists
Estrea 19 de novembro de 1975
Galicia 6 de outubro de 1989 (TVG)
Duración133 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$3 000 000[1]
Recadación$108 981 275
Na rede
IMDB: tt0073486 Filmaffinity: 371621 Allocine: 2072 Rottentomatoes: m/one_flew_over_the_cuckoos_nest Mojo: oneflewoverthecuckoosnest Allmovie: v36363 TCM: 85669 Metacritic: movie/one-flew-over-the-cuckoos-nest TV.com: movies/one-flew-over-the-cuckoos-nest Netlix: 825812Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego na TVG o 6 de outubro de 1989.[2]

Título editar

O título é unha tradución case literal do inglés, equivalente ás que se fixeron en castelán, catalán e italiano. En inglés cuckoo significa 'cuco' pero tamén en argot 'tolo'. Aparece na novela como parte duns versos que un dos amigos de McMurphy lembra da súa nenez. Os versos proceden dun poema de Louis Untermeyer: "One flew east, one flew west,/ and one flew over the cuckoo's nest" ('Un voou ó leste, un voou ó oeste,/ e un voou sobre o niño do cuco'). O cuco non ten niño propio e pon os ovos nos niños doutros paxaros. Por conseguinte as crías do cuco son hóspedes alimentados por paxaros que non son seus pais. No filme o niño está representado polo manicomio no que se mantén os seus hóspedes baixo unha férrea e sádica disciplina, só en aparencia terapéutica.

A novela homónima de Ken Kesey fora publicada en 1962. O autor escribiuna inmediatamente despois da experiencia que tivera no hospital psiquiátrico onde traballara como enfermeiro. Foi traducida ao galego en 2020 por Neila García Salgado co título E un voou sobre o Miño do cuco.

Sinopse editar

Randle Patrick McMurphy (Jack Nicholson), para non ter que ir a prisión, faise pasar por tolo e é enviado a un hospital psiquiátrico. Nel intentará animar a vida dos internos organizando partidas de cartas e partidos de básquet, influíndo no comportamento dos outros enfermos. Ó infrinxir as regras de disciplina do centro e rachar as súas rutinas comeza a ser perseguido pola sádica enfermeira Mildred Ratched (Louise Fletcher).

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

Notas editar

  1. Box Office Mojo (en inglés)
  2. La Voz de Galicia, 6 de outubro de 1989. Páx. 71

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar