O Programa Ranger foi un programa espacial dos Estados Unidos de América durante os principios da década de 1960 para enviar varias naves non tripuladas a impactar contra a Lúa e fotografala e obter datos científicos da mesma antes do choque.[1]

Maqueta dunha nave Ranger.

Características editar

A finalidade do programa Ranger foi tomar imaxes de alta resolución da superficie lunar para realizar investigacións científicas e eventualmente axudar a seleccionar un sitio de aterraxe para as misións do programa Apollo.[2]

O programa comezou a xestarse en 1959. As naves ideáronse como plataformas estabilizadas desde as que poder facer diversas observacións. Os modelos iniciais levaban un conxunto de instrumentos que ademais sobrevivirían ao impacto para transmitir datos desde a superficie. Tódalas cinco naves destes modelos fallaron e non cumpriron os seus obxectivos, o que motivou a decisión de simplificar o deseño e non levar o paquete de instrumentos post-impacto. As catro unidades do modelo simplificado cumpriron os seus obxectivos e fotografaron a superficie lunar en alta resolución.[1][2]

As naves Ranger voaron en tres configuracións distintas:

  • Misións do Bloque I: a este bloque pertenceron as Ranger 1 e Ranger 2. Foron lanzadas en 1961 para facer probas e tomar datos de enxeñería.
  • Misións do Bloque II: formadas polas Ranger 3, 4 e 5, fallaron nos seus obxectivos, o que levou a simplificar o deseño da nave e eliminar o módulo de instrumentos que debía sobrevivir ao impacto.
  • Misións do Bloque III: as misións definitivas do programa Ranger, formadas polas Ranger 6, 7, 8 e 9. Salvo a 6, o resto acadaron completamente os seus obxectivos.[1][2]
 
Imaxe da superficie lunar tomada polo Ranger 8 cinco segundos antes do impacto.

As naves Ranger fotografaron a superficie lunar cun equipamento consistente en seis cámaras de televisión. Cada cámara do conxunto de seis en cada misión usaba variacións dos tempos de exposición, campo de visión, obxectivos e velocidade de exploración. Os campos de visión das cámaras solapábanse. As últimas imaxes tomábanse a alturas de entre 5 km e 600 m, con resolucións de tan só 0,3 m.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2011). "Radsat" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Lunar and Planetary Institute, ed. (2016). "The Ranger Program" (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2016.