Valentina Tereshkova

astronauta rusa, a primeira muller en órbita

Valentina Vladimirovna Tereshkova (en ruso: Валентина Владимировна Терешкова), nada en Bolshoye Maslennikovo (oblast de Yaroslavl) o 6 de marzo de 1937, é unha excosmonauta, enxeñeira e política rusa. Foi a primeira muller da historia en permanecer en órbita no espazo exterior, a bordo do Vostok 6 o 16 de xuño de 1963.[1] Para iso, foi seleccionada entre máis de catrocentos aplicantes e cinco finalistas. Orbitou a Terra corenta e oito veces, e permanece a día de hoxe como a única muller en facer en solitario unha misión espacial.[2][3]

Infotaula de personaValentina Tereshkova

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Валентина Владимировна Терешкова Editar o valor em Wikidata
6 de marzo de 1937 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Bolshoye Maslennikovo, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deputada da Duma Estatal
21 de decembro de 2011 –
Circunscrición electoral: Oblast de Iaroslavl (pt) Traducir
Deputado do Pobo da Unión Soviética
1989 – 1991
Membro do Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética
1974 – 1989
Membro do Conselho Supremo da Unión Soviética
1966 – 1989 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesЧайка
Valentina Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeUnión Soviética
Rusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Zhukovsky de Engenharia da Força Aérea (pt) Traducir (–1969) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítico e Astronáutica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Moscova Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastronauta , aviadora , profesora universitaria , enxeñeira , política , militar , deputada da Duma Estatal Editar o valor em Wikidata
EmpregadorQ4538916 Traducir
Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética
Union of Soviet Societies for Friendship and Cultural Relations with Foreign Countries (en) Traducir
Yaroslavl Oblast Duma (en) Traducir
Soviet Supremo da Unión Soviética
Krasny Perekop Factory (en) Traducir
Vostok 6
Duma Estatal Editar o valor em Wikidata
Partido políticoRússia Unida (pt) Traducir (2008–)
Russian Party of Life (en) Traducir (2003–2008)
Our Home – Russia (en) Traducir (1995–2003)
Partido Comunista da Unión Soviética (1960–1991) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeRusia Editar o valor em Wikidata
Rango militarmajor-general (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Tempo no espazo2 días, 23 horas e 12 minutos Editar o valor em Wikidata
Misión do astronauta
Disciplina deportivaParacaidismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
25 de febreiro de 198627th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir
23 de febreiro de 198126th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir
24 de febreiro de 197625th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir
30 de marzo de 197124th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeYuliy Shaposhnikov (pt) Traducir (–1999), morte do cónxuxe
Andriian Grigorevich Nikolaev (1963–1982), divorcio Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0855547 Musicbrainz: c2c9d67d-581a-4b96-9673-70e8d1050017 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Despois da escola, traballou en factorías téxtiles e estudou enxeñaría. Practicou o paracaidismo nun club local, facendo o seu primeiro salto con 22 anos, o 21 de maio de 1959. No ano 1961 foi secretaria do Komsomol (Liga Xove Comunista) e despois, membro do Partido Comunista da Unión Soviética. Para unirse ó corpo de cosmonautas, Tereshkova ingresou honorariamente nas Forzas Aéreas Soviéticas, tornándose polo tanto na primeira civil en voar ó espazo.[4] Despois da disolución do primeiro grupo de mulleres cosmonautas (Tatyana Kuznetsova, Valentina Ponomaryova, Irina Solovyova, e Zhanna Yorkina.e Tereshkova) en 1969, foi unha prominente afiliada do Partido Comunista da Unión Soviética, ocupando varios cargos políticos. Permaneceu activa despois do colapso da Unión Soviética e é vista na actualidade como unha heroína en Rusia e no mundo enteiro.

Casou en novembro de 1963 co tamén cosmonauta Andriian Grigorevich Nikolaev co que tivo unha filla, Elena Andrionova. Divorciáronse en 1982. O seu segundo marido, o ortopedista Iuli G. Shaposhnikov, faleceu en 1999.

Actividade social

En 2011, foi elixida para a Duma Estatal de Rusia do partido Rusia Unida na lista rexional de Yaroslavl. Tereshkova, xunto con Elena Mizulina, Irina Yarovaya e Andrey Skoch [5][6][7], é membro dun grupo interfacial de deputados para a protección dos valores cristiáns; nesta calidade, apoiou a introdución de emendas á Constitución rusa, segundo as cales, "a ortodoxia é a base da identidade nacional e cultural de Rusia". Vicepresidente da Comisión de Estrutura Federal e Autonomía Local da Duma Estatal desde o 21 de decembro de 2011.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.