Patrice Lumumba

Patrice Émery Lumumba (2 de xullo de 1925 - 17 de xaneiro de 1961) foi un líder anticolonial e o primeiro ministro elixido en xuño de 1960 na actual República Democrática do Congo despois de axudar a conquistar a independencia do Congo Belga en relación á Bélxica.

Patrice Lumumba
Patrice Lumumba, 1960.jpg
Nacemento2 de xullo de 1925
Lugar de nacementoKatakokombe
Falecemento17 de xaneiro de 1961
Lugar de falecementoLubumbashi
Causaexecution by shooting
NacionalidadeRepública do Congo
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpolítico e revolucionario
CónxuxePauline Opango
FillosFrançois Lumumba, Guy-Patrice Lumumba, Juliane Amato Lumumba e Roland Lumumba
PremiosOrder of the Companions of O. R. Tambo e Ordem da Coroa (Bélgica)
Na rede
IMDB: nm0525978 Musicbrainz: 6b2211ed-95f4-4fa6-8148-b883efcb1c29 Discogs: 1065376 Find a Grave: 8077720 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O día en que foi concedida a independencia ao Congo, o rei Balduíno de Bélxica dixo "Cómpre agora aos señores cabaleiros nos mostrar que son dignos da nosa confianza" cun ton irónico. Patrice Lumumba respondeu. Dixo que a independencia política non era suficiente para liberar a África de seu pasado colonial, era preciso tamén que África deixase de ser controlada economicamente por Europa. Iso causou gran alarma nas potencias Occidentais. Grandes empresas americanas e belgas tiñan grandes investimentos no Congo, que era rico en moitos minerais preciosos. O peor é que non había nada que o puidese comprar. Lumumba non encontrou apoio no Occidente e así recorreu á Unión Soviética.

Pasadas só dez semanas da súa elección foi deposto xuntamente co seu goberno nun golpe de estado sendo aprisionado e asasinado en xaneiro de 1961.