República de Rodesia

A Rodesia (en inglés: Rhodesia) coñecida oficialmente entre 1970 e 1979 como República de Rodesia foi un estado non recoñecido que existiu no sur de África entre 1965 e 1979, na actual República de Cimbabue. Coa súa capital en Salisbury (actual Harare), Rodesia considerábase estado sucesor de facto da ex-colonia británica de Rodesia do Sur.

Republic of Rodesia
República de Rodesia
[[Rodesia do Sur|]]
1965–1979 [[Cimbabue Rodesia|]]
Bandeira Escudo
Lema:
Sit Nomine Digna (latín: «Sexa digno do Nome»)
Himno:
Rise, O Voices of Rhodesia (desde 1974)
Capital Salisbury
Lingua inglés
Goberno n/d
Xefe de Estado[1]
 • 1965-1975 Clifford Dupont
 • 1976-1978 John Wrathall
 • 1978-1979 Jack William Pithey
Primeiro Ministro
 • 1965-1979 Ian Smith
Historia
 • Establecido 1965
 • Independencia unilateral
 • Declaración da república 2 de marzo
 • Cimbabue Rodesia 1979
Moeda Libra rodesiana (ata 1970)
Dólar rodesiano (desde 1970)

Trala disolución da Federación de Rodesia e Nyasalandia, en 1963, o goberno da minoría branca (que representaba un 5% da poboación da colonia para ese entón), liderado por Ian Smith, nun esforzo por atrasar unha transición inmediata a un goberno da maioría negra, declarou unilateralmente a súa independencia o 11 de novembro de 1965. A administración de Rodesia solicitou inicialmente o recoñecemento como Reino dentro da Mancomunidade Británica de Nacións con Isabel II do Reino Unido como xefe de estado baixo o título Raíña de Rodesia. Con todo, en 1970, nun errado intento de gañar recoñecemento internacional, declarouse a República de Rodesia, cun Presidente como xefe de estado e un Primeiro Ministro como xefe de goberno.

Logo dunha brutal guerra de guerrillas entre o goberno de Rodesia e as organizacións nacionalistas comunistas africanas, como a ZANU de Robert Mugabe e ZAPU de Joshua Nkomo, Ian Smith aceptou unha democracia birracial en 1978. Con todo, o goberno provisional, aínda encabezado por Smith e o seu compañeiro moderado Abel Muzorewa fallou en tranquilizar as críticas internacionais e en deter o derramamento de sangue. O 12 de decembro de 1979, o goberno rodesiano devolveu a administración ao Reino Unido no que se celebraban eleccións democráticas baixo sufraxio universal. Trala vitoria do ZANU, o goberno británico recoñeceu a independencia da colonia baixo o nome de República de Cimbabue.

NotasEditar

  1. Entre 1965 e 1970, Rodesia declarouse independente como monarquía constitucional da Mancomunidade Británica de Nacións, situación que non foi recoñecida por Isabel II, a proclamada Raíña de Rodesia. Desde 1970, o xefe de estado foi un Presidente.

Véxase taménEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.