Henrique Galvão
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Henrique Carlos da Malta Galvão, nado en Barreiro o 4 de febreiro de 1895 e finado en São Paulo o 25 de xuño de 1970, foi capitán do exército, explorador-naturalista, e escritor portugués. Fíxose mundialmente famoso, en 1961, por ter organizado e comandado o secuestro do Santa María, nunha tentativa de provocar unha crise política contra o réxime de Salazar.
Henrique Galvão, retrato en Vida Gallega, 1934. | |
Nome orixinal | Henrique Carlos da Malta Galvão |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de febreiro de 1895 Lisboa, Portugal |
Morte | 25 de xuño de 1970 (75 anos) São Paulo, Brasil |
Q89547790 | secuestro do Santa María |
Actividade | |
Ocupación | capitán do exército, explorador-naturalista, e escritor |
Membro de | |
Participou en | |
22 de xaneiro de 1961 | asalto ao vapor Santa María |
Familia | |
Pais | Celestino Galvão e Maria Malta Galvão |
Premios | |
Traxectoria
editarHenrique Galvão desde cedo seguiu a carreira militar. Foi un dos partidarios de Sidónio Pais. Foi administrador do concello de Montemor-o-Novo. Participou na revolución do 28 de maio de 1926 e foi un fervoroso salazarista. Foi o primeiro director da Emissora Nacional en 1934. Máis tarde, estivo e África, onde organizou accións de propaganda. Foi gobernador de Huíla. Angola inspiroulle a vea literaria, escribindo unha serie de libros sobre a vida nas colonias africanas, a súa antropoloxía e zooloxía.
No inicio da década dos 50, Henrique Galvão deslindouse do réxime de Salazar e comezou a conspirar con outros militares, máis acabou por ser descuberto, preso e expulsado do exército. En 1959, aproveitando unha visita ao Hospital de Santa María, fuxiu e refuxiouse na embaixada da Arxentina, conseguindo o exilio político en Venezuela. Henrique Galvão era, con Humberto Delgado, unha figura extremadamente popular nos medios opositores non afectos ao PCP. Para o Partido Comunista, Portugal aínda non estaba preparado para a revolución, en canto Galvão pensaba que non había tempo a perder. Foi durante o exilio que comezou a preparar aquela que seria a súa acción mais espectacular: o desvío dun paquete cheo de pasaxeiros, a que deu o nome de "Operación Dulcinea". Coordinou esta acción con Humberto Delgado, que estaba exiliado no Brasil.
O navío escollido foi o paquete "Santa María", que partira en 9 de xaneiro de 1961 para unha viaxe regular ata Miami. Galvão embarcou clandestinamente no navío, en Curaçao, Antillas Holandesas. A bordo xa se encontraban os 20 elementos do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación, grupo que asumiría a responsabilidade do asalto. O navío levaba cerca de 612 pasaxeiros, moitos norteamericanos, e 350 tripulantes. A operación comezou na madrugada do 22 de xaneiro, coa ocupación da ponte de mando. Un dos oficiais de bordo ofreceu resistencia e foi morto a tiros; os restantes, segundo Galvão, rendéronse vergoñosa e covardemente. O paquete mudou de rumbo e partiu en dirección a África. Henrique Galvão quería dirixirse á illa española de Fernando Póo, no golfo de Guinea, e a partir de aí atacar Luanda, que sería o punto de partida para o derrube dos gobernos de Lisboa e Madrid. Un plano megalómano e quixotesco, condenado ao fracaso, pero que chamaría a atención internacional para a ditadura salazarista.
As cousas comezarán a complicarse cando un buque dinamarqués avistou ao Santa María, dando avisou á garda costeira americana. De aí ata chegada dos navíos de guerra foi un ápice. Vendo que todo estaba perdido, Henrique Galvão decidiu arribar a Recife e renderse ás autoridades brasileiras, pedindo asilo político, que foi concedido.
Henrique Galvão, morreu en São Paulo, coa enfermidade de alzhéimer.