Partido Comunista Portugués

O Partido Comunista Portugués (PCP), é un partido comunista de Portugal, fundado en 1921, de estrutura e ideoloxía marxista-leninista.

Partido Comunista Portugués (PCP)
Dirixentes e organización
LíderJerónimo de Sousa
MocidadesJuventude Comunista Portuguesa
Filiación internacionalInternational Meeting of Communist and Workers' Parties
Historia
Fundación6 de marzo de 1921
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo
Marxismo-leninismo
Representación
Assambleia da República
15 / 230
Parlamento Europeo
3 / 21
Presidentes de Câmaras Municipais
24 / 308
Outros datos
SedeRúa Soeiro Pereira Gomes, 3, Lisboa
PublicaciónAvante!
O Militante
Na rede
http://www.pcp.pt/
Twitter: pcp_pt BNE: XX132033 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar
 
Pintada do PCP Nas fábricas.

É un dos partidos políticos máis antigos de Europa[Cómpre referencia]. Ten deputados na Asemblea da República e no Parlamento Europeo, onde integra o grupo Esquerda Unitaria Europea - esquerda Verde Nórdica. O seu líder histórico é Álvaro Cunhal, que foi substituído en 1992 por Carlos Carvallhas. O líder desde 2004 é Jerónimo de Sousa.

O partido foi fundado en 1921 como sección portuguesa da Internacional Comunista, Comitern. Ilegalizado na fin dos anos 20, o PCP tivo un papel fundamental na oposición ao réxime ditatorial de António de Oliveira Salazar. Durante estas cinco décadas, o PCP participou activamente na oposición ao réxime e era o partido, clandestino naquela época, máis organizado e máis forte da oposición[Cómpre referencia]. Foi suprimido de xeito constante a mans da policía política, a PIDE. Rematada a Revolución dos Caraveis en 1974, os 36 membros do seu Comité Central, en conxunto, tiñan xa cumprido máis de 300 anos de prisión.

Após o fin da ditatura, o partido converteuse nunha das principais forzas políticas do novo réxime democrático, principalmente entre os traballadores, e con especial relevancia nas áreas rurais do Alentexo e Ribatexo e mais nas zonas industrializadas como Lisboa ou Setúbal, onde lidera varios municipios[Cómpre referencia].

Publicacións do PCP

editar
  • O semanario Avante!, fundado en 1931.
  • A revista bimensual O Militante.

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.