Polícia Internacional e de Defensa do Estado

(Redirección desde «PIDE»)

A Polícia Internacional e de Defensa do Estado (PIDE) foi unha policía existente en Portugal entre 1945 e 1969. A pesar de ser hoxe en día, sobre todo coñecida como policía política, as funcións da PIDE eran bastante abranguentes, sendo especialmente importantes as súas funcións nos sectores dos servizos de estranxeiros, fronteiras e seguridade do Estado.

Funcións e organización editar

Funcións editar

A PIDE foi creada polo Decreto-Lei nº 35 046 do 22 de outubro de 1945[1] - en substitución da Policía de Vixilancia e Defensa do Estado[2] - sendo considerada como un organismo autónomo da Policía xudicial e presentada como seguindo o modelo da Scotland Yard, pero foi de feito o prolongamento da PVDE, creada coa consultoría os fascistas italianos e da Gestapo alemá e continuaría, so o nome de Direção-Geral de Segurança (DGS), despois de 1969 e ata a Revolución do 25 de abril. Neste día, os axentes da DGS foron os únicos que reaccionaron abrindo fogo e provocando vítimas mortais entre os civís. A PIDE desempeñou funcións administrativas como funcións de represión e de prevención criminal.

 
Pasaporte, fronteira de Barca d'Alva, 1968

No ámbito das súas funcións administrativas, competíalle encargarse dos servizos de emigración e pasaportes, dos servizos de paso de fronteiras e dos servizos de permanencia e tránsito de estranxeiros en Portugal.

No ámbito das funcións de represión e de prevención criminal, competencia á PIDE a instrución preparatoria dos procesos a respecto dos crimes de estranxeiros relacionados coa súa entrada ou co seu réxime legal de permanencia en territorio nacional, ás infraccións relativas ó réxime do paso de fronteiras, ós crimes de emigración clandestina e captación ilícita de emigrantes e ós crimes contra a seguridade exterior e interior do Estado.

Organización editar

Cando se creou en 1945, a PIDE constituía un organismo do Ministerio do Interior estando o seu director subordinado directamente ó ministro. A estrutura incluía:

  • Director
    • Inspector superior
      • Consello Administrativo
      • Consello da PIDE
      • Secretaría
      • Contabilidade
      • Sección Central de Investigación
      • Gabinete de Investigación e Investigacións
      • Arquivo Xeral
    • Subdirectoría en Lisboa
      • Servizos Internacionais
      • Servizos de Emigración
      • Servizos de Seguridade do Estado
    • Subdirectoría do Porto
    • Delegacións
    • Postos

Despois da reorganización en 1954, a PIDE pasou a estar en dobre dependencia do ministro do Interior e do ministro de Ultramar. Cada un dos ministros tutelaba a actividade da PIDE, respectivamente na Metrópole e no Ultramar. A orde pasou a ser a seguinte:

Director

  • Consello de Policía
  • Servizos Administrativos
  • Servizos de Contencioso
  • Servizos de Seguridade
    • Sección Central
    • Divisións
    • Gabinete de Identificación e Policía Científica
    • Delegacións
    • Subdelegacións
    • Postos de vixilancia
    • Postos de fronteira

Actividades editar

No contexto das súas funcións no sector da seguridade do Estado, destacou a importancia da PIDE na neutralización da oposición ó Estado Novo.

A PIDE utilizaba a tortura para obter informacións e foi responsable dalgúns crimes sanguentos, coma o asasinato do militante do Partido Comunista Portugués (PCP) José Dias Coelho e do Xeneral Humberto Delgado. Este último foi atraído a unha emboscada, posible grazas á introdución de informadores nas organizacións que o xeneral lideraba ou na rede máis íntima de relacións persoais, pasando mesmo as fronteiras nacionais (o crime foi cometido en territorio español pois os informadores atopábanse instalados no Brasil, en Francia e en Italia).

Durante a Guerra de Ultramar, a PIDE, ata aí virtualmente ausente dos territorios africanos, asumiu nos tres teatros de operación a función de servizo de informacións e - constituíndo, encadrando e dirixindo milicias propias, os Flechas, compostas por africanos, por veces desertores das guerrillas - colaborou coas forzas militares no terreo.

Notas editar

  1. Decreto-Lei n.º 35046, de 22 de outubro de 1945.
  2. Decreto-Lei n.º 29992, de 29 de agosto de 1933.