Abrir o menú principal

Jerónimo de Sousa

político portugués

Jerónimo Carvalho de Sousa, nado en Loures o 13 de abril de 1947, é un obreiro metalúrxico, sindicalista e político portugués do Partido Comunista Portugués (PCP).

Jerónimo de Sousa
Jerónimo de Sousa.jpg
Nacemento13 de abril de 1947
 Pirescoxe
NacionalidadePortugal
Ocupaciónpolítico e sindicalista
editar datos en Wikidata ]
Jerónimo de Sousa

TraxectoriaEditar

Naceu na aldea de Pirescoxe, pertencente á freguesía de Santa Iría de Azoia, onde aínda hoxe reside, realizou o curso industrial, semellante á formación profesional, e comezou a traballar con 14 anos como afinador de máquinas na MEC - Fábrica de Aparelhagem Industrial. Foi delegado sindical nesa fábrica, chegando á Dirección do Sindicato dos Metalúrxicos de Lisboa, en 1973.

Entrou no PCP en 1974, tras a Revolución dos caraveis, e accedeu ao Comité Central en 1979. Foi deputado na Asemblea Constituínte, de 1975 a 1976, e varias veces elixido para a Asemblea da República, entre 1976 e 1992 e, de novo, en 2002, polo distrito de Setúbal. En 1996 presentou a súa candidatura a Presidente da República, renunciando a favor do candidato socialista, Jorge Sampaio. É secretario xeral do Partido Comunista Portugués, desde o 27 de novembro de 2004. En 2006 volveu presentarse á presidencia da república, logrando o 8.64% dos votos.