Capitán

grao militar

Co nome de capitán[1][2] denomínase á persoa que está á fronte, encabeza, dirixe, goberna ou representa un grupo. Etimoloxicamente, o termo parece provir do latín capitanus, 'xefe', que derivaría, á súa vez, do tamén termo latino caput, 'cabeza', e este do indoeuropeo kaput, con igual significado. Existe a figura de capitán en contextos diversos e con características bastante diferenciadas.

Sir John Franklin (17861847), capitán inglés e explorador do Ártico.

Nos diferentes corpos militares, un capitán é o maior oficial de rango intermedio. O grao de capitán é inmediatamente inferior ao de maior e inmediatamente superior ao tenente, normalmente están ao mando de compañías militares (70-250 soldados). Nos corpos de Mariña, nalgúns países, o rango equivalente a capitán é o de tenente de navío, mentres que o de capitán de navío é equivalente ao de coronel nos exércitos de terra ou aire.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.