O sétimo selo

filme de 1957 dirixido por Ingmar Bergman

O sétimo selo[1][2] (en sueco: Det sjunde inseglet) é un filme sueco de 1957 escrito e dirixido por Ingmar Bergman.

O sétimo selo
Ficha técnica
Título orixinalDet sjunde inseglet
DirectorIngmar Bergman
ProdutorAllan Ekelund
GuiónIngmar Bergman
MúsicaErik Nordgren
FotografíaGunnar Fischer
MontaxeLennart Wallén
DistribuidoraAB Svensk Filmindustri
Estrea1957
Duración96 minutos
OrixeSuecia Suecia
XéneroDrama, fantasía
Na rede
IMDB: tt0050976 Filmaffinity: 723978 Allocine: 548 Rottentomatoes: m/seventh_seal Mojo: seventhseal Allmovie: v43870 TCM: 89673 Metacritic: movie/the-seventh-seal TV.com: movies/the-seventh-seal Netlix: 70127971Editar o valor em Wikidata

Ambientada na Europa medieval durante a peste negra, relata a viaxe do cabaleiro cruzado Antonius Block (Max von Sydow) e dunha partida de xadrez que este xoga coa propia Morte (Bengt Ekerot), a cal foi a tomar a súa alma. Bergman desenvolveu a trama do filme baseandose nunha peza teatral del titulada Pintura sobre taboa (Trämålning). O título fai referencia a unha pasaxe do libro do Apocalipse ("E cando o Cordeiro rompeu o sétimo selo do rolo, fíxose o silencio no ceo durante unha media hora"), que é utilizado tanto ao comezo coma ao final do filme, a frase "silencio no ceo" fai alusión ao "silencio de Deus", o cal é o tema principal do filme.

Elenco editar

  • Max von SydowAntonius Block, cabaleiro cruzado
  • Bengt Ekerot – A Morte
  • Nils Poppe – Jof, actor
  • Bibi AnderssonMia, actriz
  • Gunnar Björnstrand – Jöns, escudeiro
  • Inga Gill – Lisa, muller do ferreiro
  • Gunnel Lindblom – Muller sen nome
  • Åke Fridell – Ferreiro
  • Maud Hansson – Muller acusada de bruxería
  • Bertil Anderberg – Raval
  • Anders Ek – Monxe condutor dos flaxelantes
  • Erik Strandmark – Jonas Skat
  • Benkt-Åke Benktsson – Home no hostal
  • Inga Landgré – Karin, muller do cabaleiro
  • Gunnar Olsson - Albertus Pictor, pintor de igrexas

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar