Abrir o menú principal

Bibi Andersson

actriz sueca

Bibi Andersson, cuxo nome completo era Berit Elisabeth Andersson nada en Estocolmo o 11 de novembro de 1935 e finada na mesma cidade o 14 de abril de 2019, foi unha actriz e directora sueca de cine, teatro e televisión.[1]

Bibi Andersson (1961).jpg
Bibi Andersson, 1961.
Nome completoBerit Elisabeth Andersson
Nacemento11 de novembro de 1935
LugarEstocolmo
Falecemento14 de abril de 2019
LugarEstocolmo
CausaIctus
NacionalidadeSuecia
Cónxuxe(s)Kjell Grede e Per Ahlmark
ProfesiónActriz (1951-2009)
editar datos en Wikidata ]

Participou en varias películas suecas como Amorodos salvaxes, Persona, Scener ur ett äktenskap ou O sétimo selo, dirixidas polo seu compatriota Ingmar Bergman.

Bibi Anderson faleceu aos 83 anos.

TraxectoriaEditar

 
Bibi Andersson en 1957

En 1951, iniciou a súa carreira cinematográfica co realizador Ingmar Bergman, na produción dunha curta publicitario para un deterxente. O seu primeiro papel cinematográfico interpretouno en 1953 xunto ao actor Nils Poppe na cinta Dumbon.

Realizou estudos de actuación no Terserus teaterskola, para logo, entre 1954 e 1956, estudar no Real Teatro Dramático de Estocolmo (Dramaten), participando posteriormente como actriz no Teatro de Malmö (Malmö stadsteatern), baixo a dirección de Ingmar Bergman até 1959. Simultaneamente, participou nos fílmes Amorodos salvaxes (1956) e O sétimo selo (1957) do mesmo director, filmes que a lanzaron á fama. En 1962, incorporouse por un ano ao elenco do Teatro de Uppsala (Uppsala stadsteatern), regresando ao Real Teatro Dramático de Estocolmo ao ano seguinte. En 1966, actuou na cinta Persona e en Paixón en 1970.

Traballou tamén con outros directores de renome, como John Huston e Robert Altman (Quintet, 1979). A partir da década de 1980, dedicouse á interpretación e á dirección teatral. Apareceu na obra Long Day's Journey into Night (1988) e nos filmes Una estación de paso (1992), Il sogno della farfalla (1994), Drømpsel (1994) e Det blir aldrig som man tökt sig (1999).[2]

NotasEditar

  1. Morre a actriz sueca Bibi Andersson, musa de Ingmar Bergman
  2. Biografías y Vidas. "Bibi Andersson". Consultado o 14 de outubro de 2006.