Persona ou Kvarts é unha serie de satélites espía rusos.[1][2]

Recreación dun satélite Persona comparado cun humano.

Características editar

Os satélites Persona son satélites de recoñecemento electroóptico que usan un sistema óptica fabricado por LOMO denominado 17V321. Lanzáronse tres unidades Persona entre 2008 e 2015, todos mediante foguetes Soiuz 2-1b. O primeiro (denominado tamén Kosmos 2441), lanzado en xullo de 2008, fallou en febreiro de 2009. O segundo (Kosmos 2486), lanzado en xuño de 2013, fallou ao pouco por un problema na memoria do satélite. Foi reactivado en 2014 e actualizado cun software para evitar usar a memoria danada. O terceiro (Kosmos 2506) lanzouse en xuño de 2015 levaba como carga útil adicional un sistema de comunicación por láser.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Persona 1 (Kosmos 2441) 26 de xullo de 2008 Éxito Soiuz 2-1b
Persona 2 (Kosmos 2486) 7 de xuño de 2013 Éxito Soiuz 2-1b
Persona 3 (Kosmos 2506) 23 de xuño de 2015 Éxito Soiuz 2-1b

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "Persona" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Persona (Kvarts, 14F137)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar