Abrir o menú principal

Amorodos salvaxes

filme de 1957 dirixido por Ingmar Bergman

Amorodos salvaxes (en sueco: Smultronstället) é un filme sueco escrito e dirixido por Ingmar Bergman que foi estreado en 1957. Está protagonizado por Victor Sjöström, na súa última aparición na gran pantalla, que interpreta un vello que lembra o seu pasado. Ademais tamén aparecen actores habituais nos filmes de Bergman, como Bibi Andersson, Ingrid Thulin e Gunnar Björnstrand. Max von Sydow tamén aparece interpretando un pequeno papel. Bergman escribiu o guión mentres estaba hospitalizado.[1] O filme explora temas filosóficos como a introspección e a existencia humana, e está considerado unha das mellores obras de Bergman.[2]

Amorodos salvaxes
Smultronstället logo.png
Logo do filme
Ficha técnica
Título orixinalSmultronstället
DirectorIngmar Bergman
ProdutorAllan Ekelund
GuiónIngmar Bergman
IntérpretesVictor Sjöström
Bibi Andersson
Ingrid Thulin
Gunnar Björnstrand
MúsicaErik Nordgren
FotografíaGunnar Fischer
MontaxeOscar Rosander
DistribuidoraAB Svensk Filmindustri
EstreaFlag of Sweden.svg 26 de decembro de 1957
Duración91 minutos
OrixeSuecia Suecia
XéneroDrama

ArgumentoEditar

O profesor de medicina Isak Borg diríxese coa súa nora Marianne de Estocolmo a Lund para recibir o grao de honra da universidade de Lund polos seus 50 anos de carreira. No camiño, rememora os principais momentos da súa vida, temendo a morte que se aproxima. Coñece diversas persoas na estrada, como Sara e os seus compañeiros de viaxe, Viktor e Anders, que se dirixen a Italia, ou unha parella que fai lembrar a Borg a súa propia vida e matrimonio e cos que case teñen un accidente de tráfico.

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. The Ingmar Bergman Foundation (ed.). "Wild Strawberries". Consultado o 15 de abril de 2007. 
  2. Murray, Edward (1978). Ten Film Classics: A Re-viewing. F. Ungar Publishing Co. ISBN 978-0-8044-2650-3. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar