Ingrid Thulin

actriz sueca

Ingrid Thulin, nada en Sollefteå (Ångermanland) o 27 de xaneiro de 1926 e finada en Estocolmo o 7 de xaneiro de 2004, foi unha actriz sueca e unha das preferidas do realizador cinematográfico Ingmar Bergman.

Ingrid Thulin
Nome completoIngrid Lilian Thulin
Nacemento27 de xaneiro de 1926
LugarSollefteå
Falecemento7 de xaneiro de 2004
LugarEstocolmo
Causacancro
NacionalidadeSuecia
Cónxuxe(s)Harry Schein e Claes Sylwander
Profesiónactriz, realizadora, actriz de cinema, directora de cine e guionista
Na rede
http://www.ingridthulin.se/
IMDB: nm0862026 Allocine: 379 Rottentomatoes: celebrity/ingrid_thulin Allmovie: p70885 TCM: 191819 TV.com: people/ingrid-thulin IBDB: 62319
Find a Grave: 8248687 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Ingrid Thulin

Biografía editar

Foi bailarina na súa mocidade, e ingresou no Teatro dramático Real de Estocolmo en 1948. Traballou durante décadas co director Ingmar Bergman, co que desenvolveu o seu peculiar estilo, no que acentuaba unha peculiar intensidade neurótica, en filmes como Amorodos salvaxes (1957), No umbral da vida (1958), pola que sería premiada en Cannes, nese ano, como a mellor actriz do certame, O silencio (1963) ou Gritos e murmurios (1972). Chegaría a ser apreciada como a terceira gran actriz sueca despois de Greta Garbo e Ingrid Bergman.

Estivo casada con Harry Schein, fundador do Instituto Sueco do Filme, máis de 30 anos, ata 1989, aínda que en realidade viviron moitos anos separados antes de divorciarse.

Nos últimos anos viviu en Roma. Volveu a Suecia para tratarse dun cáncer, falecendo en Estocolmo.