Aberdeen F.C.
(Redirección desde «Aberdeen Football Club»)
O Aberdeen Football Club é un club de fútbol escocés da cidade de Aberdeen. Foi fundado en 1903 e compite na Scottish Premier League.
Aberdeen | |||
---|---|---|---|
Nome | Aberdeen Football Club | ||
Alcume(s) | The Dons; The Reds, The Dandies | ||
Fundación | 1903 | ||
Estadio | Pittodrie Stadium, Aberdeen, Escocia | ||
Inauguración | 1899 | ||
Capacidade | 22 199 | ||
Presidente | Dave Cormack | ||
Adestrador | Derek McInnes | ||
Liga | Scottish Premier League | ||
2021/22 | 10º | ||
Na rede | |||
http://www.afc.co.uk/ | |||
| |||
Historia
editarO club actual naceu da unión de 3 equipos da cidade, o Aberdeen, o Victoria United e o Orion. Nunha asemblea pública o 20 de marzo de 1903, á que asistiron máis de 1600 persoas, decidiuse a unión. O 14 de abril dese mesmo ano fíxose oficial a creación de Aberdeen Football Club. Sir Alex Ferguson foi un exitoso adestrador do equipo nos anos 80, guiándoo a conquistar 3 ligas e a Recopa de Europa en 1983.
Datos do club
editar- Primeiro partido: Aberdeen 1 - 1 Stenhousemuir (15 de agosto de 1903)
- Maior goleada conseguida: Aberdeen 13 - 0 Peterhead (Copa de Escocia; 10 de febreiro de 1923)
- Maior goleada encaixada: Celtic 8 - 0 Aberdeen (Celtic Park; 30 de xaneiro de 1965)
- Máximo goleador: Joe Harper, 205 tantos
- Máis partidos disputados: Willie Miller, 556, entre 1973 e 1990.
Palmarés
editar- Scottish League Premier division (4): 1954–55, 1979–80, 1983–84, 1984–85
- Copa de Escocia (7): 1947, 1970, 1982, 1983, 1984, 1986, 1990
- Copa da Liga de Escocia (5): 1955–56, 1976–77, 1985–86, 1989–90, 1995–96
- Recopa de Europa (1): 1982–83
- Supercopa de Europa (1): 1983
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aberdeen F.C. |