Pavel Nedvěd

futbolista checo

Pavel Nedvěd, nado en Cheb o 30 de agosto de 1972, é un ex-futbolista checo, que xogaba como centrocampista. Considerado un dos mellores xogadores da súa xeración e un dos mellores da historia da República Checa, acumulou títulos co Sparta Praga; coa Lazio, coa que gañou a derradeira Recopa de Europa; e coa Juventus, á que liderou ata a final da Liga de Campións 2002/03.

Nedvěd
Pavel Nedvěd.jpg
Información persoal
Nome Pavel Nedvěd
Nacemento 30 de agosto de 1972
Lugar de nacemento Cheb
Altura 1,77 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1977–1985 TJ Skalná
1985–1986 RH Cheb
1986–1990 Škoda Plzeň
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1990–1992 Škoda Plzeň 0 (0)
1990–1992 Dukla Praga 19 (3)
1992–1996 Sparta Praga 97 (23)
1996–2001 Lazio 138 (33)
2001–2009 Juventus 247 (51)
Selección nacional
1996–1993 Checoslovaquia sub-21 7 (0)
1994–2006 Reública Checa 91 (18)
Na rede
http://www.pavelnedved.cz/
IMDB: nm1833348 FIFA: 154903 UEFA: 18811 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Foi unha peza fundamental na selección checa que acadou a final da Eurocopa de 1996, durante a que atraeu a atención internacional. Ademais capitaneou a súa selección na Eurocopa de 2004, onde caeron en semifinais contra a campioa final, Grecia, sendo elixido Nedvěd no equipo ideal do torneo, e contribuíu á clasificación do seu país para o Mundial de 2006, o a primeira clasificación dende a disolución de Checoslovaquia. Debido ás súas actuacións e ás súas rápidas e enérxicas carreiras nos partidos, foi alcumado "Furia ceca" ("Furia checa") polos afeccionados italianos.

En 2003 foi galardoado co Balón de Ouro, sendo o segundo checo en logralo, 41 anos despois de Josef Masopust, e o primeiro dende a disolución de Checoslovaquia. Durante a súa carreira recibiu varios premios individuais máis, entre eles a Bota de Ouro en 2004, o premio ao Futbolista Checo do Ano (catro veces) e o Balón de Ouro da República Checa (seis veces). Tamén foi elixido por Pelé na súa lista FIFA 100 e foi incluído no equipo ideal da UEFA nos anos 2003, 2004 e 2005. Retirouse trala tempada 2008/09 season, despois de 19 anos como profesional, nos que sumou 501 partidos e 110 goles en liga e 91 encontros e 18 goles coa República Checa.

TraxectoriaEditar

Nedvěd saltou á escena internacional cando a selección checa chegou á final da Eurocopa de 1996. Perderon o encontro por 2-1, levando Alemaña o triunfo cun gol de ouro de Oliver Bierhoff. O torneo, porén, deu a coñecer ós grandes futbolistas daquela selección, entre eles o propio Pavel. Así, ese mesmo ano fichou pola Lazio, equipo italiano da Serie A, coa que conseguiría un scudetto, dúas Copas de Italia, dúas Supercopas de Italia, unha Recopa de Europa e unha Supercopa de Europa.

No ano 2001 marchou á Juventus, que pagou por el á Lazio 41,2 millóns de euros. Ao longo dos seguinets anos foi unha peza imprescidible da escuadra turinesa, sendo determinante nos scudettos que conseguiu nos anos 2002, 2003, 2005 e 2006, aínda que os dous últimos fóronlle máis tarde retirados ao club.

Nas competicións europeas, chegaron ata a final da Liga de Campións do 2003, perdendo nos penaltis contra o AC Milan. Pavel non puido disputar este encontro por unha amoestación recibida nas semifinais contra o Real Madrid. Ese ano outorgaríanlle o Balón de Ouro, premio que recibe o mellor xogador europeo do ano segundo o xornal France Football.

Chequia non xogou os mundiais de Francia 1998 e Corea e Xapón 2002, pero si estivo notablemente presente nas Eurocopas de 2000 e 2004. Nesta última caeron en semifinais contra a Grecia grazas a un gol de prata nun saque dende o curruncho. Nedvěd resultou mancado neste encontro e tivo que ser substituído. Esta lesión fixo que decidira o seu retiro da selección, cun total de 73 encontros xogados e 18 goles anotados.

De tódolos xeitos, este retiro non foi definitivo. En novembro do ano 2005 Pavel volveu á selección para xogar a repesca da fase de clasificación para o Mundial de Alemaña de 2006. Enfrontáronse a Noruega, vencendo os dous encontros por 1-0, tanto en Oslo coma en Praga. Así, Chequia participou nun mundial por primeira vez desde a separación de Checoslovaquia. Desgraciadamente, e tras gañar 3-1 ós Estados Unidos de xeito abraiante, as lesións cebáronse co equipo e perderon contra Italia e Ghana, non sendo quen de pasa-la primeira rolda.

Nedvěd retirouse definitivamente pouco despois, nun encontro contra Serbia.

TítulosEditar

Sparta Praga

Lazio

Juventus

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar