Allan Simonsen

futbolista danés

Allan Rodenkam Simonsen, nado o 15 de decembro de 1952, é un exfutbolista e adestrador dinamarqués. Foi galardoado co Balón de Ouro en 1977. Segue a ser o único xogador que anotou cando menos un tanto nunha final da Copa de Europa, da Copa da UEFA e da Recopa.

Infotaula de personaAllan Simonsen

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Vejle, Dinamarca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesSimonet Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
Altura166 cm Editar o valor em Wikidata
Peso55 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1971 Editar o valor em Wikidata -
Nacionalidade deportivaDinamarca Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaFußball-Bundesliga Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1971-1972 Vejle Boldklub (pt) Traducir 42(16)
1972-1979 Borussia Mönchengladbach 178(76)
1979-1982 Futbol Club Barcelona 98(31)
1982-1983 Charlton Athletic Football Club (pt) Traducir 16(9)
1983-1983 Charlton Athletic Football Club (pt) Traducir 16(9)
1983-1989 Vejle Boldklub (pt) Traducir 166(70) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1971-1972   Denmark national under-21 football team (en) Traducir 6(0)
1972-1986   Dinamarca 55(20) Editar o valor em Wikidata
Participou en
1986Mundial de Fútbol México 1986
xuño de 1984Eurocopa de Fútbol Francia 1984
1972Futebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 1972 (pt) Traducir (5º) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0800751 FIFA: 44641 UEFA: 10000 Editar o valor em Wikidata

Internacionalmente, Simonsen disputou 55 encontros, anotando 20 goles. Participou na Eurocopa de Fútbol 1984 e no Mundial de Fútbol México 1986, así coma nos Xogos Olímpicos de 1972.

Club editar

Nado en Vejle, fixo o seu debut profesional co Vejle Boldklub (VB) no ano 1971. Ese mesmo ano e o seguinte conseguiría gaña-lo título de liga. Ademais, en 1972 tamén se fixeron coa Copa Danesa de Fútbol. É aquí cando debuta internacionalmente, chamado polo seleccionador Rudi Strittich para xogar un amigábel contra Islandia no mes de xullo. Simonsen anotou dous tantos do 5-2 co que gañou a selección dinamarquesa.

Ese verán participou co equipo olímpico nos Xogos de 1972, nos que anotou tres goles en seis encontros.

Despois do gran torneo realizado, é fichado polo Borussia Mönchengladbach. En 1975 gañan a Bundesliga e a Copa da UEFA, con dous goles de Simonsen na final. Ao ano seguinte repetirían título de liga e tamén a Copa de Alemaña. En 1977 o Mönchengladbach gaña por terceira vez consecutiva a Bundesliga e chegan ata a final da Copa de Europa. Perderon por 3-1 contra o Liverpool FC. Simonsen anota o gol da honra. Este é o ano no que lle conceden o Balón de Ouro, premio ao mellor xogador europeo do ano. En 1979 e por segunda vez gaña co Mönchengladbach a Copa da UEFA, anotando o gol decisivo na final. A finais desa tempada ficharía polo FC Barcelona.

No Barça fíxose cun posto de titular nada mais chegar ao equipo, e Simonsen seguiu sumando títulos, como a Copa do Rei en 1981 e a Recopa en 1982. Coa chegada de Diego Armando Maradona ó club catalán superábase o número de xogadores estranxeiros permitidos, así que o club viuse na obriga de vender a Simonsen.

Tras xogar uns meses no Charlton Athletic da segunda división inglesa, volveu á súa casa deportiva, o Vejle BK, en 1983 onde remataría a súa carreira.

Selección editar

Allan Simonsen foi un membro indidpensable da selección dinamarquesa baixo o mandato de Sepp Piontek.

Nas clasificatorias para a Eurocopa de 1984 anotou o gol decisivo nun encontro contra a Inglaterra, que rematou 1-0 e permitiu que Dinamarca acudira á fase final do torneo. Ese ano conseguiría un terceiro posto na lista do Balón de Ouro, é dicir o que se acostuma a chamar Balón de Bronce.

Xa no torneo, no primeiro encontro, contra a Francia Simonsen fractura unha perna e pérdese o que resta de competición. Aínda sen el, Dinamarca chegou ás semifinais.

Tamén participou no Mundial de México, en 1986, mais o fixo como reserva, disputando só un encontro.

Retiro editar

Despois do seu retiro fíxose co cargo de adestrador do propio Vejle BK, no que ficou dous anos. Máis tarde converteríase no seleccionador das Illas Feroe e de Luxemburgo

Títulos editar

Nacionais
Europeos