Lionel Scaloni

exfutbolista e adestrador arxentino

Lionel Sebastián Scaloni, nado en Pujato, Santa Fe, o 16 de maio de 1978, é un exfutbolista e adestrador arxentino, que dende 2018 dirixe a selección arxentina. Xogaba como lateral dereito ou centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira como futbolista no Deportivo da Coruña, no que militou durante nove tempadas, disputando 301 partidos oficiais. Gañou co equipo galego unha liga de Primeira División, unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España, e é o xogador con máis partidos da historia do club na Liga de Campións (52).

Modelo:BiografíaLionel Scaloni

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Lionel Sebastián Scaloni Editar o valor en Wikidata
16 de maio de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Pujato, Arxentina Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCalvià Editar o valor en Wikidata
Altura182 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol (2016–), futbolista (1994–2015) Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor en Wikidata - 2015 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaArxentina Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1994–1996   Newell's Old Boys 16(0)
1996–1997 Club Estudiantes de La Plata 37(7)
1997–2006   Deportivo da Coruña 294(18)
2006–2006 cesión West Ham United FC 17(0)
2006–2007   Racing de Santander 32(1)
2007–2013 SS Lazio 65(1)
2008–2009 cesión   RCD Mallorca 34(0)
2013–2015 Atalanta BC 17(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1997–1997   Arxentina sub-20 7(2)
2003–2006   Arxentina 7(0)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016–2017   Sevilla FC (segundo adestrador)
2017–2018   Arxentina (segundo adestrador)
2018–2018   Arxentina sub-20
2018–   Arxentina Editar o valor en Wikidata
Participou en
2022Mundial de Fútbol Qatar 2022
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 183380 Editar o valor en Wikidata

Vestiu tamén as camisetas de Newell's Old Boys (onde iniciou a súa carreira profesional), Estudiantes, West Ham, Racing de Santander, Lazio, Mallorca e Atalanta. Campión do mundo xuvenil en 1997, foi tamén internacional absoluto coa selección arxentina en sete ocasións e disputou con esta o Mundial de 2006 en Alemaña.

Iniciou a súa carreira de adestrador como axudante de Jorge Sampaoli no Sevilla e na selección arxentina, e en 2018 substituíno á fronte do combinado nacional. Axiña levou a cabo unha renovación no equipo, guiándoo ata a consecución de catro títulos consecutivos nun histórico ciclo vitorioso liderado no campo por Leo Messi. En 2021 puxo fin a un período de 28 anos sen títulos para a selección arxentina, proclamándose campión da Copa América ao derrotar na final ao Brasil, e ano seguinte venceu na Finalissima á Italia campioa da Eurocopa. Ese mesmo ano dirixiu á selección na conquista da súa terceira Copa do Mundo, a primeira en 38 anos, ao vencer a Francia na final do Mundial de Qatar, e un ano e medio despois gañou a súa segunda Copa América consecutiva.

Traxectoria

editar

Como futbolista

editar

Orixe e inicios

editar

Naceu en Pujato, na provincia arxentina de Santa Fe, sendo o segundo dos tres fillos de Ángel Scaloni e a súa esposa Eulalia Marzetti.[1][2] Ten ascendencia italiana, pois seus bisavós Enrico Scaloni e Elisa Serani eran dous emigrantes das Marcas, nacidos en Magliano di Tenna e Tolentino respectivamente, que se instalaran en Santa Fe nos primeiros anos do século XX.[3] Comezou a xogar ao fútbol no Sportivo Matienzo, club da súa localidade natal no que tamén xogaba o seu irmán maior, Mauro, e no que tivo como adestrador a seu pai.[4]

Newell's Old Boys

editar

En 1994 seu pai levounos a Newell's Old Boys, club co que debutou na Primeira División da Arxentina. Foi o 30 de abril de 1995, nun partido do torneo Clausura diante de San Lorenzo, no que o novo adestrador, Raúl Donsanti, o colocou como titular con só 17 anos e dúas semanas.[5] Despois dunha mala actuación do equipo no partido, que perdeu 3-0, foi relegado de novo ao banco durante varias xornadas. De regreso á acción, disputou un total de 12 partidos co equipo "leproso" na máxima categoría do fútbol arxentino.[5]

Estudiantes

editar

Deixou Rosario en agosto de 1996, despois dunha liorta de seu pai co adestrador de Newell's, Mario Zanabria, e co presidente Eduardo López.[6] Foi contratado entón por Estudiantes de La Plata, de novo xunto ao seu irmán. No club dirixido polo "Profe" Córdoba, compartiu equipo con Martín Palermo, Pablo Quatrocchi ou Ariel Zapata entre outros,[7] e disputou 37 partidos de Primeira, nos que marcou 7 goles. O seu bo rendemento en La Plata abriulle as portas da selección sub-20, coa que se proclamou campión do mundo en Malaisia, e chamou a atención dos clubs europeos.

Deportivo da Coruña

editar
Anos de éxitos
editar
 
Scaloni coa camiseta do Deportivo da Coruña.

En decembro de 1997 foi traspasado ao Deportivo da Coruña por uns 400 millóns de pesetas, despois de varios meses de negociacións.[8][9] Chegou ao Deportivo xunto ao seu irmán Mauro, que foi destinado ao Fabril. Lionel debutou na Primeira división española o 4 de xaneiro de 1998, nun partido entre o Deportivo e o Sporting de Gijón en Riazor (2–1), o mesmo día que debutaba tamén Abreu. Fíxoo como titular, pero estivo só tres minutos sobre o terreo de xogo ata que a expulsión do porteiro Songo'o obrigouno a saír do campo para que entrase Rufai.[10] Foi titular en case todos os restantes partidos da tempada, na que anotou dous goles, o primeiro deles na vitoria por 0-1 sobre o Racing de Santander no Sardinero.[11]

Perdeu protagonismo no equipo tralas fichaxes de Manuel Pablo e Víctor para a banda dereita e nos seguintes anos alternou a titularidade coa suplencia.[9] Na campaña 1999/00 contribuíu a un histórico título de liga para o equipo galego, o único nas vitrinas do club. Durante esa triunfante tempada disputou 14 partidos de liga, 4 deles como titular. Na tempada 2000/01 participou no debut do club galego na Liga de Campións, diante do Panathinaikos, entrando nos minutos finais como substituto de Víctor.[12] Seis días despois marcou o gol que supuxo a primeira vitoria do Deportivo na competición europea, diante do Hamburgo, superando cun disparo no tempo engadido ao gardameta alemán Hans-Jörg Butt.[13]

O 6 de marzo de 2002 foi titular na final da Copa do Rei contra o Real Madrid, conquistando o título o día no que o club branco cumpría cen anos, no que se deu en chamar o Centenariazo.[14] Disputou 52 dos 62 partidos que o Deportivo xogou na Liga de Campións durante eses anos, ata o punto de converterse no futbolista do club con máis partidos na historia da máxima competición europea. Participou en históricas vitorias como as que o equipo logrou sobre o Manchester United, o Arsenal, o PSG, a Juventus, o Bayern de Múnic ou o Milan, e xogou o partido de volta das semifinais contra o Porto de Mourinho na edición 2003/04, quedando ás portas da final.[15][14]

Cesión ao West Ham e rescisión
editar

A marcha de Javier Irureta e a chegada de Joaquín Caparrós no verán de 2005 supuxo un punto de inflexión para o futbolista, pois perdeu peso nas aliñacións do novo adestrador, a pesar de ter sido elixido como o sucesor de Fran na capitanía do equipo.[16] O seu enfrontamento con Caparrós e a proximidade do Mundial de 2006, fixo que no mercado invernal saíse cedido ao West Ham inglés, buscando os minutos que non tiña na Coruña.[14][17]

Debutou na Premier League o 4 de febreiro de 2006 e disputou 13 dos 14 partidos que restaban de tempada, todos eles como titular. Co equipo londiniense, que adestraba Alan Pardew, rematou a liga na 9ª posición, conseguindo a clasificación para a Copa da UEFA, e acadou a final da FA Cup. Disputou os 90 minutos e a prórroga da final contra o Liverpool de Rafa Benítez, caendo finalmente na quenda de penaltis.[18]

No verán de 2006 regresou ao Deportivo da Coruña, onde atopou de novo a oposición de Caparrós, que o deixou fóra dos seus plans para a vindeira tempada.[19] En setembro rescindiu o seu contrato co club, do mesmo xeito que Diego Tristán, co que tampouco contaba o adestrador.[20] Deixou o Deportivo despois de case nove anos, 301 partidos oficiais e 18 goles, e como un dos maiores ídolos da afección.[21][14] Gañou co equipo coruñés un campionato de liga, unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España.

Racing de Santander

editar
 
Scaloni en 2014, adestrando co Atalanta.

O 13 de setembro de 2006 incorporouse ao Racing de Santander, asinando un contrato por unha tempada. No equipo dirixido por Miguel Ángel Portugal coincidiu con futbolistas como Pinillos, Colsa, Regragui ou os seus excompañeiros no Deportivo Munitis, Rubén Castro e Momo. Titular durante a maior parte de encontros da campaña, contribuíu a acadar o 10º posto final na liga, a mellor clasificación do equipo en máis dunha década.[22]

Primeiros meses
editar

O 30 de xuño de 2007 foi contratado por cinco tempadas pola Lazio, club co que debutou o 14 de agosto na fase previa da Liga de Campións diante do Dinamo de Bucarest. Xogou o seu primeiro partido na Serie A nove días despois, contra o Torino no Stadio Olimpico, substituíndo na primeira parte ao serbio Kolarov.[23] Disputou 19 partidos nos seus primeiros seis meses en Roma, pero non chegou a asentarse nas aliñacións titulares do técnico Delio Rossi, polo que en xaneiro regresou a España, cedido por un ano e medio ao Mallorca de Gregorio Manzano.[24]

Cesión ao Mallorca
editar

Comezou o seu paso polo club balear como titular, pero unha expulsión e unha posterior lesión nunha coxa limitaron a súa participación a só seis partidos no que restaba de tempada. Intervido en Turku polo prestixioso cirurxián finés Sakari Orava,[25] a súa lesión prolongouse durante sete meses e non volveu aos terreos de xogo ata outubro de 2008, cando reapareceu nun encontro ante o Betis.[26] Saíu de inicio na maioría de encontros do resto da campaña, contribuíndo a un noveno posto na liga e a acadar as semifinais da Copa do Rei, competición na que o equipo caeu diante do Barcelona de Guardiola.[27]

Regreso a Roma
editar

No verán de 2008 rematou a a súa cesión e volveu á Lazio, na que permaneceu ata comezos de 2013. Con todo, tivo pouco peso no equipo, co que disputou un total de 67 partidos. Os seus mellores números fíxoos na tempada 2011/12, na que xogou 21 encontros (13 deles como titular) e na que marcou o seu único gol coa camiseta celeste, nunha derrota por 3-1 en liga ante o Parma.[28][29]

Atalanta

editar

O 29 de xaneiro de 2013 foi traspasado á Atalanta, tamén da Serie A italiana.[30] Xogou no equipo lombardo durante dúas tempadas e media, nas que disputou 17 partidos. Tralo remate da campaña 2014/15 desvencellouse do club e colgou as botas, despois de máis de 500 partidos oficiais como futbolista.

Selección nacional

editar
Categorías inferiores
editar

As súas boas actuacións con Estudiantes propiciaron que fose convocado por José Pékerman para participar coa selección sub-20 da Arxentina na Copa do Mundo da categoría en 1997, celebrada en Malaisia. Alí compartiu equipo con xogadores como Leo Franco, Walter Samuel, Cambiasso, Aimar ou Riquelme e disputou tódolos encontros do torneo. Titular nos tres partidos da fase de grupos, anotou un gol no primeiro partido diante de Hungría.[31] Tras derrotar a Inglaterra en oitavos de final, enfrontouse nos cuartos de final á selección favorita, o Brasil, e abriu o marcador conseguindo un dos goles máis destacados da súa carreira, despois de canear a Adaílton, internarse na área e disparar á portería con pouco ángulo.[32] A continuación foi titular nas semifinais e na final, na que os arxentinos conseguiron o título fronte ao Uruguai por 1-2.[33][32]

En maio de 1998 participou coa Arxentina no Torneo Esperanzas de Touloun, gañándolle a final a Francia por 2-0.[34] No ano 2000, xa como xogador do Deportivo da Coruña, disputou no Brasil o Torneo Preolímpico Suramericano coa selección arxentina sub-23 e marcou un gol contra o Uruguai na fase final,[35] pero o seu equipo só puido ser terceiro, quedando fóra dos Xogos Olímpicos de 2000.[36]

Selección absoluta
editar

Vestiu en 7 ocasións a casaca da selección arxentina absoluta, coa que debutou o 30 de abril de 2003 nun partido amigable contra Libia en Trípoli que rematou con vitoria suramericana por 1-3 e no que saltou ao campo na segunda parte como substituto de Saviola.[37] Nos seguintes dous anos disputou dous partidos amigables máis, ante o Xapón e Alemaña e foi titular na vitoria por 1-2 sobre Bolivia na Paz, correspondente á clasificación para a Copa do Mundo. Despois de saír de inicio tamén en agosto de 2005 nun amigable contra Hungría no que debutou Leo Messi,[38] non volveu vestir a camiseta da selección durante máis de nove meses, ata que xogou un amigable diante de Angola en maio de 2006.[39]

Foi convocado por José Pékerman para formar parte do combinado arxentino no Mundial de 2006 en Alemaña.[40] Con Burdisso como titular no lateral dereito, viu dende o banco os tres partidos da fase de grupos, ata que a lesión daquel no terceiro encontro deulle a oportunidade de integrar o once inicial nos oitavos de final contra México.[41] O equipo arxentino logrou a vitoria, no que foi o derradeiro partido do futbolista coa camiseta nacional, pois Coloccini, compañeiro seu no Deportivo, ocupou o lateral dereito na eliminación ante Alemaña, e tralo Mundial Scaloni non volveu ser convocado pola selección.

Como adestrador

editar

Axudante de Sampaoli

editar
 
Scaloni na súa etapa como axudante de Sampaoli, festexando a vitoria sobre Ecuador que os clasificou para o Mundial de 2018.

Asentado en Baleares, trala súa retirada comezou a prepararse para ser adestrador. Realizou o curso de adestradores da RFEF, onde tivo como profesor ao futuro seleccionador español e campión da Eurocopa Luis de la Fuente,[42] e fixo as prácticas como segundo técnico no equipo cadete do Son Caliu de Calvià, localidade na que reside.[43][44] En outubro de 2016 ingresou no equipo técnico do Sevilla, como un dos axudantes do novo adestrador do club, Jorge Sampaoli.[45] Ao remate da tempada 2016/17 da Primeira División, na que o equipo andaluz acabou cuarto, Sampaoli converteuse no novo seleccionador arxentino, e Scaloni acompañouno como analista de rivais, a mesma función que realizaba no Sevilla.[46] Formou parte do equipo técnico da selección arxentina no Mundial de 2018 en Rusia, caendo o seu equipo eliminado nos oitavos de final contra Francia.

Trala destitución de Sampaoli en xullo de 2018, a selección arxentina quedou sen adestrador durante varias semanas, período no que Scaloni colleu xunto a Pablo Aimar as rendas da selección sub-20 para participar no Torneo Internacional de L'Alcúdia.[47][48] O excelente rendemento do equipo no torneo, do que se proclamou campión, propiciou que o 3 de agosto, xa antes do remate do mesmo, Scaloni fose nomeado seleccionador da absoluta de xeito interino, con Aimar como axudante.[49][50]

Selección arxentina

editar
Como interino
editar

Scaloni iniciou unha renovación na selección dende a súa primeira lista de convocados, deixando fóra a xogadores consagrados como Higuaín ou Banega, a favor de futbolistas máis novos.[51][52] Estreouse á fronte do combinado nacional nun partido amigable contra Guatemala no Memorial Coliseum dos Ánxeles, vencendo por 3-0.[53] Tras un segundo partido nos Estados Unidos contra Colombia, o equipo arxentino viaxou en outubro a Arabia Saudita, onde xogou un torneo amigable contra outras tres seleccións. O torneo incluíu a disputa dunha nova edición do Superclásico das Américas ante o Brasil, partido que supuxo a primeira derrota da era Scaloni (1-0).[54]

En novembro do mesmo ano, a Arxentina afrontou un novo torneo amigable, a Copa Adidas, ante México a dobre partido. O equipo albiceleste conseguiu a vitoria en ambos encontros, disputados en Córdoba e Mendoza, nos dous casos por 2-0. Foron os seus últimos partidos como interino, pois un días despois, o 29 de novembro, foi confirmado pola AFA como seleccionador oficial do equipo ata o final da Copa América 2019.[55][56]

Copa América 2019
editar

Despois de tres partidos amigables entre marzo e xuño de 2019, Scaloni aterrou no Brasil para a disputa da Copa América, o seu primeiro gran torneo á fronte da selección. Estreouse cunha derrota por 2-0 contra Colombia e comezou perdendo o segundo encontro ante Paraguai ata que Messi conseguiu empatar e salvar un punto nun mal partido do equipo arxentino.[57] Con todo, conseguiu clasificarse para a fase de eliminatorias ao vencer na última xornada a Qatar por 2-0, con goles de Lautaro Martínez e Agüero.[58]

Nos cuartos de final enfrontouse á selección venezolana, á que derrotou por 2-0, clasificándose así para as semifinais.[59] No Mineirão de Belo Horizonte, o equipo de Scaloni buscou ante a selección anfitrioa, o Brasil de Tite, o pase á final. A pesar do bo xogo do conxunto arxentino e do seu capitán, Leo Messi, os brasileiros foron máis efectivos de cara ao gol e levaron a vitoria por 2-0.[60] A Arxentina quedou finalmente co terceiro posto do torneo, ao vencer a Chile por 2-1.[61] A pesar de non conseguir meter o equipo na final, a AFA confirmou que Scaloni seguiría como seleccionador do equipo tralo torneo.[62]

A vitoria ante Chile marcou o inicio dunha xeira de bos resultados que mantiveron á selección de Scaloni invicta durante os seguintes tres anos e medio.[63] No que quedaba de 2019, a Arxentina disputou seis partidos amigables, conseguindo goleadas ante México (4-0) e Ecuador (6-1), un empate contra Alemaña no Westfalenstadion (2-2) e a primeira vitoria de Scaloni contra o Brasil no Superclásico das Américas, cun solitario gol de Messi.[64]

Campión continental
editar

A pandemia de COVID-19 obrigou ao adiamento da Copa América prevista para 2020, que se acabou disputando en 2021 no Brasil. Os arxentinos comezaron o torneo empatando a un gol ante Chile,[65][66] pero contaron por vitorias os tres restantes partidos da fase de grupos, contra o Uruguai,[67] Paraguai e Bolivia.[68][69] Nos cuartos de final eliminou por 3-0 a Ecuador,[70] mentres que nas semifinais precisou da quenda de penaltis para derrotar a Colombia, tras empatar 1-1 ao remate do tempo regulamentario e da prórroga.[71]

 
Scaloni dirixindo á selección arxentina nun partido ante Colombia en 2022.

O 10 de xullo disputou no Maracanã a final contra o equipo anfitrión, o Brasil, que viña de eliminar nas semifinais ao Perú. A Arxentina comezou dominando e anotou o único gol do partido no minuto 22, por medio de Ángel Di María, que foi elixido mellor xogador da final.[72] Así, o equipo de Scaloni proclamouse campión e o capitán Messi, máximo goleador e mellor xogador do torneo,[73] levantou un título que rompía unha xeira negativa da selección de 28 anos sen títulos, e que supuxo tamén o primeiro título na carreira do adestrador.[72]

Récord de partidos invicto e Finalissima 2022
editar

En setembro de 2021 retomáronse os encontros de clasificación para o Mundial de 2022, e o 16 de novembro, cando aínda restaban cinco xornadas, a selección arxentina conseguiu o pase matemático ao torneo despois dun empate ante o Brasil en San Juan.[74]

O 1 de xuño de 2022 disputouse no estadio de Wembley de Londres a renacida Copa de Campións CONMEBOL–UEFA, que co nome de Finalissima enfrontou a partido único aos últimos campións de Europa e América do Sur.[75] Deste xeito, Scaloni e o seu equipo xogaron contra a Italia dirixida por Roberto Mancini, vencedora da Eurocopa de 2020, á que dominaron de principio a fin, vencendo por 3-0, con goles de Lautaro Martínez, Ángel Di María e Paulo Dybala.[76] Esta vitoria supuxo ademais o 32º partido sen perder da selección de Scaloni, que superou así os 31 de Alfio Basile a comezos da década de 1990, a mellor xeira do equipo arxentino ata entón.[77]

Antes do Mundial disputou catro partidos amigables máis, gañándoos todos sen encaixar ningún gol e marcando 16, 11 deles obra de Messi.[78] Coa goleada por 0-5 sobre os Emiratos Árabes Unidos, a Arxentina de Scaloni acadou os 36 partidos invicta, superando os 35 de España e o Brasil e quedando a un só partido da Italia, que con Mancini no banco mantivérase 37 partidos sen perder entre 2018 e 2021.[79]

Vitoria no Mundial de 2022
editar

O 11 de outubro de 2022, Scaloni fixo pública a súa lista de 26 xogadores para o Mundial de Qatar, tendo como principal ausencia ao lesionado Giovani Lo Celso, e convocando no seu lugar ao xuvenil Enzo Fernández.[80] Xa en Qatar, viuse obrigado a prescindir de Nicolás González e Joaquín Correa por problemas físicos e chamou como substitutos a Thiago Almada e Ángel Correa.[81]

A Arxentina debutou no Mundial o 22 de novembro no Estadio Icónico de Lusail ante Arabia Saudita, selección que os medios de comunicación citaban como unha das máis débiles do torneo.[82][83] Con todo, o equipo árabe deu a sorpresa e con dous goles en cinco minutos conseguiu remontar o gol inicial de Messi, logrando a vitoria e poñendo fin a tres anos e medio sen que os de Scaloni perdesen un encontro.[84] Para a segunda xornada contra México, o adestrador realizou cinco modificacións no once titular, e aínda que o xogo do equipo non foi vistoso, foi suficiente para vencer por 2-0.[85] Xa no último partido da fase de grupos, o equipo arxentino recuperou o seu bo nivel de xogo previo ao Mundial e derrotou sen problemas a Polonia por 2-0, clasificándose como primeira de grupo.[86][87]

Nos oitavos de final a Arxentina derrotou a Australia por 2-1 despois de controlar o partido durante a maior parte dos 90 minutos, ata que na parte final os australianos conseguiron meterse no partido e estiveron a piques de empatar.[88] O seu rival nos cuartos de final foi a selección neerlandesa, coa que os arxentinos manteñen unha histórica rivalidade.[89][90] O equipo suramericano adiantouse no minuto 35 por medio de Nahuel Molina e no minuto 73 Messi fixo o segundo. Con todo, preto do final dous goles de Wout Weghorst obraron o empate e forzaron unha tensa prórroga que rematou sen goles.[91] Na posterior quenda de penaltis os arxentinos eliminaron ao equipo de Van Gaal cun resultado de 3-4, despois de que o "Dibu" Martínez detivese os dous primeiros lanzamentos neerlandeses.[91] Xa en semifinais, os de Scaloni venceron comodamente á Croacia de Zlatko Dalić por 3-0, cun gol de Messi e dous de Lautaro Martínez, clasificándose para unha final da Copa do Mundo oito anos despois.[92]

A final disputouse o 18 de decembro no Estadio Icónico de Lusail e o rival da albiceleste foi a vixente campioa, Francia, que con Didier Deschamps no banco alcanzou a súa segunda final consecutiva. Messi e Di María colocaron o 2-0 para os arxentinos na primeira parte, pero dous goles de Mbappé nos minutos 80 e 81 levaron o partido ata a prórroga. O empate mantívose na primeira parte da prórroga, mentres que na segunda Messi volveu adiantar o equipo suramericano. Con todo, nos minutos finais Mbappè converteu un penalti, completando así o seu triplete persoal e mandando o partido á quenda de penaltis. A Arxentina anotou os seus catro lanzamentos, por medio de Messi, Dybala, Paredes e Montiel, mentres que por parte francesa o tiro de Coman foi detido polo "Dibu" Martínez e o de Tchouaméni acabou fóra.[93]

Deste xeito, Scaloni guiou á selección arxentina ao seu terceiro cetro mundial, título que non gañaba dende había 36 anos. Aos seus 44 anos converteuse no adestrador máis novo en proclamarse campión do mundo dende 1978 e no quinto en total, superado en precocidade só por Suppici, Juan López, Zagallo e o seu compatriota Menotti.[94][95] Uns meses despois do Mundial, a AFA renovou ao corpo técnico da selección ata 2026.[96]

Segunda Copa América

editar

A continuación dirixiu a selección na Copa América 2024, á que o combinado arxentino chegou como o gran favorito.[97] Encadrada nun grupo co Canadá, Chile e o Perú, completou a primeira fase cun pleno de vitorias e sen encaixar ningún gol. Nos oitavos de final precisou da quenda de penaltis para eliminar a Ecuador, mentres que nas semifinais volveu vencer ao Canadá por 2-0. Deste xeito chegou a unha nova final, onde se enfrontou a unha Colombia que, dirixida polo tamén arxentino Néstor Lorenzo e con James Rodríguez como máxima estrela, levaba 28 partidos sen perder.[98] O encontro disputouse no Hard Rock Stadium de Miami Gardens e despois de 90 minutos sen goles, foi necesaria unha prórroga. No minuto 112 do partido, Lautaro Martínez, ao que Scaloni lle dera entrada no minuto 97, recolleu un pase de Giovani Lo Celso e cun disparo co pé dereito superou ao gardameta Camilo Vargas para poñer o 1-0 definitivo.[99]

Co seu triunfo nos Estados Unidos, Scaloni igualou a Alfio Basile como o segundo seleccionador arxentino por número de títulos (4), só por detrás de Guillermo Stábile (7), e converteuse no terceiro adestrador da historia capaz de gañar dúas Copas Américas de xeito consecutivo, fito que só conseguiran anteriormente os propios Stábile e Basile.[100]

Vida persoal

editar

En 2008, mentres militaba no Mallorca, coñeceu á xogadora de voleibol mallorquina Elisa Montero, coa que iniciou unha relación sentimental.[101] En 2012 tiveron o seu primeiro fillo, Ian, e catro anos despois o segundo, Noah. A parella casou en maio de 2018.[102]

Palmarés

editar

Futbolista

editar
Deportivo da Coruña
Arxentina sub-20

Adestrador

editar
Arxentina
Individual
  • Premio The Best FIFA ao Mellor Adestrador do Mundo (1): 2022.
  • Mellor Seleccionador Nacional do Mundo segundo a IFFHS (1): 2022.
  1. Molina, Rodolfo (20 de decembro de 2022). "Así es Lionel Scaloni, el entrenador campeón del Mundo con Argentina en Qatar" (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  2. Falconi, Lolita (7 de xaneiro de 2023). "La nuova scoperta di Santini: «Da Tolentino a Magliano di Tenna, le origini marchigiane dell'allenatore Scaloni»" (en italiano). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  3. Centeno, Alexandres (6 de febreiro de 2001). "Scaloni y Pandiani acreditan su ascendencia italiana". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  4. Levinsky, Sergio (8 de agosto de 2018). "La historia de Lionel Scaloni: el hombre que le teme a los aviones pero derribaba "gigantes" y llevó al título al Sub 20" (en castelán). Consultado o 15 de decembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 Parenti, Javier (16 de novembro de 2018). "Scaloni, aquel volante que debutó en Newell's" (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2022. 
  6. "Lionel Scaloni, el DT que de pibe amargó a Brasil con un golazo en el Mundial Sub 20 de Malasia: "Qué sé yo qué quise hacer"". Clarín (en castelán). 9 de xullo de 2021. Consultado o 18 de decembro de 2022. 
  7. "Lionel Scaloni destacó su paso por Estudiantes" (en castelán). 4 de novembro de 2022. Consultado o 18 de decembro de 2022. 
  8. "«El fútbol ya sólo es dinero»". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de decembro de 1997. p. 62. 
  9. 9,0 9,1 Rodríguez Cudeiro, Juan Luis (11 de xullo de 2021). "Cuando Scaloni fue “uno de los fichajes más complicados” de la historia del Deportivo" (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2022. 
  10. resultados-futbol.com
  11. Ventureira, Rubén (17 de decembro de 2022). "Lio Scaloni, el técnico albiceleste que sueña con entrenar a un Primera Federación". Consultado o 18 de decembro de 2022. 
  12. "Un gol de Naybet da al Dépor su primer punto en la «Champions»". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de setembro de 2000. Consultado o 18 de decembro de 2022. 
  13. "Empieza el día con el Deportivo 2-1 Hamburgo" (en castelán). 6 de abril de 2020. Consultado o 18 de decembro de 2022. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 Monzón, Ismael. "Scaloni: «En el Centenariazo terminamos usando el restaurante que el Madrid había reservado»". Revista Líbero (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2022. 
  15. "La inolvidable remontada al PSG cumple la mayoría de edad" (en castelán). 7 de marzo de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2022. 
  16. Gómez, Pablo (27 de xuño de 2005). "Scaloni, capitán del Dépor en el año del centenario". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de decembro de 2022. 
  17. "El Depor cede a Scaloni al West Ham hasta final de temporada". El Mundo (en castelán). 31 de xaneiro de 2006. Consultado o 18 de decembro de 2022. 
  18. "Liverpool 3-3 West Ham (aet)". BBC (en inglés). 13 de maio de 2006. Consultado o 19 de decembro de 2022. 
  19. "Scaloni: 'Si el técnico no me quiere, me voy, pero con condiciones'". El Mundo (en castelán). 8 de agosto de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2022. 
  20. "El Depor rescinde los contratos de Tristán y Scaloni". El Mundo (en castelán). 4 de setembro de 2006. Consultado o 19 de decembro de 2022. 
  21. Centeno, Alexandre (12 de xullo de 2021). "Lionel Scaloni, el triunfo de la disciplina, el trabajo, la fe y la constancia de uno de Pujato". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2022. 
  22. Torres, Fabián (11 de decembro de 2022). "Miguel Ángel Portugal, el técnico que tuvo a Scaloni y Regragui en el Racing de Santander". Marca (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2022. Consultado o 19 de decembro de 2022. 
  23. "Lazio 2-2 Torino 2007". BDFutbol (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2022. 
  24. "El Mallorca ficha a Scaloni". El Mundo (en castelán). 25 de xaneiro de 2008. Consultado o 20 de decembro de 2022. 
  25. "El drama de Scaloni" (en castelán). 17 de abril de 2008. Consultado o 20 de decembro de 2022. 
  26. Sevillano, Jesús (18 de outubro de 2008). "Arango y Scaloni, altas en el Mallorca; Aduriz será baja ante el Betis". ABC (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2022. 
  27. "Pinto y Messi rescatan al Barça ante el Mallorca en la Copa del Rey (1-1)". 20 minutos (en castelán). 5 de marzo de 2009. Consultado o 20 de decembro de 2022. 
  28. "El Parma frena al Lazio" (en inglés). 31 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2022. Consultado o 20 de decembro de 2022. 
  29. "SCALONI, a Parma primo goal con beffa" (en italiano). 1 de abril de 2012. Consultado o 20 de decembro de 2022. 
  30. "Mercato Lazio, UFFICIALE: Scaloni all'Atalanta" (en italiano). 29 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2019. Consultado o 20 de decembro de 2022. 
  31. "Hungría - Arxentina". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2018. Consultado o 22 de decembro de 2022. 
  32. 32,0 32,1 "“Todavía no sé cómo hice ese gol”: el día que Lionel Scaloni amargó a Brasil en un Mundial". Infobae (en castelán). 8 de xullo de 2021. Consultado o 22 de decembro de 2022. 
  33. "Uruguai 1-2 Arxentina". FIFA (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2022. 
  34. "Scaloni le ganó con Argentina a Francia en el Sub 20 en Toulon en 1998". ESPN (en castelán). 15 de decembro de 2022. Consultado o 22 de decembro de 2022. 
  35. "Argentina v Uruguay, 04 February 2000". 11v11.com (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2022. 
  36. Ciceri, Juan José (17 de xaneiro de 2020). "El “día más triste” de José Pekerman: la historia del fracaso del Dream Team de Riquelme, Aimar, Cambiasso y Saviola, que quedó afuera de los Juegos Olímpicos del 2000". Infobae (en castelán). Consultado o 22 de decembro de 2022. 
  37. "Libya v Argentina, 30 April 2003". 11v11.com (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2022. 
  38. "A 17 años de su debut en la Selección: de la insólita expulsión a la defensa de Scaloni" (en castelán). 18 de agosto de 2022. Consultado o 28 de decembro de 2022. 
  39. "Argentina se luce en la reaparición de Messi". El Mundo (en castelán). 30 de maio de 2006. Consultado o 28 de decembro de 2022. 
  40. "Pékerman da la lista" (en castelán). 15 de maio de 2006. Consultado o 28 de decembro de 2022. 
  41. "Lucho González y Burdisso estarán ante Alemania". As (en castelán). 29 de xuño de 2006. Consultado o 28 de decembro de 2022. 
  42. Piñeiro, Sergio (13 de xullo de 2024). "Luis de la Fuente, un maestro para una generación de técnicos deportivistas". Riazor.org (en castelán). Consultado o 19 de xullo de 2024. 
  43. Pacheco, Jorge (20 de decembro de 2022). "De Menotti y Bilardo al 'sencillo' Scaloni: un club de barrio de Mallorca y una promesa al Deportivo". El Español (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2023. 
  44. "La colonia argentina de Calvià, disgustada con su Selección" (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2023. 
  45. "Lionel Scaloni, nuevo ayudante de Sampaoli en el Sevilla". As (en castelán). 11 de outubro de 2016. Consultado o 2 de xaneiro de 2023. 
  46. Miranda, Carlos (11 de outubro de 2017). "La alegría de Lionel Scaloni por su segundo Mundial". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2023. 
  47. C. Picón, Jorge (18 de xullo de 2018). "Oficial: la lista de convocados por Scaloni para L'Alcudia". As (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2023. 
  48. "El Torneo de L'Alcudia 2018, inicio de la Era Scaloni y semilla de la reconstrucción de la Selección Argentina" (en castelán). 17 de decembro de 2022. Consultado o 2 de xaneiro de 2023. 
  49. "¿Quién es Lionel Scaloni, el técnico interino de la Selección Argentina?". Marca (en castelán). 4 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2023. 
  50. "Argentina premia a la dupla Scaloni-Aimar con el mando de la selección absoluta ‘hasta diciembre’" (en castelán). 3 de agosto de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2023. 
  51. "Los jugadores que Scaloni prescindió del ciclo de Sampaoli". Marca (en castelán). 17 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2023. Consultado o 3 de xaneiro de 2023. 
  52. "Empezó la renovación con la primera lista de Scaloni" (en castelán). 17 de agosto de 2018. Consultado o 3 de xaneiro de 2023. 
  53. "3-0: Sin sus cracks, Argentina derrota a Guatemala en Los Angeles". Mundo Deportivo (en castelán). 8 de setembro de 2018. Consultado o 6 de decembro de 2022. 
  54. "Brasil vence 1-0 a Argentina en deslucido ‘superclásico’ sudamericano amistoso" (en castelán). 16 de outubro de 2018. Consultado o 6 de decembro de 2022. 
  55. "Lionel Scaloni, confirmado en la Selección argentina hasta el final de la Copa América" (en castelán). 29 de novembro de 2018. Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  56. "Scaloni fue confirmado como técnico de la Selección Argentina". ESPN (en castelán). 29 de novembro de 2018. Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  57. Malagón, Manuel (20 de xuño de 2019). "El corazón mantiene con vida a una pobre Argentina". Marca (en castelán). Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  58. "Agüero y Lautaro Martínez meten a Argentina en cuartos de la Copa América". El Español (en castelán). 23 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  59. "Argentina se clasifica para semifinales de la Copa América". El País (en castelán). 29 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  60. "Argentina perdió 2-0 con Brasil y quedó eliminada de la Copa América" (en castelán). 2 de xullo de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  61. "La Selección Argentina derrotó a Chile y consiguió el tercer puesto en la Copa América". Asociación do Fútbol Arxentino (en castelán). 4 de xullo de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  62. "Scaloni confirmado como técnico de Argentina" (en castelán). 30 de xullo de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  63. "Se terminó el invicto para la selección argentina: en qué lugar quedó su récord histórico" (en castelán). 22 de novembr. Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  64. "Un gol de Lionel Messi dio la victoria a Argentina 1-0 ante Brasil en Arabia Saudita" (en castelán). 15 de novembro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  65. Mancera, Diego (15 de xuño de 2021). "Chile frustra a Argentina en el arranque de la Copa América". El País (en castelán). Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  66. "Argentina y Chile se estrenan con empate". Conmebol (en castelán). 15 de xuño de 2021. Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  67. "Argentina derrota a Uruguay con un tanto de Guido Rodríguez" (en castelán). 19 de xuño de 2021. Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  68. "El Papu, con un buen gol, da el triunfo a Argentina sobre Paraguay (1-0)" (en castelán). 22 de xuño de 2021. Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  69. "Argentina goleó 4-1 a Bolivia y avanzó como líder de su grupo a los cuartos de final de la Copa América" (en castelán). 28 de xuño de 2021. Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  70. "Con otra actuación brillante de Messi, Argentina goleó a Ecuador y sacó boleto a las semifinales de la Copa América" (en castelán). 3 de xullo de 2021. Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  71. Mancera, Diego (7 de xullo de 2021). "Argentina liquida a Colombia en los penaltis para jugar la final de la Copa América". El País (en castelán). Consultado o 6 de xaneiro de 2023. 
  72. 72,0 72,1 "La redención de Di María: MVP de la final". Marca (en castelán). 10 de xullo de 2021. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2023. Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  73. "Copa América: Lionel Messi, MVP del torneo tras consagrarse con Argentina" (en castelán). 10 de xullo de 2021. Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  74. "Argentina se clasificó al Mundial de Qatar 2022 con cinco fechas de anticipación" (en castelán). 17 de novembro de 2021. Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  75. "Finalissima 2022, Italy vs Argentina: Brand identity revealed". UEFA (en inglés). 22 de marzo de 2022. Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  76. Irigoyen, Juan I. (1 de xuño de 2022). "Argentina silencia a Italia en La Finalissima". El País (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  77. "Argentina llega a 32 partidos sin perder y supera el récord de la era Basile". As (en castelán). 1 de xuño de 2022. Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  78. "Sigue la racha invicta: Argentina llega a 36 partidos sin perder". As (en castelán). 16 de novembro de 2022. Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  79. González, Fede (16 de novembro de 2022). "Sigue la racha invicta: Argentina llega a 36 partidos sin perder". As (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  80. Morales, Irving (11 de novembro de 2022). "La Selección Argentina reveló sus 26 convocados para el Mundial Qatar 2022" (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  81. "Ángel Correa y Thiago Almada adentro, Joaquín Correa y Nicolás González afuera" (en castelán). 18 de novembro de 2022. Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  82. "Cien historias rumbo a Qatar 2022: Arabia Saudita, entre la rivalidad y la admiración por el modelo de Qatar para crecer en el fútbol". ESPN (en castelán). 11 de outubro de 2022. Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  83. "México, Arabia Saudita y las plantillas más 'débiles' de la Copa del Mundo" (en castelán). 29 de novembro de 2022. Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  84. "Sorpresa mayúscula: Arabia Saudí gana a la Argentina de Messi". La Vanguardia (en castelán). 22 de novembro de 2022. Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  85. Pallàs, Joan Josep (26 de novembro de 2022). "Messi resucita a Argentina con un golazo ante México". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  86. Cué Barberena, Ramiro (30 de novembro de 2022). "Argentina encuentra su fútbol, vence a Polonia y se clasifica primera de grupo" (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  87. "Argentina derrota a Polonia y clasifica a octavos del Mundial". Telesur (en castelán). 30 de novembro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2023. Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  88. "Argentina supera a Australia y jugará los cuartos de final contra Países Bajos (2-1)". ETB (en castelán). 3 de decembro de 2022. Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  89. "Argentina-Países Bajos, un enfrentamiento que define legados". FIFA (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  90. "Países Bajos vs Argentina: una rivalidad clásica y añeja en Mundiales" (en castelán). 9 de decembro de 2022. Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  91. 91,0 91,1 Giraldo, Javier (9 de decembro de 2022). "Argentina sobrevive en los penaltis y alimenta su sueño de campeón" (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  92. Giraldo, Javier (9 de decembro de 2022). "Argentina sobrevive en los penaltis y alimenta su sueño de campeón" (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  93. Planas, Pablo (18 de decembro de 2022). "Así ha sido la tanda de penaltis con el Dibu protagonista una vez más". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  94. De la Rosa, Erick (18 de decembro de 2022). "Lionel Scaloni, segundo entrenador más joven en ganar el Mundial". As (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  95. "Joven y experto: Scaloni hizo historia". FIFA (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2023. 
  96. Maffei, Sergio (27 de febreiro de 2023). "Hay fumata (celeste) y blanca: Scaloni sigue hasta el 2026" (en castelán). Consultado o 21 de xullo de 2024. 
  97. "¿Cuál es la selección favorita para ganar la Copa América?" (en castelán). 19 de xuño de 2024. Consultado o 21 de xullo de 2024. 
  98. "Colombia, histórico: 28 partidos sin perder". As (en castelán). 10 de xullo de 2024. Consultado o 21 de xullo de 2024. 
  99. "Recuperación de Paredes, gran asistencia de Lo Celso y definición de Lautaro Martínez: el gol de Argentina que valió el bicampeonato de América" (en castelán). 15 de xullo de 2024. Consultado o 21 de xullo de 2024. 
  100. "Lionel Scaloni, el creador de un equipo que no para de ganar" (en castelán). 17 de xullo de 2021. Consultado o 21 de xullo de 2021. 
  101. "El entrenador de Argentina Lionel Scaloni, entre lágrimas y con su hijo en brazos, le dedica el Mundial a sus padres" (en castelán). 19 de decembro de 2022. Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  102. "La mallorquina que enamoró a Lionel Scaloni, su historia de amor". RTVE (en castelán). 18 de decembro de 2022. Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar