Pablo Pinillos

futbolista español

Pablo Pinillos Caro, nado en Murillo de Río Leza (A Rioxa) o 9 de xullo de 1974, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa.

Infotaula de personaPablo Pinillos
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1974 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Murillo de Río Leza, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura173 cm Editar o valor em Wikidata
Peso71 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor em Wikidata - 2011 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1995-1996 Club Deportivo Calahorra 35(5)
1996-1997 Pontevedra Club de Fútbol 34(0)
1997-1998 Deportivo da Coruña 7(0)
1997-1999 Deportivo Fabril 65(1)
1999-2000 Club Deportivo Toledo 40(0)
2000-2003 Sociedade Deportiva Compostela 110(2)
2003-2005 Levante UD 65(0)
2005-2011 Racing de Santander 172(3) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Pinillos compaxinou nos seus comezos os seus adestramentos co traballo de albanel, comezando a xogar na tempada 1995–96 no CD Calahorra de Terceira División e a tempada seguinte nas filas do Pontevedra CF de Segunda División B. Na tempada 1997–98 foi contratado polo Deportivo da Coruña, club co que debutou en Primeira División o 11 de xaneiro de 1998, nun partido contra o CD Tenerife que rematou con vitoria para os galegos (1–0). Con todo xogaría a meirande parte dos partidos no filial branquiazul, permanecendo no Deportivo B até 1999.

A tempada 1999–00 xogou no CD Toledo, onde estivo un ano, para recalar posteriormente no SD Compostela, no que permaneceu até 2003. No club santiagués pousou espido xunto cos seus compañeiros para unha revista, para así denunciar que levaban sete meses sen cobrar.

Na tempada 2003–04 foi contratado polo Levante UD, co que conseguiu o ascenso a Primeira esa mesma tempada. Neste club coincidiu con Manuel Preciado, grazas ao cal o adestrador o chamaría na súa segunda tempada como adestrador do Racing de Santander. Por isto, en 2005, foi contratado polo Racing, club onde hoxe é un dos capitáns.[1]

Marcou o seu primeiro en Primeira o 26 de abril de 2009, nun partido que enfrontou ao Athletic Club co Racing e que rematou con derrota (2–1).[2] O seu segundo e de momento derradeiro gol Primeira logrouno o 23 de setembro de 2010, nun partido que enfrontaba ao Racing co Sevilla FC no estadio Ramón Sánchez Pizjuán.

  1. ""Pinillos capitán do Racing"". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2018. Consultado o 06 de setembro de 2009. 
  2. "Pinillos marcó ayer su primer gol como jugador de Primera"

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar