Mauro Scaloni

futbolista arxentino

Mauro José Scaloni, nado en Pujato, Arxentina, o 25 de abril de 1976, é un ex futbolista arxentino que xogaba como centrocampista.

Mauro Scaloni
Información persoal
Nome Mauro José Scaloni
Nacemento 25 de abril de 1976
Lugar de nacemento Pujato
Altura 1,78 m.
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1996–1997 Estudiantes de La Plata B
1997–2006 Fabril 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

A súa carreira discorreu á sombra da do seu irmán máis novo, Lionel Scaloni, formando parte sempre dos mesmos clubs que el, pero xogando nos equipos filiais. Cando Lionel deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Deportivo da Coruña, Mauro fixo o mesmo incorporándose ao Fabril, no que permaneceu durante 9 tempadas sen chegar a xogar ningún partido oficial.

Traxectoria editar

Naceu en Pujato e ten ascendencia italiana, pois un dos seus bisavós, Enrico Scaloni, foi un emigrante da provincia italiana de Ascoli Piceno que se instalara en Santa Fe.[1]

Comezou nas categorías inferiores de Newell's Old Boys, sen chegar a debutar na Primeira División Arxentina.

En 1996 foi fichado por Estudiantes de La Plata, xunto ao seu irmán Lionel, realizando dúas pretempadas co equipo profesional, pero xogando finalmente no filial. Foi neste equipo onde marcou o seu único gol, contra o filial de River Plate.

Permaneceu en Estudiantes até 1997, cando foi traspasado xunto ao seu irmán ao Deportivo da Coruña.[2] Foi asignado ao filial do club, o Fabril, onde permaneceu nove tempadas, aínda que sen chegar a xogar ningún partido oficial. Deixou o Deportivo e o fútbol en 2006, cando seu irmán marchou cedido ao West Ham inglés.[3]

Palmarés editar

Fabril editar

Notas editar

  1. Centeno, Alexandre (6 de febreiro de 2001). "Scaloni y Pandiani acreditan su ascendencia italiana". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  2. "Copia archivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de novembro de 2014. Consultado o 6 de julio de 2012. 
  3. "Construyó una carrera sin jugar un minuto en Primera a la "sombra" de su hermano: la historia de Mauro Scaloni". Infobae (en castelán). 26 de outubro de 2018. Consultado o 22 de marzo de 2021. 

 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar