Jacques Songo'o
Jacques Celestin Songo'o, nado en Sakbayenne o 17 de marzo de 1964, é un exfutbolista camerunés. Xogaba de porteiro e estivo vinculado maiormente ao Deportivo da Coruña.
Jacques Songo'o | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Jacques Celestin Songo'o | ||
Nacemento | 17 de marzo de 1964 (59 anos) | ||
Lugar de nacemento | Sackbayene | ||
Altura | 182 centímetros | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Canon Yaoundé | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1984–1989 | Canon Yaoundé | ||
1989–1993 | Toulon | 22 | (0) |
1992–1993 | → Le Mans (cedido) | 22 | (0) |
1993–1996 | Metz | 101 | (0) |
1996–2001 | Deportivo da Coruña | 150 | (0) |
2001–2003 | Metz | 26 | (0) |
2003–2004 | Deportivo da Coruña | 1 | (0) |
Selección nacional | |||
1984–2002 | Camerún | 46 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria Editar
Jacques comezou a súa carreira futbolística profesional no Canon Yaoundé, club do seu país de onde saíron outros xogadores como Thomas N'Kono e Pierre Wome. No ano 1989 fou contratado polo Toulouse FC francés, onde estivo tres anos. En 1992 foise ao Le Mans, onde só permaneceu unha tempada. Ao ano seguinte foi fichado polo FC Metz. Estivo neste equipo ata 1996, xa que as súas boas actuacións lle catapultaron cara á Liga Española, ao Deportivo da Coruña.
Os cinco anos que estivo Songo'ou no club galego servíronlle para gañar unha Liga, unha Supercopa de España e o Trofeo Zamora, que se acredita ao porteiro menos goleado do ano, na tempada 1996/1997, logo de encaixar 32 goles en 42 partidos xogados.
En 2001, Jacques abandonou o Deportivo para volver ao FC Metz, regresando ao club galego na tempada 2003/2004 para retirarse.
Como curiosidade, na tempada 1999/00, anotou un gol ante o Numancia, que supoñía o empate do Deportivo da Coruña, e foille anulado inxustamente por unha falta contra o porteiro que non cometeu.
Actualmente xoga co Deportivo da Coruña de Veteranos, onde conseguiu gañar a Liga e a Copa Indoor 2008.
Selección nacional Editar
Coa selección do Camerún gañou dúas Copas de África, aínda que sendo suplente de Alioum Boukar.
Palmarés Editar
Club Editar
- Metz
- Copa da Liga francesa: 1995–96
- Deportivo
País Editar
- Copa de África: 1988, 2002