Peter Rufai

futbolista nixeriano

Peter Rufai, nado en Lagos o 24 de agosto de 1963, é un exfutbolista nixeriano. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección nixeriana. É fillo do rei Rufai de Idimu, unha rexión nixeriana nas proximidades de Lagos.

Modelo:BiografíaPeter Rufai
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Lagos, Nixeria Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor en Wikidata - 2000 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaNixeria Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1980–1984 Stationery Stores Football Club
1986–1987 AS Dragons FC de l'Ouémé
1987–1991 KSC Lokeren 6(0)
1991–1993 K.S.K. Beveren
1993–1994 Go Ahead Eagles 12(0)
1994–1997 Sporting Clube Farense 62(0)
1997–1997   Hércules CF 10(0)
1997–1999   Deportivo da Coruña 9(0)
1999–2000 Gil Vicente Futebol Clube 1(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1983–1998   Nixeria 65(1)
Participou en
1998Mundial de Fútbol Francia 1998
1994Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994
1994Copa de África de Nacións de 1994
1988Copa de África de Nacións de 1988 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 57197 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Tras xogar de 1980 a 1984 cos Stationary Stores e en 1985 cos Femo Scorpions (ambos clubs de Nixeria), en 1986 fichou polo equipo beninés Dragons de l'Ouéme. En 1989 fichou polo KSC Lokeren belga e polo KSK Beveren (tamén belga) en 1992, para irse en 1993 aos Go Ahead Eagles holandeses, onde xogou 12 partidos e ao Sporting Farense portugués en 1994.

En xaneiro de 1997 fichou polo Hércules CF, onde se foi alternando con José Miguel Mari e Gaëtan Huard na portería alacantina. No verán de 1997 ficha polo Deportivo da Coruña, onde sempre foi o porteiro suplente, estando á sombra de Jacques Songo'o. Trala súa etapa en Galicia, en 1999 volveu a Portugal no Gil Vicente FC, onde se retirou.

Actualmente vive en España e dirixe unha escola para adestrar a novos porteiros.

Selección nacional

editar

Rufai xogou 65 partidos coa Selección de fútbol de Nixeria e marcou 1 gol ademais de xogar o Mundial de fútbol de 1994 e o Mundial de fútbol de 1998 e gañar a Copa Africana de Nacións de 1994.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar