Jerónimo Figueroa
Jerónimo Figueroa Cabrera, coñecido como Momo, nado nas Palmas de Gran Canaria o 15 de xullo de 1982, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.
(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de xullo de 1982 (42 anos) As Palmas de Gran Canaria, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 177 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2002 - 2019 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 11 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarComezou a xogar ao fútbol como profesional na UD Las Palmas B onde permaneceu unha tempada. Con 21 anos subiu ao primeiro equipo onde logra facerse un oco nos onces iniciais desa tempada sendo o xogador revelación de UD Las Palmas esa tempada.
No seu seguinte ano, é traspasado ao Deportivo da Coruña e tachado pola afección amarela como un mercenario. Pero Momo non ten oportunidades no Dépor e ten que irse cedido ao Albacete Balompié, club que acaba descendendo a Segunda División.
Na tempada 2005–06 quédase na Coruña, pero practicamente non xoga case ningún partido e búscaselle outra cesión á tempada seguinte (2006–07). Esta vez foi a recalar nas filas do Racing de Santander, pero de novo tampouco logra facerse un oco no once.
Na tempada 2007–08 non conta con sitio no persoal do Deportivo, así que é obrigado a irse outra vez cedido. Nesta ocasión ten que volver a Segunda División varias campañas despois, esta vez para xogar no Xerez CD. Pero grazas a esa campaña e a chegada de Esteban Vigo a metade de tempada, Momo volve conseguir un gran nivel, sendo un dos responsables da salvación do equipo.
O Xerez decide compralo ao Deportivo, o cal non ten problema en deixalo marchar. Na tempada 2008–09, Momo faise coa banda esquerda do equipo e consegue estoupar futbolisticamente logrando ser o pichichi do equipo con 17 goles. Ademais, esa tempada foi nomeado como un dos tres mellores centrocampistas de ataque da Liga Adelante, xunto con Alfaro e Arana.[1]
En xuño de 2010, logo do descenso do Xerez a Segunda División, Momo fichou polo Real Betis para a tempada 2010–11. Nesa campaña, na que participou en 18 encontros, o equipo ascendeu como líder a Primeira División. Na campaña 2011–12 xogou tan só 2 partidos.
Na tempada 2012–13 firmou polo UD Las Palmas, participando en 13 encontros e anotando 2 goles no seu retorno ao equipo insular.
Estatísticas
editar- Actualizado a 23 de decembro de 2012
Club | Temporada | Competición | Partidos | Goles | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Las Palmas B | 2001–02 | Terceira División | 26 | 1 | - | - |
2002–03 | Terceira División | – | – | – | – | |
Las Palmas | Segunda División | 4 | 0 | 0 | 0 | |
2003–04 | Segunda División | 36 | 3 | 4 | 0 | |
Albacete | 2004–05 | Primeira División | 26 | 1 | 1 | 0 |
Deportivo da Coruña | 2005–06 | Primeira División | 5 | 0 | 1 | 0 |
Copa Intertoto | 1 | 0 | 0 | 0 | ||
Racing de Santander | 2006–07 | Primeira División | 13 | 0 | 0 | 0 |
Xerez | 2007–08 | Segunda División | 32 | 0 | 5 | 1 |
2008–09 | Segunda División | 40 | 17 | 5 | 0 | |
2009–10 | Primeira División | 26 | 2 | 2 | 0 | |
Betis | 2010–11 | Segunda División | 20 | 0 | 1 | 0 |
2011–12 | Primeira División | 2 | 0 | 1 | 0 | |
Las Palmas | Segunda División | 4 | 1 | 0 | 0 | |
2012–13 | Segunda División | 18 | 3 | 1 | 1 | |
Copa do Rei | 2 | 1 | 1 | 0 |
Notas
editar- ↑ Os mellores da Liga Adelante en LFP.es