Roberto Mancini

futbolista e adestrador italiano

Roberto Mancini, nado en Jesi, Ancona, o 27 de novembro de 1964, é un exfutbolista e adestrador italiano, que xogaba como centrocampista e dianteiro. Dende 2023 dirixe a selección saudita.

Mancini
Información persoal
Nome Roberto Mancini
Nacemento 27 de novembro de 1964
Lugar de nacemento Jesi
Altura 1,79 m.
Posición Centrocampista, dianteiro
Información de club
Club actual Italia
Carreira xuvenil
1977–1981 Bologna
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1981–1982 Bologna 30 (9)
1982–1997 Sampdoria 424 (132)
1997–2000 Lazio 87 (15)
2001 Leicester 4 (0)
Total 545 (156)
Selección nacional
1982–1986 Italia sub-21 26 (9)
1984–1994 Italia 36 (4)
Adestrador
2001–2002 Fiorentina
2002–2004 Lazio
2004–2008 Inter de Milán
2009–2013 Manchester City
2013–2014 Galatasaray
2014–2016 Inter de Milán
2017–2018 Zenit San Petersburgo
2023– Arabia Saudita
Na rede
http://www.robertomancini.com
IMDB: nm3793324 Twitter: robymancio Instagram: mrmancini10 FIFA: 77256 UEFA: 105 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Alcumado il Mancio, está considerado un dos mellores centrocampistas ofensivos da historia do fútbol italiano.[1][2] Debutou na Serie A co Bologna en 1981, con só 16 anos, fichando ao ano seguinte pola Sampdoria, club do que se converteu nun símbolo. Xogou durante 15 tempadas no equipo xenovés, sendo o futbolista con máis partidos disputados da súa historia (566), así como o seu máximo goleador histórico (173 goles). Na tempada 1990/91 participou na conquista do primeiro e único scudetto na historia do club,[3] co que gañou tamén catro Copas Italia, unha Supercopa italiana e unha Recopa de Europa, ademais de disputar a final da Copa de Europa en 1992. Tras deixar a Sampdoria militou durante tres anos na Lazio, coa que gañou un segundo título de liga (o primeiro do club en 26 anos) así como a Recopa de Europa e a Supercopa de Europa (os dous únicos títulos europeos da historia do club). Pechou a súa carreira como futbolista tras unha breve etapa no Leicester City.

Entre 1984 e 1994 formou parte da selección italiana, coa que disputou a Eurocopa de 1988 e acudiu ao Mundial de 1990, no que non chegou a xogar. Coa camisola azzurra sumou 36 partidos e 4 goles.

Gañou seis veces a Copa Italia, rexistro só igualado polo gardameta Gianluigi Buffon. É ademais o xogador con máis partidos disputados na historia do torneo (120).[4]

Despois de retirarse do fútbol, iniciou unha carreira como adestrador que o levou a ser considerado un dos mellores técnicos da súa xeración.[5][6][7] Gañou dende os bancos tres campionatos da Serie A, catro Copas Italia (récord compartido con Massimiliano Allegri e Sven-Göran Eriksson), dúas Supercopas de Italia, unha Premier League, unha FA Cup, unha FA Community Shield, unha Copa de Turquía e a Eurocopa de 2020 á fronte da selección italiana. En 2015 foi incluído no Salón da Fama do Fútbol Italiano.[8]

Traxectoria

editar

Carreira como futbolista

editar

Bologna

editar

Aos trece anos foi recomendado a Marino Perani, naquel momento responsable da canteira do Bologna, que o contratou por 700.000 liras tras unha pequena proba.[9]

Debutou co primeiro equipo aos 16 anos, o 6 de setembro de 1981, nun partido da Copa Italia contra a Reggina, substituíndo ao comezo da segunda metade a Chiorri.[10] Unha semana despois debutou na Serie A, na primeira xornada, nun empate a un gol diante do Cagliari, converténdose así no sexto xogador máis novo da historia en debutar na Serie A. Marcou o seu primeiro gol na máxima categoría en Como o 4 de outubro de 1981, facendo o último gol do partido no empate 2-2 fronte ao Como.[11] Durante a súa primeira tempada na Serie A, disputou os 30 partidos e marcou 9 goles. Con todo, o Bologna non puido evitar o seu primeiro descenso á Serie B.

Sampdoria

editar

No verán de 1982 o presidente da Sampdoria, Paolo Mantovani, pagou ao Bologna 4.000 millóns de liras polos servizos de Mancini,[12] así como os pases de Galdiolo, Roselli, Brondi e Logozzo, que pasaron a ser xogadores do club boloñés. Militou na Sampdoria durante os seguintes 15 anos, ata a tempada 1996/97. Marcou o seu primeiro gol oficial co club na Copa Italia o 1 de setembro de 1982, ante o Brescia.[13]

No club xenovés, Mancini e Gianluca Vialli formaron unha das parellas ofensivas máis prolíficas da historia do fútbol italiano, sendo inmediatamente alcumados os "xemelgos do gol".[12][14] Na tempada 1984/85, despois de derrotar ao Milan na final, Mancini conquistou a súa primeira Copa Italia, que foi tamén o primeiro título na historia do club. Baixo a dirección técnica de Vujadin Boškov, que chegou a Xénova no verán de 1986, gañou de xeito consecutivo dúas Copas de Italia máis nas campañas 1987/88 e 1988/89 e un histórico campionato da Serie A na tempada 1990/91 (o único do club). A estes trofeos súmase unha Supercopa de Italia, gañada en 1991 ante a Roma, grazas a un gol seu no minuto 75. Con Eriksson no banco da Sampdoria chegou a cuarta Copa Italia na 1993/94.

Nas competicións europeas, a Sampdoria de finais dos oitenta e principios dos noventa estivo entre os grandes protagonistas. Despois de ser derrotada na final da Recopa de Europa 1988/89 polo Barcelona, gañou a competición na campaña seguinte, derrotando na final ao Anderlecht por 2-0, os dous tantos anotados por Vialli. Na tempada 1991/92 Mancini capitaneou a Sampdoria ata a súa terceira final europea en catro anos, pero desta vez, na máxima competición continental, a Copa de Europa. O equipo italiano foi derrotado de novo polo Barcelona, grazas a un gol de Koeman no minuto 112 da prórroga.[15]

No verán de 1997 fichou pola Lazio. As chegada de Mancini e outros exfutbolistas da Sampdoria como Verón, Mihajlović e Lombardo, así como a do adestrador Eriksson, coincidiron co inicio dunha época triunfante do equipo romano presidido por Cragnotti a finais da década de 1990.

Mancini debutou ante os afeccionados da Lazio cun gol contra o Napoli no estadio Olímpico o 31 de agosto de 1997. Un mes despois marcou o primeiro dos catro goles que lle fixo á Roma nos derbis romanos. O 29 de novembro de 1998 anotoulle dous goles ao máximo rival da Lazio, un deles co tacón.[16] Tamén de tacón logrou un dos seus goles máis recordados, batendo a Gianluigi Buffon nunha vitoria por 1-3 sobre o Parma en xaneiro de 1999.[17] O 14 de maio de 2000, con 35 anos, xogou o seu último partido coa camisola biancoceleste no Olímpico.[18]

Na súa última campaña en Roma, gañou un histórico campionato de liga, o segundo para as vitrinas do club, que celebraba ese ano o seu centenario. Sumou ese título aos da Recopa de Europa 1998/99, a Supercopa de Europa 1999, ás Copas Italia de 1998 e 2000 e á Supercopa italiana de 1998.

Leicester City e retirada

editar

A pesar de anunciar o 23 de maio de 2000 a súa retirada dos terreos de xogo,[19] e de aceptar o cargo de segundo adestrador da Lazio,[20] en xaneiro de 2001 deu volta atrás e asinou un contrato de seis meses como xogador do Leicester City, da Premier League.[21][22] A súa estancia en Inglaterra durou só un mes, durante o que disputou un total de catro partidos da Premier e un da FA Cup. O 22 de febreiro de 2001 colgou definitivamente as botas, unha vez se lle presentou a oportunidade de adestrar a Fiorentina.[23]

Selección italiana

editar

Debutou coa selección italiana sub-21 de Azeglio Vicini cando aínda contaba 17 anos, o 10 de outubro de 1982, nun empate ante Austria (1-1). Militou na sub-21 durante catro anos, coincidindo con xogadores como Gianluca Vialli, Walter Zenga, Riccardo Ferri, Giuseppe Giannini, Roberto Donadoni, Nicola Berti ou Fernando De Napoli. Con este equipo alcanzou a final da da Eurocopa sub-21 de 1986, disputada en Valladolid, onde os italianos caeron na quenda de penaltis fronte a España.

A primeira convocatoria de Mancini á selección italiana absoluta produciuse da man do seleccionador Enzo Bearzot, quen o chamou por primeira vez en 1984, con 19 anos, con motivo dunha xira amigable por América do Norte. Debutou o 26 de maio en Toronto, na vitoria por 2-0 ante o Canadá, substituíndo a Bruno Giordano no segundo tempo.[24] Con todo, durante esa mesma viaxe, Bearzot expulsouno da selección por motivos disciplinarios e non o volveu convocar mentres el estivo ao mando.[25] Foi o primeiro episodio da problemática relación de Mancini coa azzurra, marcada por unha falta de entusiasmo no terreo de xogo e as friccións con adestradores e medios.[25]

En 1986, cumprida a idade máxima para a selección sub-21 e trala chegada ao banco da absoluta de Vicini, volveu ser convocado para o equipo principal. Na Eurocopa de 1988 marcou o seu primeiro gol como internacional, no partido inaugural en Düsseldorf e contra a selección anfitrioa, Alemaña Occidental.[26][27] A selección italiana acabou caendo en semifinais contra a Unión Soviética.

Trala Eurocopa perdeu a titularidade a favor de Giuseppe Giannini e a relación co seleccionador Vicini acabou por deteriorarse.[25] Con todo, foi convocado para o Mundial de 1990, no que Italia chegou ás semifinais, pero non chegou a debutar no torneo.[25]

Aínda que continuou na selección trala chegada ao banco de Arrigo Sacchi, non se adaptaba especialmente aos esquemas do técnico romañolo,[28] que, aínda que o estimaba e en ocasións o utilizaba como dianteiro centro xunto a Roberto Baggio, considerábao como o suplente do atacante véneto.[29] Durante a clasificación para o Mundial de 1994, marcou os seus últimos 3 goles coa camisola azzurra, pero non foi convocado para a fase final do torneo nos Estados Unidos, elixindo Sacchi no seu lugar a Gianfranco Zola.[30]

 
Mancini durante o seu primero paso polo Inter de Milán, na década de 2000.

O seu paso pola selección, non tan brillante como a súa traxectoria en clubs,[17] chegou á súa fin o 23 de marzo de 1994, cando disputou o último dos seus 36 partidos internacionais, un amigable contra Alemaña no Mercedes-Benz Arena de Stuttgart.

Carreira como adestrador

editar

Trala súa retirada continuou formando parte da Lazio e en xullo do 2000 comezou a súa carreira como adestrador como asistente de Eriksson,[31][17] gañando inmediatamente a Supercopa italiana xunto ao adestrador sueco.

Fiorentina

editar

O 26 de febreiro de 2001, aos 36 anos e tras o seu breve regreso aos campos de fútbol co Leicester, foi contratado pola Fiorentina para substituír o turco Fatih Terim no posto de adestrador.[32] Co equipo 10º en liga e xa clasificado para a final da Coppa Italia, Mancini logrou proclamarse campión do torneo copeiro na dobre final ante o Parma que adestraba Renzo Ulivieri. Foi o seu primeiro título como adestrador, pouco máis de 3 meses despois de iniciar a súa carreira, así como o sexto triunfo do equipo violeta no torneo. Mentres tanto, rematou a liga no noveno posto.

No verán seguinte, o club atravesaba grandes problemas económicos e Mancini tivo que xestionar unha base de xogadores considerablemente debilitada, co obxectivo mínimo para o ano seguinte e dende o punto de vista deportivo, de manterse na Serie A. Comezou a campaña 2001/02 perdendo a Supercopa italiana diante da Roma de Fabio Capello. Debutou como adestrador en Europa na Copa da UEFA, competición na que o seu equipo foi eliminado en oitavos de final. O 11 de xaneiro de 2002, trala 17ª xornada de liga e despois dunha derrota na casa fronte ao Perugia, dimitiu como adestrador do equipo toscano.[33][34][35] Deixou o equipo en postos de descenso, e os seus sucesores no banco tampouco conseguiron endereitar o rumbo do equipo, que acabou descendendo esa mesma tempada e declarándose en bancarrota.

O 1 de xullo de 2002 regresou á Lazio cun contrato por dous anos,[36] obtendo bos resultados, pero o seu traballo viuse afectado por diversas vicisitudes económicas, que culminaron coa dimisión do entón presidente Sergio Cragnotti e coa inclusión do mesmo Mancini no consello de administración da sociedade.[37] Acabou cuarto na liga no seu primeiro ano, alcanzando así a Liga de Campións, e chegou ás semifinais tanto na Copa Italia como na Copa da UEFA, perdendo nesta última por un global de 4-1 ante o Porto de José Mourinho, posterior vencedor do torneo.[38]

Na campaña seguinte (2003/04) a Lazio realizou un gran papel na Copa Italia e despois de eliminar ao Modena, ao Parma e ao Milan, enfrontouse na final á Juventus de Lippi, á que derrotou por un resultado total de 4-2, facéndose así Mancini co seu segundo título de Copa como adestrador. No campionato de liga quedou sexto. O 7 de xullo de 2004 deixou o club capitolino para fichar polo Inter de Milán.[39]

Regreso ao Inter

editar
 
Mancini no banco do Manchester City en 2010.

A súa primeira tempada no banco nerazzurro marcou o regreso do club á senda do triunfo, despois de máis dun lustro sen títulos, ao proclamarse campión da Copa Italia na final contra a Roma.

[40] Na liga rematou no terceiro posto,[41] mentres que na Liga de Campións o equipo chegou aos cuartos de final, sendo eliminado polo Milan de Carlo Ancelotti (sendo esta a segunda vez que se disputaba un derbi de Milán na máxima competición europea). A tempada 2005/06 comezou coa conquista da Supercopa italiana,[42] e pechouse repetindo título de Copa, de novo tras derrotar na final á Roma, á que adestraba Luciano Spalletti. Na Serie A, o Inter volveu quedar terceiro, pero a mediados do verán a FIGC adxudicoulle o título ao club lombardo por mor do Calciopoli, o caso de corrupción deportiva que afectou a varios equipos, entre eles os dous primeiros clasificados da liga, Juventus e Milan.

No campionato de liga 2006/07, o Inter colocouse rapidamente en cabeza e acadou unha xeira de 17 vitorias consecutivas (incluído un triunfo por 4-3 no derbi de Milán). Proclamouse campión de liga a falta de cinco xornadas e rematou cun total de 97 puntos, 22 máis que o segundo clasificado, a Roma.[43] Foi o segundo título interista da tempada, despois da conquista da Supercopa, na que conseguiu remontar na prórroga do partido de volta a derrota inicial por 0-3 diante da Roma.[44] O ciclo vitorioso continuou na campaña 2007/08, na que o club gañou o seu 16º scudetto.[45]

A pesar dos seus éxitos, o 29 de maio de 2008 foi despedido polo presidente Massimo Moratti. No comunicado oficial, a entidade indicou como motivo da destitución as declaracións realizadas polo técnico o 11 de marzo anterior, trala eliminación da Liga de Campións a mans do Liverpool ("Non sei se aínda estarei aquí dentro de dous meses").[46][47] Recibiu un pago de 8 millóns de euros como liquidación.[48][49] O balance da súa primeira experiencia nerazzurra foi de 140 vitorias, 60 empates e 26 derrotas en 226 partidos. O portugués José Mourinho ocupou o seu lugar no banco do equipo milanés.

Manchester City

editar

O 19 de decembro de 2009 asinou co Manchester City por 3,5 millóns de euros por tempada, en substitución do despedido Mark Hughes.[50][51] Pechou a tempada na quinta posición, clasificándose así para a Europa League.

Para a tempada 2010/11 o club reforzouse no mercado de verán coas fichaxes de Mario Balotelli, David Silva e Yaya Touré, así como co regreso de Joe Hart. O 14 de maio de 2011 gañou a FA Cup, derrotando por 1-0 na final de Wembley ao Stoke City cun gol de Yaya Touré. Foi o primeiro título en 35 anos para o club de Manchester, que culminou a tempada cunha terceira posición en liga, clasificándose para a Liga de Campións por primeira vez dende 1968.

 
Mancini, á fronte do Galatasaray en 2013, conversando con Gülselam.

Na tempada 2011/12 Mancini guiou o Manchester City ata o seu terceiro título de liga (o primeiro en 44 anos), ao gañar ao Queens Park Rangers por 3-2 na última xornada. Dous goles de Edin Džeko e Sergio Agüero no tempo de desconto déronlle a volta ao marcador e fixeron que o título acabase nas vitrinas do City cando parecía que iría parar ás do seu máximo rival, o Manchester United.[52] O 12 de agosto gañou o terceiro e último título da súa experiencia inglesa, vencendo ao Chelsea por 3-2 na final da Community Shield disputada no Villa Park de Birmingham.[53]

O 13 de maio de 2013, dous días despois de perder a final da FA Cup ante o Wigan (0-1), e xa sen posibilidades na liga, foi destituído polo club.[54] O seu lugar foi ocupado, durante os dous últimos partidos de liga, polo seu axudante, Brian Kidd.

Galatasaray

editar

O 30 de setembro de 2013 foi contratado polo Galatasaray turco. Substituíndo por segunda vez a Terim e co equipo na novena posición en liga, conseguiu unha inesperada clasificación para os oitavos de final da Liga de Campións, tras unha vitoria por 1-0 na derradeira xornada fronte a Juventus de Antonio Conte en Istambul, cun gol de Wesley Sneijder que ademais deixou fóra ao equipo italiano. Nos oitavos de final enfrontouse a outro dos seus rivais históricos, José Mourinho, agora adestrador do Chelsea. O equipo inglés puxo fin á aventura do Galatasaray no torneo cun contundente 2-0 en Stamford Bridge, tras o empate 1-1 na casa dos turcos. O 6 de maio proclamouse campión da Copa de Turquía, vencendo na final ao Eskişehirspor por 1-0 grazas a outro gol de Sneijder.[55]

Pola súa banda, na liga turca non conseguiu superar ao Fenerbahçe, que se proclamou campión turco, pero logrou manterse por diante do Beşiktaş, conquistando así o subcampionato e a clasificación directa para a Liga de Campións. O 11 de xuño de 2014 abandonou o equipo turco, facendo uso dunha cláusula liberatoria.[56]

Novo regreso ao Inter

editar

O 14 de novembro de 2014 foi reclamado de novo polo Inter para ocupar o lugar de Walter Mazzarri, destituído co equipo na novena posición da liga.[57][58] Iniciou a súa segunda etapa no club cun empate no derbi de Milán,[59] seguido da clasificación para os oitavos de final da Europa League o día en que cumpriu 50 anos.[60] Eliminado polo Napoli nos cuartos de final da Copa Italia, foi a primeira vez que como adestrador do Inter, quedou fóra da final do torneo.[61] O 15 de febreiro de 2015, conseguiu ante o Atalanta a súa centésima vitoria na liga á fronte do club.[62] Acabou caendo nos oitavos de final da Europa League diante do VfL Wolfsburg,[63] e pechou a liga na oitava posición.[64]

Na tempada 2015/16 o equipo de Mancini rematou a primeira volta como líder,[65][66] pero na segunda viuse inmerso nunha crise que, ademais de afastar o equipo da primeira praza,[67] levou o club a reconsiderar a súa posición.[68][69] Tras non entrar na final da Copa Italia,[70] o Inter acabou a liga no cuarto lugar, clasificándose para a Europa League.[71] No verán, Mancini anunciou que quería seguir no banco do equipo, pero as friccións cos novos donos do club convencérono para rescindir o seu contrato en agosto.[72][73]

Zenit San Petersburgo

editar

Despois de pasar unha tempada sen adestrar, asinou co Zenit San Petersburgo o 1 de xuño de 2017.[74] Eliminado nos oitavos de final da Copa de Rusia polo Dinamo San Petersburgo, que gañou 3-2 na prórroga, clasificouse primeiro do seu grupo da Europa League e eliminou en dezaseisavos de final ao Celtic, pero caeu nos oitavos diante do RB Leipzig. Rematou a Liga Premier de Rusia na quinta posición. O 13 de maio de 2018 rescindiu o contrato de común acordo co club ruso.[75]

Selección italiana

editar
 
Mancini dirixindo un encontro do Zenit San Petersburgo en 2017.

O 14 de maio de 2018 Mancini foi nomeado adestrador da selección italiana,[76] poñendo fin ao que varios xornais definiron como un período de "transición" do equipo azzurro, marcado polo inesperado fracaso na clasificación para o Mundial de 2018 e polas tormentosas despedidas do seleccionador Gian Piero Ventura e do presidente da Federación Carlo Tavecchio.[77][78][79] Chamado para revitalizar unha selección nacional en graves dificultades,[80] Mancini iniciou desde o primeiro momento un gran relevo xeracional, excluíndo a moitos dos veteranos do equipo e dando máis protagonismo aos novos talentos do fútbol italiano.[81][82]

O 28 de maio de 2018 debutou no banco de Italia con vitoria, ao vencer a Arabia Saudita nun partido amigable (2-1).[83] A continuación disputou outros dous amigables (unha vitoria ante Francia por 3-1 e un empate a un gol cos Países Baixos),[84][85] antes da súa primeira competición oficial, a primeira edición da Liga das Nacións. Italia, encadrada no grupo 3 da Liga A xunto a Portugal e Polonia, debutou ante esta última cun empate (1-1).[86] A pesar da derrota ante Portugal no seguinte encontro (1-0),[87] Italia sumou unha vitoria na segunda volta ante Polonia (0-1) e finalmente un empate ante os lusos (0-0), resultados que lle serviron para rematar segunda do seu grupo e evitar o descenso á Liga B, aínda que quedou fóra da fase final do torneo.[88][89]

Encadrada no grupo J da fase de clasificación para a Eurocopa de 2020, a Italia de Mancini comezou o seu camiño cara ao torneo cunha vitoria ante Finlandia (2-0).[90] A posterior goleada por 6-0 sobre Liechtenstein colocou ao equipo no liderado,[91] achegándose á clasificación matemática xa en setembro.[92] O 12 de outubro de 2019, coa vitoria na casa ante Grecia (2-0), o equipo transalpino logrou o acceso á Eurocopa a falta de tres xornadas, un resultado nunca acadado na historia da selección italiana.[93] A posterior vitoria ante Liechtenstein (5-0), a novena dunha xeira iniciada coa vitoria nun amigable contra os Estados Unidos (1-0), permitiu a Mancini igualar o récord de vitorias consecutivas rexistrado en 1938 por Vittorio Pozzo,[94] récord superado pouco despois cos triunfos sobre Bosnia e Hercegovina (0-3)[95] e sobre Armenia (9-1). Este último partido supuxo a maior goleada nun partido de clasificación para a Eurocopa da historia da selección italiana.[96][97]

Vitoria na Eurocopa (2020-2021)
editar
 
Mancini dirixindo a selección italiana en 2021.

Trala irrupción da pandemia de COVID-19, a Eurocopa 2020 adiouse un ano.[98] Antes da disputa do torneo, o equipo italiano participou na edición 2020/21 da Liga das Nacións da UEFA, onde quedou encadrado nun grupo con Polonia, Bosnia e Hercegovina e os Países Baixos. A primeira fase do torneo, na que tamén pasou polo banco italiano Alberico Evani, por mor do positivo en COVID-19 do propio Mancini,[99][100] culminou coa consecución do primeiro posto do grupo, clasificándose así o equipo azzurro para a fase final.[101] Mentres tanto, a finais de marzo de 2021, Italia xogou os seus tres primeiros partidos de clasificación para o Mundial de 2022, contra Irlanda do Norte, Bulgaria e Lituania, gañando os tres por 2-0.[102]

O 17 de maio de 2021 asinou unha renovación de cinco anos coa selección nacional, ata 2026. En xuño comandou o equipo italiano na Eurocopa de 2020, superando a fase de grupos como líder invicto e coa portería a cero, un fito nunca acadado antes por ningunha outra selección. O 26 de xuño de 2021, coa vitoria sobre Austria nos oitavos de final (2-1 na prórroga), Mancini bateu o récord de 30 partidos invicto da selección italiana, que estaba en posesión de Vittorio Pozzo dende os anos 1935-1939, así como o de maior número de vitorias consecutivas (que era ata entón de 11, logradas polo propio Mancini entre 2018 e 2019). Ademais superou a marca mundial de 1143 minutos sen encaixar gol, que tiña a propia selección italiana da década de 1970, con Dino Zoff na portería, deixando o novo récord en 1168 minutos.[103][104] O 2 de xullo, a vitoria nos cuartos de final ante Bélxica (1-2) deulle a Mancini o récord absoluto de vitorias consecutivas na Eurocopa (15 incluíndo os partidos da fase de clasificación) e supuxo tamén superar o récord mundial de 31 partidos invicto dos seleccionadores Alfio Basile e Javier Clemente.[105][106] Nas semifinais, Italia conseguiu derrotar á España de Luis Enrique na quenda de penaltis despois de empatar a un gol, e certificou así o pase á final da Eurocopa por cuarta vez na historia da selección italiana.[107] O 11 de xullo, o equipo proclamouse campión de Europa 53 anos despois do seu único título, tras derrotar por 3-2 na prórroga a Inglaterra de Gareth Southgate.[108]

Fracaso na clasificación para o Mundial (2021-2022)
editar

O 8 de setembro de 2021, tralos empates diante de Bulgaria e Suíza e a goleada por 5-0 sobre Lituania, Mancini ampliou a cifra de encontros consecutivos sen perder de Italia ata 37 (30 vitorias e 7 empates), superando os rexistros históricos do Brasil e España (35).[109] A xeira de partidos invicto rematou o 6 de outubro de 2021, cando Italia perdeu por 1-2 en Milán ante España nas semifinais da Liga das Nacións da UEFA.[110] Catro días despois, gañou a Bélxica no partido polo terceiro posto.[111]

Nos dous últimos partidos de clasificación para o Mundial de 2022, Italia obtivo dous inesperados empates ante Suíza e Irlanda do Norte, perdendo a primeira praza a favor dos suízos e quedando sen opcións de clasificación directa.[112] Accedeu no canto diso aos play-off, caendo nas semifinais diante de Macedonia do Norte por 0-1, cun gol no tempo de desconto, e quedando así por segunda vez consecutiva fóra do Mundial.[113]

En xuño de 2022 disputou a fase de grupos da Liga das Nacións, na que tivo un inicio dubidativo, cunha soa vitoria nos catro primeiros partidos, que incluíron unha derrota por 5-2 ante Alemaña. Con todo, o equipo de Mancini conseguiu gañar os dous últimos encontros, ante Inglaterra e Hungría, obtendo o primeiro posto do grupo.[114] Na fase final do torneo, disputada en 2023, foi eliminado nas semifinais, ao caer por 2-1 contra España. En agosto anunciou a súa dimisión, despois de cinco anos no cargo.[115]

Arabia Saudita

editar

O 27 de agosto de 2023 foi anunciado como novo seleccionador de Arabia Saudita, coa que asinou un contrato cun salario de 25 millóns de euros anuais.[116]

Características técnicas

editar

Como xogador

editar

Destacado na creación de xogo,[117][118] era capaz de ocupar tanto a posición de centrocampista ofensivo como a de segundo dianteiro. Prefería dar asistencias que rematar el mesmo a portería,[119][120] pero tamén era hábil como goleador,[16][119] ata o punto de ser utilizado, en ocasións, como dianteiro centro.[29] Segundo o seu antigo adestrador Renzo Ulivieri, Mancini podería ter sido o herdeiro de Roberto Boninsegna se xogase constantemente como primeiro dianteiro.[119] Xogador carismático e cun carácter animado,[1][121][122] é considerado un dos maiores especialistas en caneos da súa época.[123] As súas notables habilidades técnicas permitíanlle dar un cambio repentino aos partidos,[2] a pesar de que o seu rendemento era inconsistente.[124]

Como adestrador

editar

Unha vez iniciada a súa carreira como adestrador, ao principio mostrou afinidade coa filosofía futbolística do seu mentor Vujadin Boškov, impulsando a innovación e preferindo un fútbol baseado "máis no xogo que nos resultados", apostando moitas veces por xogadores de talento en vez de xogadores con máis fondo físico.[125] Isto traduciuse en equipos que non eran capaces de canalizar a gran cantidade de xogo producida, de modo que pronto o adestrador aceptou a idea do "dominio físico dos partidos" construíndo "un encoro musculoso no medio do campo", unha solución que tomou prestada doutro dos seus mestres, Sven-Göran Eriksson.[125]

O estilo de dirección de Pep Guardiola (supremacía da técnica, busca da identidade táctica e valor da planificación a longo prazo) tamén influíu na proposta futbolística de Mancini que ata entón tiña fama de "adestrador pragmático", pouco espectacular e "caro" polos enormes investimentos que esixía dos seus clubs no mercado de fichaxes.[125] Entre as tácticas máis empregadas pola selección italiana dirixida por el está un reaxuste do chamado "falso nove" concibido polo propio Guardiola,[126] con preferencia polo uso de dianteiros externos mesmo en posición central co obxectivo de crear grandes espazos máis facilmente atacables, intentando ao mesmo tempo non dar puntos de referencia á defensa contraria.[127]

Vida persoal

editar

Casou con Federica Morelli, coa que tivo tres fillos: Filippo (nacido en Xénova o 13 de outubro de 1990), Andrea (nacido na mesma cidade o 13 de agosto de 1992) e Camilla (nada en Roma o 6 de febreiro de 1997). O 26 de xuño de 2015 anunciou que iniciara os trámites para se divorciar da súa muller.[128] O seu fillo Filippo xogou nas categorías inferiores do Inter de Milán, do Entella e do Manchester City (adestrado polo seu pai naquel entón) sen ter chegado ao primeiro equipo. Andrea tamén xogou nos equipos xuvenís do Inter e do City e, tras xogar en ligas menores, rematou a súa carreira en 2017 co New York Cosmos.[129]

En maio de 2021 publicou La bella stagione, un libro escrito xunto con Gianluca Vialli no que relatan a conquista da liga coa Sampdoria en 1991.[130] O 23 de xullo do mesmo ano a Universidade de Urbino "Carlo Bo" concedeulle o título de doutor honoris causa en Ciencias do Deporte.[131]

Palmarés

editar

Xogador

editar
Sampdoria
Lazio

Adestrador

editar
Fiorentina
Lazio
Inter de Milán
Manchester City
Galatasaray
Selección italiana
  1. 1,0 1,1 Zanaria, Massimo. "Biografia di Roberto Mancini". cinquantamila.it (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Rivera vota Totti: "Meglio di Baggio e Del Piero. E' il più grande degli ultimi 30 anni"". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 18 de febreiro de 2013. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  3. Del Bianco, Giovanni (12 de agosto de 2016). "Sampdoria, un giocatore per ogni decennio" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  4. "Gironi, gare e regolamento della 54ª edizione". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 12 de agosto de 2001. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  5. "L’Italia vince Euro 2020: come Roberto Mancini ha dato il via a una rinascita fondendo le idee degli allenatori italiani" (en italiano). 12 de xullo de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  6. "Italia campione d'Europa, Mazzola: "Mancini come allenatore è ancora più grande"" (en italiano). 12 de xullo de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  7. Fonsato, Stefano (8 de outubro de 2020). "Con 50 punti in 22 partite Mancini diventa il miglior ct dell'Italia". Eurosport. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  8. "Hall of fame, 10 new entry: con Vialli e Mancini anche Facchetti e Ronaldo". La Gazzetta dello Sport (en inglés). 27 de outubro de 2015. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  9. "Roberto Mancini-story: dalla A all'esordio ufficiale sulla panchina dell'Italia, tutte le tappe della carriera del CT" (en italiano). 7 de setembro de 2018. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  10. Almanacco illustrato del calcio '83 (en italiano). Módena: Panini. 1982. p. 276. 
  11. Almanacco illustrato del calcio '83 (en italiano). Módena: Panini. 1982. p. 132. 
  12. 12,0 12,1 "Roberto Mancini. Da Bologna al Real" (en italiano). 30 de outubro de 2009. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  13. Almanacco illustrato del calcio '84 (en italiano). Módena: Panini, . 1983. p. 273. 
  14. "Una marcatura per due, dai gemelli della Samp è nato un gol siamese, in". Corriere della Sera (en italiano). 20 de marzo de 1992. 
  15. Solé, Sergio (20 de maio de 2022). "71 segundos de alta tensión hasta el gol mágico de Koeman". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  16. 16,0 16,1 Bocchio & Tosco 2000, p. 107.
  17. 17,0 17,1 17,2 Monti 2002, p. 752.
  18. "L'addio del Mancio" (en italiano). 14 de maio de 2000. originale il ). Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  19. "Allenatore della Lazio?" (en italiano). 23 de maio de 2000. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  20. "Mancio vice-Eriksson" (en italiano). 29 de maio de 2000. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  21. "Mancini al Leicester" (en italiano). 18 de xaneiro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2009. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  22. Winter, Henry (18 de xaneiro de 2001). "Mancini's move to Leicester will benefit England" (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  23. "Mancini's Foxes fate in balance". BBC (en inglés). 22 de febreiro de 2001. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  24. Bernardi, Bruno (27 de maio de 1984). "Azzurri, che fatica per battere i canadesi". La Stampa (en italiano). p. 24. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  25. 25,0 25,1 25,2 25,3 Bordi, Roberto (15 de maio de 2018). "I peccati di gioventù di Roberto Mancini con la maglia azzurra" (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  26. Bocca, Fabrizio (11 de xuño de 1988). "Mancini polemico: "Questo gol una liberazione"". la Repubblica (en italiano). p. 25. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  27. Perucca, Bruno (11 de xuño de 1988). "Italia e Germania, tregua armata". La Stampa (en italiano). p. 19. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  28. Granello, Licia (18 de xuño de 1991). "Lentini, l'ultimo acquisto". la Repubblica (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  29. 29,0 29,1 Padovan, Giancarlo (30 de abril de 1993). "Baggio-Mancini, riecco la strana coppia". Corriere della Sera (en italiano). p. 43. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  30. "Mancini e la nazionale: "Chi ha parlato di rinuncia?"". la Repubblica (en italiano). 16 de abril de 1994. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  31. "Il nuovo Mancini" (en italiano). 18 de xullo de 2000. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  32. "Ufficiale, Mancini è il nuovo ct." (en italiano). 26 de febreiro de 2001. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  33. "Il lungo calvario della Fiorentina". la Repubblica (en italiano). 1 de agosto de 2002. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  34. "Telenovela Fiorentina. Mancini si dimette". la Repubblica (en italiano). 11 de xaneiro de 2002. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  35. "Mancini minacciato lascia la panchina". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 12 de xaneiro de 2002. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  36. Cardone, Giulio (1 de maio de 2002). "Addio Zac, sì di Mancini a Cragnotti". la Repubblica (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  37. "Mancini e Baraldi nel Cda Lazio" (en italiano). 3 de maio de 2004. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  38. "Classic matches: FC Porto 4-1 Lazio (10/04/2003)" (en inglés). 8 de abril de 2015. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  39. "Facchetti: "Mancini è dell'Inter" Lazio, torna l'incubo del fallimento". la Repubblica. 15 de xuño de 2004. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  40. "L'Inter vince la coppa Italia". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 6 de xuño de 2005. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  41. "Inter e Reggina non si fanno male E Mazzarri festeggia la salvezza". la Repubblica (en italiano). 29 de maio de 2005. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  42. "Colpo grosso in casa Juve Adriano-Veron, è Supercoppa". la Repubblica (en italiano). 20 de agosto de 2005. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  43. "Un'altra Inter dei record 18 anni dopo il Trap". Corriere della Sera (en italiano). 22 de abril de 2007. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  44. "Supercoppa all'Inter, che rimonta Roma a due facce, ha meno ricambi". la Repubblica (en italiano). 26 de agosto de 2006. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  45. "L'Inter esulta sotto la pioggia Ibra mette la firma sullo scudetto". la Repubblica (en italiano). 18 de maio de 2008. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  46. Morici, Antonino (11 de marzo de 2008). "Mancini: "Inter, me ne vado"". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  47. "Moratti: "Sfogo sbagliato". Mancini: "Non lo rifarei"". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 13 de marzo de 2008. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  48. "Mancini: "Io all'Inter? Sarei obbligato dal contratto..."". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 20 de marzo de 2009. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  49. "Mancini rompe il contratto con l'Inter:" (en italiano). 30 de outubro de 2009. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  50. "Mark Hughes sacked: Official Manchester City statement". Daily Mirror (en inglés). 19 de decembro de 2009. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  51. Parlongo, Ivan (19 de decembro de 2009). "Roberto Mancini nuovo tecnico del Manchester City. La Premier League sempre più italiana" (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  52. Cantalupi, Stefano (13 de maio de 2012). "Pazzesco Manchester City. Campione con un gol al 94'!". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  53. "El City se lleva la Community Shield". UEFA (en inglés). 12 de agosto de 2012. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  54. "Mancini, destituido como entrenador del Manchester City". La Vanguardia (en castelán). 13 de maio de 2013. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  55. "Turchia, Galatasaray: Sneijder regala la Coppa a Mancini". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 7 de maio de 2014. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  56. "Mancini-Galatasaray, è finita: il tecnico italiano saluta la Turchia dopo 8 mesi". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 11 de xuño de 2014. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  57. "Inter, Mancini è un affare da 21 milioni. E in bilancio resta anche Mazzarri". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 14 de novembro de 2014. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  58. Sorrentino, Andrea (14 de novembro de 2014). "Inter, Mancini-Moratti un incontro tra vecchi amici". la Repubblica (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  59. Clari, Valerio (23 de novembro de 2014). "Milan-Inter 1-1, gol di Menez e Obi, Mancini parte con un pareggio". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  60. "Europa League: Inter-Dnipro 2-1, nerazzurri ai sedicesimi e primi nel girone" (en italiano). 27 de novembro de 2014. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  61. "Higuain beffa l'Inter Napoli in semifinale" (en italiano). 4 de febreiro de 2015. Consultado o 30 de setembro de 2022. 
  62. Sorrentino, Andrea (16 de febreiro de 2015). "Guarin trascina l'Inter, sfatato il tabù Atalanta". la Repubblica (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  63. Sorrentino, Andrea (19 de marzo de 2015). "Mancini carica l'Inter "Impresa possibile"". la Repubblica (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  64. Scacchi, Stefano (1 de xuño de 2015). "Inter, vittoria con sofferenza ma Icardi raggiunge Toni". la Repubblica (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  65. "Doppio Jovetic Inter batte il Carpi con tanti brividi". la Repubblica (en italiano). 31 de agosto de 2015. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  66. Crosetti, Maurizio (13 de decembro de 2015). "Dilaga l'Inter d'acciaio il risveglio di Icardi lancia la fuga a suon di gol" (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  67. "Inter, ora è allarme rosso. 5 punti in 5 gare, beffe finali "italiane", 11° attacco". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 24 de xaneiro de 2016. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  68. "Inter e Mancini: qualcosa è cambiato". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 9 de febreiro de 2016. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  69. Sorrentino, Andrea (16 de febreiro de 2016). "Inter, crisi di nervi e gioco Mancini sempre più solo naufraga il progetto Thohir". la Repubblica (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  70. Sorrentino, Andrea (3 de marzo de 2016). "Inter, bellissima e amarissima la rimonta impossibile riesce ma ai rigori la Juve è perfetta". la Repubblica (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  71. Sorrentino, Andrea (15 de maio de 2016). "Festa Sassuolo, l'Inter chiude nel modo peggiore". la Repubblica (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  72. "Inter, Mancini: due anni di flop, senza Champions, senza gioco e senza titoli". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 7 de agosto de 2016. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  73. "Roberto Mancini e Inter: risoluzione del contratto e addio (con buonuscita da 3 milioni). Al suo posto De Boer" (en italiano). 8 de agosto de 2016. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  74. "Ufficiale, Mancini nuovo allenatore dello Zenit San Pietroburgo". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 1 de xuño de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  75. "Zenit and Roberto Mancini agree to an early end to the manager's contract" (en inglés). 13 de maio de 2018. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  76. "Roberto Mancini è il nuovo commissario tecnico della Nazionale". Federación Italiana de Fútbol (en italiano). 14 de maio de 2018. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  77. "Tavecchio risponde a Ventura: Da lui solo falsità, non ha mai dato le dimissioni". la Repubblica (en italiano). 28 de maio de 2018. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  78. "Fallimento Italia, esonerato Ventura. Tavecchio non molla e Tommasi abbandona il vertice in Figc" (en italiano). 15 de novembro de 2017. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  79. Pacchioni, Paolo (13 de novembro de 2020). "Tre anni fa il fallimento mondiale dell’Italia di Ventura; Mancini ha rilanciato la Nazionale e ora punta alla Nations League" (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  80. "La ricostruzione di Mancini e Bernardini" (en italiano). 11 de setembro de 2018. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  81. "Mancini e la scoperta Zaniolo: «Mi dicevano che ero matto a convocare sconosciuti»" (en italiano). 20 de xaneiro de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  82. "Nazionale, i convocati di Mancini: Balotelli c'è, fuori De Rossi, 5 novità". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 19 de maio de 2018. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  83. "Italia-Arabia Saudita 2-1: Balotelli e Belotti gol, Mancini debutta col sorriso". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 28 de maio de 2018. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  84. "Le pagelle di Francia-Italia 3-1: si salvano Chiesa e Bonucci, male Berardi" (en italiano). 1 de xuño de 2018. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  85. "Italia-Olanda 1-1: gol di Zaza, poi rosso a Criscito e pari di Aké". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 4 de xuño de 2018. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  86. "Nations League: Italia-Polonia 1-1" (en italiano). 7 de setembro de 2018. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  87. "Nations, Portogallo-Italia 1-0" (en italiano). 10 de setembro de 2018. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  88. Ghislandi, Andrea (14 de outubro de 2018). "Nations League: Polonia-Italia 0-1" (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  89. "Nations League, Italia-Portogallo 0-0. Agli azzurri manca solo il gol, sfumano le Final Four" (en italiano). 17 de novembro de 2018. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  90. "Italia-Finlandia 2-0: gol di Barella e Kean". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 23 de marzo de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  91. Currò, Enrico (27 de marzo de 2019). "Quagliarella e il nipotino Kean per l'Italia il gol è senza età". la Repubblica (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  92. Ghislandi, Andrea (8 de setembro de 2019). "Qualificazioni: Finlandia-Italia 1-2, Azzurri vicinissimi a Euro 2020" (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  93. "Italia-Grecia 2-0, gol di Jorginho e Bernardeschi. Azzurri qualificati a Euro2020" (en italiano). 12 de outubro de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  94. Currò, Enrico (16 de outubro de 2019). "Nove vittorie su nove Mancini fa i record anche con l'Italia B". la Repubblica (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  95. "Bosnia-Italia 0-3, gol di Acerbi, Insigne e Belotti. Mancini-record: 10 vittorie di fila" (en italiano). 15 de novembro de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  96. "Italia, la vittoria sull'Armenia vale 9 record storici" (en italiano). 18 de novembro de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  97. "Euro 2020: Italia vittoria record, 9-1 con Armenia" (en italiano). 19 de novembro de 2019. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  98. "La UEFA posticipa EURO 2020 di 12 mesi". UEFA. 17 de marzo de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  99. "Evani: "Io in panchina? Non lo avrei mai immaginato. Mancini è come se fosse qui"". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 10 de novembro de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  100. "Roberto Mancini è guarito dal coronavirus: "Sono negativo"". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 20 de novembro de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  101. "L’Italia fa festa a Sarajevo. Gli Azzurri battono anche la Bosnia e volano alla Final Four di Nations League". Federación Italiana de Fútbol (en italiano). 18 de novembro de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  102. "Lituania-Italia 0-2: Sensi e Immobile gol, Mancini a punteggio pieno" (en italiano). 21 de marzo de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  103. "Sì Italia, siamo ai quarti! Chiesa e Pessina entrano e fanno fuori l'Austria". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 26 de xuño de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  104. "Italia, la Nazionale di Mancini batte il record di imbattibilità" (en italiano). 26 de xuño de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  105. "Record di vittorie consecutive a EURO per l'Italia". UEFA (en italiano). 11 de xullo de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  106. "Italia-Austria, Mancini e quel "risarcimento" di Wembley: «È presto, mancano ancora tre partite...»" (en italiano). 26 de xuño de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  107. "FINALE Italia-Spagna 5-3 dopo i rigori: Jorginho ci porta in finale". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 6 de xullo de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  108. "Italia campione d'Europa, batte l'Inghilterra ai rigori 4-3. Eroe Donnarumma. La cronaca" (en italiano). 11 de xullo de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  109. "Italy's world record 37-game unbeaten run ends". UEFA (en inglés). 7 de outubro de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  110. "L’Italia si ferma dopo 37 partite senza sconfitte, Ferran Torres regala alla Spagna la finale di Nations League". Federación Italiana de Fútbol (en italiano). 6 de outubro de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  111. "Il golazo di Barella, poi Berardi dal dischetto: il film di Italia-Belgio". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 10 de outubro de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  112. "Playoff Mondiali: avversarie dell'Italia, date e formula" (en italiano). 26 de novembro de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  113. "Italia-Macedonia 0-1: azzurri fuori dai Mondiali per la seconda volta consecutiva" (en italiano). 24 de marzo de 2022. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  114. "Ungheria-Italia 0-2, gol e highlights: Raspadori-Dimarco, Azzurri alle Finals" (en italiano). Consultado o 30 de decembro de 2023. 
  115. "Mancini dimite como seleccionador de Italia". Diario Sport (en castelán). 13 de agosto de 2023. Consultado o 30 de decembro de 2023. 
  116. "Mancini será el nuevo seleccionador de Arabia Saudí y cobrará 25 millones al año". Marca (en castelán). 27 de agosto de 2023. Consultado o 30 de decembro de 2023. 
  117. Zaino, Stefano (1 de setembro de 1997). "Mancini da brividi: "Che bello lo stadio"". la Repubblica (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  118. "L'estasi e l'amarezza più grande, 28 anni dopo Mancini ricorda la grande Samp: "Anni indimenticabili"". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 20 de maio de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  119. 119,0 119,1 119,2 "Ulivieri a CM: 'Ho allenato uno più forte di Baggio, Mancini ha sbagliato tutto'" (en italiano). 20 de novembro de 2015. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  120. Mazzitelli, Massimo (22 de xullo de 1997). ""Felice per Baggio, fan di Totti". Mancini, l'ultimo romantico". la Repubblica (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  121. "City, ecco i perché dell'esonero di Roberto Mancini". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 14 de maio de 2013. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  122. Intorcia, Francesco Saverio (2 de febreiro de 2016). "Gianluca Pagliuca: "Mancini litiga. L’istinto non si cambia"" (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  123. "Zola, futuro coi giovani e cuore rossoblù «Sono certo che il mio Cagliari ce la farà»". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 11 de abril de 2006. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  124. Mura, Gianni (8 de setembro de 1987). "Ritorno al Napoli" (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  125. 125,0 125,1 125,2 Moggia, Valerio (20 de novembro de 2020). "Dalla Fiorentina all’Italia: com’è cambiato il gioco di Roberto Mancini?" (en italiano). Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  126. "Italia-Inghilterra, le ultime: il dubbio di Mancini, Immobile o il falso nove?". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 11 de xullo de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  127. "Il falso nove" (en italiano). 5 de decembro de 2018. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  128. "L'annuncio di Roberto Mancini: "Mi separo da mia moglie Federica"". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 26 de xuño de 2015. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  129. Garlando, Luigi (11 de xaneiro de 2018). "Mancini: "Voglio fare il CT"". La Gazzetta dello Sport (en italiano). p. 2. 
  130. "Gianluca Vialli, guarito dal cancro, presenta il nuovo libro con Roberto Mancini". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 30 de maio de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2022. 
  131. "Laurea ad honorem per Roberto Mancini: "Esempio di valori positivi"" (en italiano). 23 de xullo de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar