Walter Pandiani

futbolista uruguaio

Walter Gerardo Pandiani Urquiza, coñecido tamén como O Rifle, nado en Montevideo o 27 de abril de 1976, é un exfutbolista e adestrador uruguaio. Xogaba na posición de dianteiro e foi internacional coa selección uruguaia.

Walter Pandiani
Pandiani xogando para o Birmingham City en 2005.
Información persoal
Nome Walter Gerardo Pandiani Urquiza
Nacemento 27 de abril de 1976
Lugar de nacemento Montevideo
Altura 1,84 m.
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1996–1997 Progreso 22 (12)
1997–1998 Basañez 0 (0)
1998–2000 Peñarol 71 (29)
2000–2005 Deportivo da Coruña 86 (31)
2002–2003Mallorca (cedido) 33 (13)
2005Birmingham City (cedido) 14 (4)
2005–2006 Birmingham City 17 (2)
2006–2007 Espanyol 52 (8)
2007–2011 Osasuna 92 (27)
2011–2012 Espanyol 16 (3)
2012–2013 Villarreal 17 (2)
2013 Atlético Baleares 9 (1)
2013–2014 Miramar Misiones 19 (5)
2015– Lausanne-Sport 15 (1)
Total 463 (138)
Selección nacional
2001–2004 Uruguai 4 (0)
Adestrador
2016 Masnou
2019 Lorca FC
2020–2021 Dibba Al-Hisn
2021– Cerro
Na rede
Twitter: riflepandiani7 Instagram: riflepandiani7 FIFA: 182782 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Dende xullo de 2021 adestra o Atlético Cerro, da Segunda División do Uruguai.

Traxectoria editar

Naceu en Montevideo e ten ascendencia italiana, pois un dos seus avós, Giuseppe Bautista Pandiani, era natural da provincia de Pavia, na Lombardía.[1]

Comezou xogando no seu país, no CA Basañez e CA Peñarol entre 1994 e 2000, para despois dar o salto a Europa fichando polo Deportivo da Coruña durante 2 temporadas, cun ano cedido no Real Mallorca, con cal gañaría a Copa do Rei.

Á temporada seguinte volveu ao Deportivo, aínda que, debido ás diferenzas co club e o seu adestrador, Javier Irureta, foise a Inglaterra a xogar cedido no Birmingham City na temporada 2005-2006. Tras un grande debut no seu primeiro partido, o club ofreceulle contratalo o seguinte verán, pero ao non manter o seu bo rendemento volveu a España, esta vez fichando polo RCD Espanyol, con quen gañaría unha Copa do Rei e lograría un subcampionato na Copa da UEFA, edición na que logrou ser o máximo goleador.

En xullo de 2007 fichou polo CA Osasuna por 3 temporadas, a onde chegou para completar a dianteira rojilla e achegar calidade e experiencia ao equipo.

Na tempada 2011–12 fichou novamente polo RCD Espanyol.[2]

Selección nacional editar

Foi internacional coa selección uruguaia en catro ocasións, pese a ser convocado máis veces.

Como adestrador editar

Comezou a súa carreira como adestrador en Cataluña, adestrando os equipos xuvenís do Masnou, onde xogaban os seus dous fillos. En 2016 adestrou durante uns meses o primeiro equipo, e posteriormente exerceu como adestrador nas canteiras do Europa e o Hospitalet.[3]

En xullo de 2019 colleu as rendas do Lorca FC, na Terceira División, pero dimitiu en decembro xunto a todo o corpo técnico, por problemas coa directiva do club.[4] En agosto de 2020 converteuse no director de canteira do Dibba Al-Hisn, dos Emiratos Árabes Unidos, e pouco despois foi ascendido a adestrador do primeiro equipo, na segunda división do país.

En xullo de 2021 regresou ao seu país, como adestrador do Club Altético Cerro, na segunda división.[5]

Palmarés editar

Peñarol
Deportivo
Mallorca
Espanyol

Notas editar

  1. Centeno, Alexandres (6 de febreiro de 2001). "Scaloni y Pandiani acreditan su ascendencia italiana". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2021. 
  2. "El Espanyol ficha a Pandiani por una temporada"
  3. "Pandiani dirigirá al juvenil de L'Hospitalet" (en castelán). 27 de xuño de 2017. Consultado o 18 de xullo de 2021. 
  4. "Walter Pandiani y su cuerpo técnico abandonan el Lorca FC". COPE (en castelán). 29 de decembro de 2019. Consultado o 18 de xullo de 2021. 
  5. "Walter Pandiani, nuevo entrenador del Club Atlético Cerro" (en castelán). 18 de xullo de 2021. Consultado o 18 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar