Club Esportiu Europa

O Club Esportiu Europa é un club polideportivo español do histórico barrio de Gràcia de Barcelona, fundado en 1907. Ten seccións de fútbol, baloncesto, fútbol sala e fútbol feminino.

Europa
NomeClub Esportiu Europa
Alcume(s)Escapulats, europeistes
Fundación5 de xuño de 1907 (117 anos)
EstadioNou Sardenya,
Barcelona, España
Inauguración1940
Capacidade7.000
PresidentePaíses Baixos Hèctor Ibar
AdestradorEspaña Ignasi Senabre
LigaSegunda RFEF – Grupo 3
VestimentaAdidas
PatrocinadorClínica Remei
Na rede
http://www.ceeuropa.cat
Facebook: ceeuropa Twitter: ceeuropa Instagram: ceeuropa Youtube: UCPzorpYRGYOIEta91q-aByw Twitch: ceeuropa BNE: XX120479 Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

É fundamentalmente coñecido polo seu primeiro equipo de fútbol, que actualmente compite na Terceira División, aínda que en 1928 tivo a honra de ser un dos dez clubs que fundou a Liga española de fútbol, militando tres tempadas na Primeira división española, e en 1923 foi finalista da Copa do Rei, caendo derrotado na final por un gol a cero. Ademais, o Europa ostenta tres títulos da Copa Cataluña, conseguidos en 1923, 1997 e 1998.

O Europa tamén pasou á historia por ser o anfitrión e gañador do primeiro partido de baloncesto que se disputou en España: foi o 8 de decembro de 1922, e o Europa venceu ao Laietà BC por 8 a 2. O club graciense foi un dos mellores equipos de baloncesto de Cataluña durante os anos 20 e 30.

Uniforme

editar

Inicialmente o Europa vestiu con uniforme a raias verticais azuis e brancas. O tradicional escapulario non se adoptou ata 1929, con motivo da súa primeira tempada en Primeira división.

  • Uniforme titular: Camiseta branca con escapulario azul, pantalón azul e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta azul con escapulario branco, pantalón branco, medias azuis.
  • Terceiro uniforme: Camiseta laranxa con escapulario branco, pantalón negro, medias laranxas.

Estadio

editar
Artigo principal: Nou Sardenya.

O CE Europa xoga os seus partidos no Nou Sardenya, estadio construído en 1995 sobre o antigo Sardenya, orixinalmente edificado en 1940. O recinto está situado no barrio de Gràcia, entre as rúas Sardenya, Camèlies e Secretari Coloma. Ten capacidade para 7.000 persoas, céspede artificial homologado pola FIFA e unhas dimensións de 100 x 63 metros.

Datos do club

editar
  • Tempadas en : 3
  • Tempadas en : 6
  • Tempadas en 2ªB: 1
  • Tempadas en : 50 (Incluída a 2013/14)
  • Mellor posto na liga: 8º (1ª División tempada 1928-29)
  • Peor posto na liga: 10º (1ª División tempada 1930-31)

Palmarés

editar

Torneos rexionais

editar

Torneos nacionais

editar

Outros premios

editar
  • Placa de Prata da "Real Orden al Mérito Deportivo Español", en 2007.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar