Club Atlético Progreso

O Club Atlético Progreso, chamado comunmente Progreso, é un equipo de fútbol de Montevideo e que xoga na Primeira División do Uruguai.

Progreso
NomeClub Atlético Progreso
Alcume(s)Los Gauchos del Pantanoso
Fundación30 de abril de 1917
EstadioEstadio Abraham Paladino
Montevideo, Uruguai
Capacidade5 200
PresidenteUruguai Fabián Canobbio
AdestradorUruguai Maximiliano Viera
LigaPrimeira División do Uruguai
2020
Na rede
https://www.clubatleticoprogreso.com
Titular
Alternativo

Traxectoria editar

O Club Atlético Progreso naceu en 1917 vencellado aos grupos de obreiros anarquistas do barrio montevideano de La Teja. As cores da súa indumentaria, amarelo e vermello, son unha lembranza da senyera, pois algúns dos seus fundadores eran inmigrantes de ascendencia catalá[1].

Entre 1979 e 1989 foi presidente do club Tabaré Vázquez, baixo o seu mandato, o equipo gañou o título de campión da Primeira División en 1989[2]. En 2017, dentro das celebracións do centenario do equipo, a sede do Progreso acolleu un consello de ministros presidido por Tabaré Vázquez[3].

Ademais da liga gañada en 1989, o Progreso tamén participou en tres ocasións na Copa Libertadores (1987, 1990 e 2020).

Palmarés editar

  • Campionato Uruguaio de Primeira División: 1989

Notas editar

  1. tonicruzgon (2017-04-25). "El club de fútbol de raíces anarquistas y catalanistas que acogió un Consejo de Ministros en Uruguay". Toni Cruz (en castelán). Consultado o 2021-04-01. 
  2. "De La Teja a la historia… – Club Atlético Progreso" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 2021-04-01. 
  3. Uruguay, Presidencia de la República Oriental del. "Finalización del Consejo de Ministros en el Club Progreso, La Teja - Presidencia de la República". Presidencia de la República Oriental del Uruguay (en castelán). Consultado o 2021-04-01. 

Véxase tamén editar