Tabaré Vázquez

político uruguaio

Tabaré Ramón Vázquez Rosas, nado en Montevideo o 17 de xaneiro de 1940 e finado na mesma cidade o 6 de decembro de 2020,[1] foi un político uruguaio, presidente do seu país desde o 1 de marzo de 2005 ata o 1 de marzo de 2010 e de novo dende marzo de 2015 ata 2020. Pertencía á Fronte Ampla.

Tabaré Vázquez
Tabaré Ramón Vázquez Rosas
Presidente do Uruguai
Período1 de marzo de 2005 - 1 de marzo de 2010
AntecesorJorge Batlle Ibáñez
SucesorJosé Alberto Mujica
Período1 de marzo de 2015 - 1 de marzo de 2020
AntecesorJosé Alberto Mujica
SucesorLuis Lacalle Pou
Datos persoais
Nacemento17 de xaneiro de 1940
 Montevideo
Falecemento6 de decembro de 2020
 Montevideo
OrganizaciónFronte Ampla
CónxuxeMaría Auxiliadora Delgado
Alma máterUniversidade da República
Profesiónmédico oncólogo
Na rede
Twitter: TabareVazquez Dialnet: 3487511 Find a Grave: 219477716 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Orixe Editar

Tabaré Vázquez tiña ascendencia galega, xa que o seu avó era orixinario de Ourense, e a súa avoa era oriúnda de Santiago de Compostela, emigrando ámbolos dous posteriormente ao Uruguai.[2]

Estivo casado con María Auxiliadora Delgado San Martín. Tiña 4 fillos (Ignacio, Álvaro, Javier e Fabián) e dez netos.[3]

Traxectoria Editar

Médico de profesión, obtivo a licenciatura de Medicina no ano 1969 na Universidade da República, coa especialidade de oncoloxía e radioterapia no ano 1972. Ademais dirixiu o Departamento de Radioterapia do Instituto Nacional de oncoloxía do Uruguai e, no ano 1987 foi designado catedrático de oncoloxía e radioterapia.[4]

Entre 1979 e 1989 foi presidente do Club Atlético Progreso, un equipo de fútbol do seu barrio, La Teja, en Montevideo. Baixo a súa presidencia, Progreso gañou o título de campión da Primeira División en 1989. Ademais, valorou candidatarse á presidencia da Asociación Uruguaia de Fútbol pero non foi posible dado que a súa significación política espertou o rexeitamento doutros clubs[5].

Os seus comezos na vida política remóntanse ata o ano 1983 cando se afiliou ó Partido Socialista, sendo elixido no ano 1986 integrante do seu comité Central. Posteriormente, no ano 1989 o Frente Amplio designouno candidato a Intendente da capital Uruguaia, gañando as eleccións ó ano seguinte e sendo o alcalde da cidade entre o ano 1991 e 1995.[6]

Triunfou na elección presidencial o 31 de outubro de 2004, na que se presentaba como candidato pola coalición de esquerda Encuentro Progresista-Fronte Ampla-Nova Maioría, ao obter a maioría absoluta co 50,45% dos votos emitidos, transformándose no primeiro presidente esquerdista e rompendo coa hexemonía bipartidista do Partido Nacional e o Partido Colorado, que dominaran a historia política uruguaia dende 1830. Asumiu o seu cargo de Presidente Constitucional do Uruguai o 1 de marzo de 2005 e o seu mandato estendeuse até o 1 de marzo do 2010.

Presidente do Uruguai

Segue a:
Jorge Batlle Ibáñez
Tabaré Vázquez
Precede a:
José Alberto Mujica
Fronte Ampla
Presidente do Uruguai

Segue a:
José Alberto Mujica
Tabaré Vázquez
Precede a:
Luis Lacalle Pou
Fronte Ampla

Notas Editar

  1. Morreu Tabaré Vázquez
  2. "Los mandatarios con raíces gallegas". La Voz de Galicia. 31/01/2019. Consultado o 28/06/2020. 
  3. "Muere María Auxiliadora Delgado". BBC Mundo. 31/07/2019. Consultado o 29/06/2020. 
  4. "Un oncologo de corazón". Sindicato médico del Uruguay. Consultado o 29/06/2020. 
  5. ElPais. "Tabaré Vázquez, Progreso y la AUF: una presidencia exitosa y otra que se le escapó". Diario EL PAIS Uruguay (en spanish). Consultado o 2021-03-30. 
  6. "Uruguay ficha país" (PDF). www.exteriores.gob.es. Consultado o 29/06/2020. 

Véxase tamén Editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.