Rudolf Christoph Eucken

filósofo alemán

Rudolf Christoph Eucken, nado en Aurich o 5 de xaneiro de 1846 e finado en Jena o 15 de setembro de 1926, foi un filósofo alemán, premio Nobel de Literatura en 1908.

Rudolf Christoph Eucken
Nome completoRudolf Christoph Eucken
Nacemento5 de xaneiro de 1846
 Aurich, Prusia
Falecemento15 de setembro de 1926
 Jena, Turinxia, Alemaña
SoterradoAurich Stadtfriedhof
NacionalidadeReino de Prusia, Imperio Alemán e República de Weimar
Alma máterUniversidade de Gotinga e Universidade Humboldt de Berlín
Ocupaciónfilósofo, escritor, profesor universitario e prosista
CónxuxeIrene Eucken
FillosWalter Eucken
PremiosPremio Nobel de Literatura en 1908
Na rede
Discogs: 2816694 WikiTree: Eucken-1 Find a Grave: 171869108 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou nas universidades de Gotinga e Berlín. Logo de traballar cinco anos como mestre nunha escola, en 1871 foi nomeado profesor de filosofía da Universidade de Basilea (Suíza), onde permaneceu ata 1874, ano en que foi nomeado profesor da Universidade de Jena (Alemaña), lugar no que permanecería ata a súa xubilación en 1920. En 1911 explicou filosofía en Inglaterra e entre 1912 e 1913 na Universidade Harvard.[Cómpre referencia]

Na súa doutrina mostrouse idealista: a alma do seu sistema foi a vida espiritual, cuxa manifestación absoluta é Dívos. O individuo alcanza a vida espiritual polo vencemento das forzas opoñentes do mal e revive o pasado no presente, tomando libremente daquel todo o que pode serlle útil na loita. Eucken chamou «activismo ético» a esta vida espiritual activa, non contemplativa.

Xunto con William James, Henri Bergson e outros pensadores do seu tempo, declarou a guerra ao «intelectualismo». A súa filosofía foi unha interpretación da vida como un todo, en que a relixión desempeña un papel predominante, aínda que nunca menosprezou o traballo intelectual e lóxico.

Obras editar

Foi un escritor prolífico. Entre as súas obras máis coñecidas atópanse:

  • Die Methode der Aristotelischen Forschung (1872) (O método da investigación aristotélica)
  • Die Lebensanschauungen der grosser Denker (1890) (O problema da vida humana visto polos grandes pensadores)
  • Der Kampf um einen geistigen Lebensinhalt (1896) (Loita polo contido espiritual da vida)
  • Der Wahrheitsgehalt der Religion (1901) (A verdade da relixión)
  • Grundlinien einer neuen Lebensanschauung (1907) (Liñas fundamentais dunha nova concepción da vida)
  • Der Sinn und Wert des Lebens (1908) (Sentido e valor da vida)
  • Geistesleben (1909) (A vida do espírito)
  • Können wir noch Christen sein? (1911) (Podemos ser cristiáns aínda?).
  • Present Day Ethics in their Relation to the Spiritual Life (1913) (A ética actual en relación coa vida espiritual)
  • Der Sozialismus und seine Lebensgestaltung (1920) (Socialismo: unha análise)