William James
William James, nado o 11 de xaneiro de 1842 en Nova York e finado en Chocorua (Nova Hampshire) o 26 de agosto de 1910, foi un psicólogo e filósofo estadounidense.
William James | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de xaneiro de 1842 |
Lugar de nacemento | Astor House |
Falecemento | 26 de agosto de 1910 |
Lugar de falecemento | Tamworth |
Causa | Insuficiencia cardíaca |
Soterrado | Cambridge Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | luteranismo |
Alma máter | Facultade de Medicina Harvard, Harvard School of Engineering and Applied Sciences, Universidade Harvard e Plymouth College |
Ocupación | filósofo, psicólogo, profesor universitario, médico e escritor |
Pai | Henry James, Sr. |
Nai | Mary Walsh James |
Cónxuxe | Alice Gibbens James |
Fillos | William James |
Irmáns | Henry James e Alice James |
Coñecido por | Os Princípios da Psicologia, As Variedades da Experiência Religiosa e Essays in Radical Empiricism |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Criado nunha familia de tradición calvinista, é irmán de Henry James. Primeiramente estudou medicina para despois ocuparse da psicoloxía e a filosofía. Profesor da Universidade de Harvard, foi un prolífico conferenciante. John Dewey foi alumno seu.
PensamentoEditar
PsicoloxíaEditar
Falou do stream of consciouness, é dicir, da corrente ou fluxo da conciencia. A conciencia é un continuo bulir de conceptos e relacións. Para el o ser empírico é un ser material (corpóreo), social (o que os demais opinan) e espiritual (a interioridade). Segundo a súa teoría periférica das emocións, é o a manifestación somática o que xera a emoción.
FilosofíaEditar
Defendeu o pragmatismo. Considera que non pode haber unha diferenza que non marque unha diferenza. A función da filosofía consiste na pescuda da diferenza que producirá en ti e en min que unha fórmula do mundo se estime verdadeira. Hai que abandonar a abstracción pola concreción, os sistemas pechados pola acción e o poder. Máis que os principios e as categorías contan as consecuencias e os feitos. As ideas son parte da experiencia, e só deben ser tidas como verdadeiras se nos permiten entrar en contacto con outras experiencias. Xa que logo, verdade é o que funciona, o que sae ben, o que é útil, o que ten éxito.
ObrasEditar
- The principles of psicology.
- The Will to Believe.
- Pragmatism: A New Name for Some Old Ways of Thinking.
- The Meaning of Thruth.
- Pluralistic Universe.
- Essays in Radical Empiricism.
- Some Problems of Philosophy.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: William James |