Teófila Martínez

política española

Teófila Martínez Saiz é unha política española nada o 5 de xaneiro de 1948 en Santander (Cantabria). É arquitecta técnica de profesión. Pertence ao Partido Popular, no que ingresou en 1977, por entón Alianza Popular. É a actual alcaldesa de Cádiz e foi deputada do Congreso pola provincia de Cádiz.[1]

Infotaula de personaTeófila Martínez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Teófila Martínez Saiz Editar o valor em Wikidata
5 de xaneiro de 1948 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Santander, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
8 de xullo de 2016 – 22 de febreiro de 2019 – José Ignacio Romaní Cantera (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Cádiz (en) Traducir

Deputada de España
30 de decembro de 2015 – 3 de maio de 2016

Circunscrición electoral: Cádiz (en) Traducir

Deputada de España
28 de novembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016

Circunscrición electoral: Cádiz (en) Traducir

Deputada de España
18 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011

Circunscrición electoral: Cádiz (en) Traducir

Deputada de España
20 de marzo de 1996 – 5 de abril de 2000

Circunscrición electoral: Cádiz (en) Traducir

Deputada de España
21 de xuño de 1993 – 12 de setembro de 1995 – José Luis Landero Mateos →

Circunscrición electoral: Cádiz (en) Traducir

Deputada de España
14 de novembro de 1989 – 29 de xuño de 1993

Circunscrición electoral: Cádiz (en) Traducir

Alcaldesa
Senadora de España
Deputado do Parlamento de Andalucía
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAlianza Popular
Partido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

En decembro de 1982 foi elixida secretaria xeral provincial de Alianza Popular en Cádiz. De 1983 até 1987 foi concelleira no concello de El Puerto de Santa María. É alcaldesa de Cádiz desde o ano 1995, sendo a alcaldesa máis votada das capitais de provincia de España nas eleccións municipais de 2003 e 2007, con arredor do 60% dos votos.[2] Coas eleccións municipais de 2011 revalida o cargo, manténdose como alcaldesa durante vinte anos.

Do seu goberno como alcaldesa destaca o soterramento da vía férrea ao seu paso por Cádiz, a consecución da Segunda Ponte do Goberno da Nación e a efeméride Cádiz 2012, organizada a nivel estatal grazas á aposta decidida do concello de Cádiz por conmemorar os douscentos anos da Constitución de Cádiz de 1812.

Foi senadora pola comunidade autónoma de Andalucía (2000-2004). Presidiu o PP de Andalucía desde 1999 até 2004, perdendo as eleccións ao Parlamento de Andalucía nos anos 2000 e 2004, sendo substituída posteriormente por Javier Arenas. Exerceu de portavoz do PP na Comisión de Obras Públicas do Congreso dos Deputados e coordinadora de Comisións do Grupo Popular no Congreso. Presidenta estatal de Mulleres para a Democracia e membro do Comité Executivo Nacional do PP.

Notas editar

  1. "Ficha na web do Congreso dos Deputados". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2020. Consultado o 04 de setembro de 2021. 
  2. La voz Digital. Post-elecciones 2007

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Carlos Díaz Medina
 
Alcaldesa de Cádiz

1995-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Javier Arenas
 
Presidenta do PP de Andalucía

19992004
Sucesor:
Javier Arenas