Camille Jordan

matemático francés

Marie Ennemond Camille Jordan ([ʒɔʀdã]), nado en Lión o 5 de xaneiro de 1838 e finado en París o 22 de xaneiro de 1922, foi un matemático francés, coñecido tanto polo seu traballo fundamental na teoría de grupos como polo seu influente Cours d'analyse.

Camille Jordan
Camille Jordan 4.jpg
Nacemento5 de xaneiro de 1838
Lugar de nacementoLión
Falecemento22 de xaneiro de 1922
Lugar de falecementoParís
NacionalidadeFrancia
Alma máterEscola Politécnica e Mines ParisTech
Ocupaciónmatemático, enxeñeiro, catedrático e profesor universitario
PaiAlexandre Jordan
FillosÉdouard Jordan
PremiosPrêmio Poncelet, Oficial da Lexión de Honra e Foreign Member of the Royal Society
editar datos en Wikidata ]

Camille Jordan non debe ser confundido co xeodesista Wilhelm Jordan (1842-1899, método de eliminación de Gauss-Jordan) nin co físico Pascual Jordan (1902-1980, álxebra de Jordan).

TraxectoriaEditar

O seu pai Esprit-Alexandre Jordan (1800-1888), politécnico (1818),[1] foi deputado por Saona e Loira (1871-1876) e a súa nai Joséphine era irmá do pintor Pierre Puvis de Chavannes. Era tamén bisneto do político Camille Jordan. Estudou na Escola Politécnica Superior (promoción de 1855). Foi enxeñeiro no corpo das minas e logo deu clases na mesma escola e sucedeu a Joseph Liouville no Collège de France, onde tiña fama de escoller notacións excéntricas.

O seu nome está asociado a unha serie de resultados fundamentais:

Tamén foi el quen introduciu a noción de arco rectificable, de función con variación limitada[2] ou de conxunto medíbel. Axudou a levar a teoría de Galois á corrente principal do pensamento. Tamén investigou os grupos de Mathieu, primeiros exemplos de grupos esporádicos. O seu Traité des substitutions, sobre os grupos das permutacións, foi publicado en 1870 e gañou ese mesmo ano o premio Poncelet.[3] Foi orador convidado no Congreso Internacional das Matemáticas de 1920 en Estrasburgo.[4]

Cando deixou a Escola das Minas de 1861 a 1885, era enxeñeiro encargado do control das canteiras en París.[5]

ObrasEditar

HonrasEditar

En 1881 foi elixido membro da Academia de Ciencias, que presidiu en 1916. En 1919 converteuse nun membro estranxeiro da Royal Society e tamén foi nomeado Oficial da Lexión de Honra.

A Universidade de Lión I deu o seu nome a un instituto de investigación matemática.

O asteroide 25593 Camillejordan recibiu o seu nome na súa honra.

NotasEditar

  1. Base des anciens de Polytechnique
  2. Hardy, Godfrey Harold (2018). Mathématiques et mathématiciens (en francés). Nitens. ISBN 9782901122005. 
  3. "Prix". Comptes rendus hebdomadaires des séances de l'Académie des sciences. Tome 75. París: Gauthier-Villars. xullo-decembro de 1872. p. 1302. 
  4. "Sur la classification des constellations par Camille Jordan". Compte rendu du Congrès international des mathématiciens tenu à Strasbourg du 22 au 30 Septembre 1920. 1921. pp. 410–436. 
  5. Vincent Isoz, Éléments de mathématiques appliquées, versión 3.0, 2014, p.4680. En liña.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar