Godfrey Harold Hardy
Godfrey Harold Hardy , nado en Cranleigh, Surrey, o 7 de febreiro de 1877 e finado en Cambridge o 1 de decembro de 1947 foi un matemático británico tamén coñecido como G. H. Hardy que formulou a desigualdade que leva o seu nome. Foi o principal valedor en Gran Bretaña e director de tese do matemático autodidacta indio Ramanujan (1887-1920), coñecido por algunhas das súas asombrosas fórmulas.
Godfrey Harold Hardy | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 7 de febreiro de 1877 |
Lugar | Cranleigh, Surrey, Inglaterra |
Falecemento | 1 de decembro de 1947 (70 anos) |
Lugar | Cambridge, Cambridgeshire, Inglaterra |
Soterrado | Trinity College Chapel |
Nacionalidade | ![]() |
Actividade | |
Campo | Matemáticas |
Alma máter | Trinity College |
Director de tese | A. E. H. Love E. T. Whittaker |
Alumnos de tese | Mary Cartwright I. J. Good Edward Linfoot Cyril Offord Harry Pitt Richard Rado Srinivasa Ramanujan Robert Rankin Donald Spencer Tirukkannapuram Vijayaraghavan E. M. Wright |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Desigualdade de Hardy Lei de Hardy–Weinberg |
Influído por | Camille Jordan |
Premios | Medalla Copley (1947) |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Godfrey Hardy naceu en Cranleigh, Surrey, Inglaterra. Os seus pais, ambos mestres de escola, tiñan inclinación polas matemáticas.
A inclinación natural de Hardy cara ás matemáticas fíxose presente moi cedo. Cando tiña dous anos escribía números superiores a dous millóns, e púñase a proba a si mesmo factorizando os números dos himnos na Igrexa.
Tras ir á escola en Cranleigh, Hardy entrou no Winchester College. En 1896, pasou ao Trinity College (Cambridge). Ocupou a cátedra Sadleirian desde 1931 até 1942; deixara Cambridge en 1919 para facerse cargo da cátedra de xeometría Savilian en Oxford.
Obra Editar
- Apoloxía dun matemático.[1] Cambridge University Press. Londres, 1940.
- Ramanujan.Twelve Lectures on Subjects Suggested by His Life and Work Cambridge University Press: Londres, 1940.
- An Introduction to the Theory of Numbers. Con E. M. Wright. 1938.
- A Course of Pure Mathematics. 1908.
Recoñecementos Editar
- Membro da Royal Society.[2]
- Premio Smith (1901), Royal Medal (1920), Medalla De Morgan (1929), Premio Chauvenet (1932) e Medalla Sylvester (1940)
- Medalla Copley (1947)
Notas Editar
- ↑ Libraría Numax
- ↑ "Godfrey Harold Hardy. 1877-1947" (18). doi:10.1098/rsbm.1949.0007.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- A Mathematician's Apology Arquivado 09 de outubro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)