Real mosteiro de Santa María de Guadalupe
O Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe é un mosteiro estremeño situado na localidade de Guadalupe, na provincia de Cáceres. Foi declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993. No seu interior aprécianse os estilos gótico, mudéxar, renacentista, barroco e neoclásico, é dicir, dende o século XIII ao XVIII.
Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe | |
---|---|
![]() Claustro mudéxar do mosteiro. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 39°27′10″N 5°19′39″O / 39.45278, -5.32750 |
Tipo | Cultural |
Criterios | IV, VI |
Inscrición | 1993 (17ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 665 |
Historia e características editar
Antes da ampliación monástica, o santuario mantívose como priorado secular durante corenta e oito anos nos reinados de Afonso XI de Castela e Henrique II de Castela, baixo padroado real e señorío civil. En 1389 pasou a ser mosteiro, segundo unha real provisión expedida por Xoán I de Castela. Os seus novos moradores foron os monxes da Orde Xerónima, unha comunidade de 32 membros procedentes de San Bartolomé de Lupiana. En 1835 tivo lugar a exclaustración, quedando a igrexa para uso de parroquia dependente de Toledo. Anos despois declarouse ao conxunto Monumento Nacional (1879). Afonso XIII consignou unha Real Orde para a entrega do santuario aos frades franciscanos, co que comezou unha nova etapa. Pío XII, en 1955, outorgou ao santuario a condición de basílica.
Galería de imaxes editar
-
Fachada principal gótica
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Real mosteiro de Santa María de Guadalupe |