Delta do Okavango
O delta do Okavango é un gran delta fluvial interior de Botswana, formado onde o río Okavango atopa unha canle tectónica na parte central da conca endorreica do deserto do Kalahari. Toda a auga que vai parar ao delta evapórase ou consómese pola transpiración vexetal, polo que non desemboca en ningún mar ou océano.
Delta do Okavango | |
---|---|
![]() Delta do Okavango | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | Coordenadas: 19°15′S 22°45′L / -19.250, -22.750 |
Tipo | Natural |
Criterios | VII, IX, X |
Inscrición | 2014 (38ª sesión) |
Rexión da UNESCO | África |
Identificador | 1432 |
Cada ano uns 11 quilómetros cúbicos de auga anegan unha área de entre 6 000 e 15 000 km². Algunhas das augas desembocan no lago Ngami. A reserva de caza Moremi, un parque nacional, atópase na parte leste do delta. O 11 de febreiro de 2013 en Arusha, Tanzania, o delta acadou o recoñecemento de ser unha das Sete marabillas naturais de África.[1] O 22 de xuño de 2014, o delta foi oficialmente inscrito na lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[2]
NotasEditar
- ↑ "Seven Natural Wonders of Africa". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2015. Consultado o 29 de decembro de 2015.
- ↑ "World Heritage List reaches 1000 sites with inscription of Okavango Delta in Botswana". Consultado o 29 de decembro de 2015.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Delta do Okavango |