Sulfuro de hidróxeno
O sulfuro de hidróxeno é un gas, máis denso que o aire, de fórmula H2S, incoloro, inflamábel, tóxico, odorífero (o seu olor é o de materia orgánica en descomposición, como de ovos podres).
Sulfuro de hidróxeno | |
---|---|
Sulfuro de hidróxeno[1] | |
Outros nomes ácido sulfhídrico Dihidróxeno monosulfuro | |
Identificadores | |
Número CAS | 7783-06-4 |
PubChem | 402 |
ChemSpider | 391 |
UNII | YY9FVM7NSN |
Número CE | 231-977-3 |
Número UN | 1053 |
KEGG | C00283 |
MeSH | Hydrogen+sulfide |
ChEBI | CHEBI:16136 |
ChEMBL | CHEMBL1200739 |
Número RTECS | MX1225000 |
Referencia Beilstein | 3535004 |
Referencia Gmelin | 303 |
3DMet | B01206 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | H2S |
Masa molar | 34,08 g mol−1 |
Aspecto | Gas incoloro |
Olor | a ovos podres |
Densidade | 1,363 g dm−3 |
Punto de fusión | −82 °C; −116 °F; 191 K |
Punto de ebulición | −60 °C; −76 °F; 213 K |
Solubilidade en auga | 4 g dm−3 (a 20 °C) |
Presión de vapor | 1740 kPa (a 21 °C) |
Acidez (pKa) | 7,0[2][3] |
Basicidade (pKb) | 6,95 |
Índice de refracción (nD) | 1,000644 (0 °C)[4] |
Estrutura | |
Forma da molécula | curvada |
Momento dipolar | 0,97 D |
Termoquímica | |
Entalpía estándar de formación ΔfH |
−21 kJ·mol−1[5] |
Entropía molar estándar S |
206 J·mol−1·K−1[5] |
Capacidade calorífica, C | 1,003 J K−1 g−1 |
Perigosidade | |
EU Index | 016-001-00-4 |
Clasificación da UE | F+ T+ N |
Frases R | R12, R26, R50 |
Frases S | S1/2, S9, S16, S36, S38, S45, S61 |
NFPA 704 | |
Punto de inflamabilidade | -82,4 °C[6] |
Temperatura de autoignición | 232 °C; 450 °F; 505 K |
Límites de explosividade | 4,3–46% |
Compostos relacionados | |
hidróxeno calcoxénidos relacionados | auga selenuro de hidróxeno telururo de hidróxeno polonuro de hidróxeno Disulfuro de hidróxeno Sulfanyl |
Compostos relacionados | Fosfina |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A pesar disto, no organismo humano desempeña funcións esenciais.
O seu punto de ebulición é de 212,86 K.
O sulfuro de hidróxeno denomínase tamén ácido sulfhídrico,[7] porque, cando está en solución acuosa, (H2Saq), é un hidrácido.
Na nomenclatura química a desinencia -uro corresponde aos haluros, é dicir aos sales que non conteñen oxíxeno. Posto que un sal "é un composto iónico formado por un catión distinto de H+ e un anión distinto de OH— ou O2—: ácido + base --> sal + auga",[8] a expresión «sulfuro de hidróxeno» resulta estraña, pois implica que o hidróxeno se substitúe a si mesmo.
Para evitarmos esta incongruencia na súa denominación, o H2S poedería considerarse como a solución acuosa (aq na fórmula), é dicir ácido sulfhídrico.
A súa reacción con bases fortes xera sales: os sulfuros.
O ácido sulfhídrico encóntrase naturalmente no petróleo «cru» (non procesado), no gas natural, en gases volcánicos e nalgúns mananciais de augas termais.
Tamén pode existir en augas pantanosas, lagoas ou en augas estancadas, desaugamentos, estanques de fábricas de fariña ou de aceite de peixe, en barcos pesqueiros e en sumidoiros de augas residuais.
Téñense producido mortes en lagos ou lagoas estancadas cando o ácido sulfhídrico burbulla desde as profundidades e alcanza a persoas na superficie. Como este ácido é máis denso que o aire xéranse fraccionamentos por diferenzas de densidade. Xeralmente débese á descomposición anaerobia de restos orgánicos. Así mesmo, xérase en refinarías de petróleo.
O ácido sulfhídrico é un dos compostos destacados como causantes de molestias por malos olores. Por isto desenvolvéronse diversos procesos de desodorización que o eliminan de correntes contaminadas. Exemplos: os tratamentos de gas con aminas na industria e a utilización de nitrato cálcico en augas residuais.
É extremadamente nocivo para a saúde. Bastan 20-50 partes por millón (ppm) no aire para causar un malestar agudo que comporta á asfixia e á morte por sobreexposición. Polo seu grao de toxicidade, está directamente debaixo do ácido cianhídrico (HCN).
É habitual que traballadores do sector portuario sexan afectados con resultados fatais cando entran en adegas que transportaron produtos derivados da pesca. Neste caso, o ácido sulfhídrico provén de proteínas sulfuradas que se degradan e liberan o ácido mencionado.
Notas
editar- ↑ "Hydrogen Sulfide - PubChem Public Chemical Database". The PubChem Project. USA: National Center for Biotechnology Information.
- ↑ Perrin, D.D., Ionisation Constants of Inorganic Acids and Bases in Aqueous Solution, 2nd Ed., Pergamon Press: Oxford, 1982.
- ↑ Bruckenstein, S.; Kolthoff, I.M., in Kolthoff, I.M.; Elving, P.J. Treatise on Analytical Chemistry, Vol. 1, pt. 1; Wiley, NY, 1959, pp. 432-433.
- ↑ Pradyot Patnaik. Handbook of Inorganic Chemicals. McGraw-Hill, 2002, ISBN 0-07-049439-8
- ↑ 5,0 5,1 Zumdahl, Steven S. (2009). Chemical Principles 6th Ed. Houghton Mifflin Company. p. A23. ISBN 0-618-94690-X.
- ↑ Hydrogen sulfide: Overview, National Pollutant Inventory, Australia
- ↑ sulfhídrico Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
- ↑ Raymond Chang (2003): Quimica. McGraw-Hill.