Acánteas

tribo de plantas
(Redirección desde «Acantheae»)
Acánteas
Acantheae

Follas e inflorescencia de Acanthus mollis
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Acanthaceae
Subfamilia: Acanthoideae
Tribo: Acantheae
Dumortier, 1829
Xéneros
Véxase o texto

A das acánteas, Acantheae, é unha tribo de plantas fanerógamas da orde das lamiales, familia das acantáceas e subfamilia das acantoideas.[1][2]

Esta tribo está considerada como a liñaxe basal das acantáceas, e tamén como un clado. O grupo ten preto de 500 especies distribuídas actualmente nuns 20 xéneros, aínda que esta taxonomía non reflicte totalmente os resultados filoxenéticos recentes.[3]

O seu xénero tipo é Acanthus Linnaeus, 1753.

Características editar

Entre as acantáceas, as acánteas caracterízanse pola sinapomorfia das anteras monotecadas. Algunhas outras liñaxes de acantáceas relacionados lonxanamente teñen estames monotecados (p. ex., Isoglossinae, Justicieae.[3] Pero, nestas liñaxes, a perda dun estame por cada teca parece ter ocorrido despois da redución a dous estames. En contraste, as acánteas conservan o trazo plesiomórfico de catro estames, e esta combinación de estames (catro) e tecas (unha) é, até onde se sabe hoxe, única entre as acantáceas.[1]

A maioría das acánteas do Novo Mundo, membros dos clados Stenandriopsis, Crossandra, Sclerochiton e Streptosiphon, teñen un cáliz de cinco lóbulos con segmentos polo menos lixeiramente desiguais: o lóbulo dorsal é máis ancho, os anteriores, emparellados, son máis estreitos, e os laterais, así mesmo emparellados son tamén máis estreitos. Propúxose que a configuración desigual 1,2,2 do cáliz é unha sinapomorfia das acánteas.[3]

Este trazo modificouse aínda máis nos membros do clado que telen un cáliz de catro lóbulos, e tamén en polo menos algúns membros do clado Stenandrium que teñen un cáliz estreito, de segmentos aparentemente iguais. Polo menos os membros basais das outras liñaxes principais das acantáceas teñen un cáliz de cinco lóbulos iguais, aínda que hai máis modificacións nalgunhas liñaxes, notabelmente nas Barlerieae.[1]

Como suxire a filoxenia, as dúas liñaxes principais das acánteas poden caracterizarse por teren unha corola plesiomórfica de dous labios, ou unha corola sinapomórfica de un labio. Como é típico nas acantáceas, e nas lamiales en xeral, as corolas de dous labios tenñen dous lóbulos no labio superior e tres no labio inferior. As plantas do clado de un labio teñen os cinco lóbulos da corola dirixidos ventralmente de maneira que as plantas carecen dun labio superior (aínda que nalgunhas, o sépalo dorsal parece cumprir ese papel funcionalmente).[1]

Distribución editar

As especies desta tribo distribúense polas zonas máis ou menos tropicais do Novo Mundo e o Vello Mundo; no Vello Mundo, a gran maioría das especies encóntranse en África e só algunhas no sur de Europa e en Asia.[1]

Taxonomía editar

Descrición editar

A tribo foi descrita en 1829 polo botánico belga Barthélemy Charles Joseph Dumortier, no seu traballo Analyse des Familles de Plantes: avec l'indication des principaux genres qui s'y rattachent. Tournay: J. Casterman aîné.

Etimoloxía editar

O nome científico Acantheae está formado sobre a raíz Acanth- do nome do xénero tipo, Acanthus, coa adición do sufixo -eae, propio dos nomes dos tribos dos vexetais.

Xéneros editar

A tribo comprende os seguintes xéneros:

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Acantheae Arquivado 19 de setembro de 2020 en Wayback Machine. en Tree of Life (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2020.
  2. Olmstead, R. G. 2016.
  3. 3,0 3,1 3,2 McDade, L. A.; T. F. Daniel, C. A. Kiel & K. Vollesen (2005): "Phylogenetic relatinships among Acantheae (Acanthaceae): Major lineages present contrasting patterns of molecular evolution and morphological differentiation". Systematic Botany 30: 834-862.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar