En botánica, o termo dehiscencia designa a apertura espontánea dun órgano vexetal unha vez chegada a súa madurez, verquendo ó exterior ó seu contido. Referido a moitos tipos de froito, designa o momento en que estes se abren para liberar a semente.