Hydrangeaceae
Hydrangeaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hydrangea macrophylla | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subfamilias | |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
Hydrangeaceae (as hidranxeáceas) é unha familia pertencente á orde Cornales, cunha ampla distribución en Asia e América do Norte, e localmente en Europa.
A familia inclúe 17 xéneros, porén algúns botanistas dividen a familia en dous, con sete xéneros separados na familia Philadelphaceae.
Os xéneros caracterízanse polas follas opostas e flores regulares, bisexuais con 4 pétalos (raramente 5-12). O froito é unha cápsula ou unha baga que contén varias sementes. As sementes teñen endospermo carnoso.
A popular planta ornamental hortensia pertence a esta familia.
Descrición
editarSon arbustos, rubideiras ou herbas rizomatosas; plantas hermafroditas. Follas opuestas, ás veces verticiladas ou alternas, enteiras, dentadas ou lobadas; estípulas ausentes. Inflorescencias en cimas corimbiformes a paniculiformes, flores epíxinas ou ás veces hipóxinas, maiormente actinomorfas, mais ás veces con algúns sépalos petaloides agrandados nas flores marxinais; sépalos 4–5 (–12), valvados ou imbricados; pétalos 4–5 (–12), ceibos, valvados, imbricados ou convolutos; estames en dobre número ca os pétalos ou máis numerosos, filamentos ceibos; xineceo de 3–5 (–12) carpelos unidos formando un ovario plurilocular, 1–varios óvulos, estilos libres ou curtamente unidos no baseamento; disco intrastaminal presente. Froito: unha cápsula ou baga; sementes con embrión recto e endosperma carnoso.[1]
Xéneros
editar
|
|
O xénero Pottingeria é algunhas veces incluído en Hydrangeaceae, mentres outros inclúena en Balanophoraceae, ou na súa propia familia Pottingeriaceae.
Notas
editar- ↑ "Hydrangeaceae". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden: Flora de Nicaragua. Consultado o 17 de febreiro de 2010.
- Hydrangeaceae Arquivado 15 de decembro de 2005 en Wayback Machine. and Philadelphaceae Arquivado 03 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. in L. Watson e M.J. Dallwitz (1992 onwards). The families of flowering plants. Arquivado 03 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine.
- Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Hydrangeaceae (TSN 24093)" (en inglés).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hydrangeaceae |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Hydrangeaceae |
Bibliografía
editar- Fl. Guat. 24(4): 416–421. 1946; Fl. Pan. 37: 137–145. 1950; E. McClintock. A monograph of the genus Hydrangea. Proc. Calif. Acad. Sci., ser. 4, 29: 147–255. 1957.