Angelica
Anxélicas (xénero Angelica) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Véxase no texto | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Angelica, as anxélicas, é un xénero con 287[2] especies de plantas fanerógamas pertencente á familia Apiaceae. Comporta 287 especies descritas e destas, só 116 son aceptadas.[3]
Descrición
editarSon herbas perennes, rexas a magras, ergueitas, caulescentes, ramificadas, glabras a tomentosas, con rexas raíces axonomorfas. Follas pecioladas, membranáceas a subcoriáceas, pinnadas ou pinnado-ternadas, compostas, xeralmente con folíolos largos, dentados ou lobados ou, menos comunmente, disecados; pecíolos envaiñadores, as vaíñas caulinares frecuentemente inchadas e sen lamelas. Inflorescencia de umbelas compostas, laxas; pedúnculos terminais e laterais; involucro ausente ou de poucas brácteas foliáceas (ou raramente de brácteas case tan longas coma os radios); radios moi numerosos a escasos, patente-ascendentes, frecuentemente unidos na base; involucelo de numerosas bractéolas angostas, enteiras ou ausentes; pedicelos delgados, patentes, frecuentemente unidos por unha membrana. Dentes do cáliz miúdos a conspicuos ou ausentes; pétalos ovados a obovados, cun ápice inflexo máis angosto, brancos, rosados ou purpúreos; estilos curtos a magros, o estilopodio xeralmente baixo-cónico. Froitos oblongo-ovados a obovados, conspicuamente aplanados dorsalmente, glabros a tomentosos; carpóforo 2-partido; costelas 5, as dorsais filiformes a asado magra ou suberosamente, as laterais largamente con ás magras ou suberosas; costelas dos 2 mericarpos separadas; vitas escasas a numerosas, adheridas ao pericarpo ou á semente; semente frecuentemente sucada por baixo dos intervalos, a face aplanada ou cóncava.
Distribución
editarTen unha distribución Circumboreal, dende Alasca e Siberia até o sur de México e o Mediterráneo.
Taxonomía
editarO xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 250–251. 1753.[4] A especie tipo é: Angelica sylvestris L., a anxélica brava.
Angelica: nome xenérico que deriva do latín para "anxelical", en referencia ás propiedades medicinais da planta, que disque foron reveladas a un monxe por un anxo que lle dixo que era unha cura para unha praga.[5]
Especies
editarAs máis comúns que atopamos en Galiza son:
- Anxélica, Angelica archangelica ou Angelica officinalis [6].
- Anxélica brava, Angelica sylvestris, tamén coñecida coma herba da raña, herba da sarna ou herba dos lazarosos[7].
- Anxélica mariña, Angelica pachycarpa, tamén coñecida coma brizo mariño[8].
- Angelica aculeolata (Engl.) M.Hiroe
- Angelica acutiloba (Siebold & Zucc.) Kitag.
- Angelica adznarica Pimenov
- Angelica alba W.Young
- Angelica alpina Krock. ex Steud.
- Angelica ampla
- Angelica anomala Avé-Lall.
- Angelica archangelica L.
- Angelica arguta
- Angelica atropurpurea
- Angelica breweri
- Angelica californica
- Angelica callii
- Angelica canbyi
- Angelica cartilaginomarginata
- Angelica dahurica
- Angelica dawsonii
- Angelica dentata
- Angelica decursiva (Miq.) Franch. & Sav.
- Angelica dilatata A.Nelson ex J.M.Coult. & Rose
- Angelica genuflexa
- Angelica gigas
- Angelica grayi
- Angelica hendersonii
- Angelica keiskei
- Angelica kingii
- Angelica lineariloba
- Angelica lucida
- Angelica pachycarpa
- Angelica palustris
- Angelica pancicii
- Angelica pinnata
- Angelica palustris
- Angelica pancicii
- Angelica pinnata
- Angelica pubescens
- Angelica roseana
- Angelica saxatilis Turcz.
- Angelica scabrida
- Angelica sinensis
- Angelica sylvestris L.
- Angelica tenuifolia (Pall. ex Spreng.) Pimenov
- Angelica tomentosa
- Angelica triquinata
- Angelica ubatakensis
- Angelica venenosa
- Angelica wolffiana Fedde ex H.Wolff
- Angelica wheeleri
Notas
editar- ↑ USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/genus.pl?674 Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (30 July 2013)
- ↑ Especies de Angelica en PPP-index
- ↑ Angelica en PlantList
- ↑ "Angelica". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 1 de outubro de 2012.
- ↑ En Nombres Botánicos
- ↑ Nome común e definición en Diccionario Cumio da lingua galega Vigo, Ed. do Cumio, 1999
- ↑ Nomes vulgares galegos n´Os cultivos agrícolas en Vocabulario do medio agrícola Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Nomes comúns no blog Nomes de plantas e animais - http://naturezagalega.blogspot.com.es/search?updated-min=2011-01-01T00:00:00%2B01:00&updated-max=2012-01-01T00:00:00%2B01:00&max-results=3
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Angelica |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Angelica |