Europa meridional
Europa meridional ou Europa do sur ás veces chamada a Europa mediterránea é unha subrexión do continente europeo. Actualmente non existe unha definición definitiva xa que hai moitos factores que inflúen coma a lingua, a relixión, a cultura, a historia e a xeografía. Xeralmente inclúense nesta definición a España, a Portugal, a Italia e a Grecia, xeralmente ós países mediterráneos do continente europeo. O sur de Francia e o 3% do territorio turco na Europa, adoitan incluírse nesta definición.

Definición xeográfica
editarXeograficamente, o sur da Europa está constituído pola metade inferior do continente europeo. Esta definición considérase moi relativa xa que non inclúe límite ningún. Os Alpes e o macizo central europeo adoitan considerarse a barreira física entre Italia, Francia e o resto de Europa.
Definición xeográfica das Nacións Unidas
editarPara os seus traballos oficiais e publicacións, a Organización das Nacións Unidas clasifica ós seguintes países como parte da Europa meridional [1]:
Definición climática
editarA definición climática do sur de Europa é moi semellante á das zonas con clima mediterráneo. O clima mediterráneo adoita definirse como definición da Europa meridional. Esta área é a zona tradicional de orixe dos principais produtos do sur da Europa coma o viño e máis o aceite de oliva.
A área mediterránea presenta en xeral paisaxes e hábitats semellantes.
A área climática mediterránea está composta por dous terzos de Portugal, o sur e a costa leste de España, a costa sueste de Francia (xunto coa illa de Córsega), todo o territorio de Italia agás a chaira do río Po e a rexión dos Alpes, as costa de Croacia, Bosnia e Hercegovina, Montenegro e Albania, xunto coa práctica totalidade de Grecia, Chipre e Malta.
Definición lingüística e cultural
editarOs países de linguas románicas adoitan asociarse co concepto de Europa meridional, Grecia e os países balcánicos adoitan estar relacionados co concepto da Europa do sueste.
Países pertencentes á Europa do sur
editar- Península Ibérica
- Península Itálica
- Península balcánica
- Albania
- Bosnia e Hercegovina
- Bulgaria
- Croacia
- Grecia
- Montenegro
- Macedonia do Norte
- Romanía (38%: Valaquia e Dobruia)
- Serbia
- Eslovenia
- Turquía (3% do territorio)
- Estados Mediterráneos
Notas
editar- ↑ the sub-regions according to the UN
- ↑ A ONU inclúeo no suroeste de Asia.