O trial é unha disciplina deportiva motociclista fóra de asfalto, que consiste en superar tramos difíciles sen poñer os pés no chan. O seu nome orixinal en inglés é Observed Trial e naceu no Reino Unido a comezos do século XX, cando varios homes que residían no rural comezaron a circular en motocicleta por camiños rurais e campo a través. Trial significa "xuízo", "proba" ou "ensaio" en inglés, xa que a orixe deste deporte era ensaiar (tratar de superar) obstáculos naturais ou artificiais coa moto.

Adam Raga no Campionato do mundo de trial de 2007.

Aínda que o trial comezou a practicarse en motocicleta, pronto se engadiron os usuarios do sidecar dando lugar ao sidetrial, bastante popular no Reino Unido. A finais da década de 1970 comezou a practicarse o trial con outros tipos de vehículos, como bicicletas (bicitrial), coches 4x4 ou camións. Tamén xurdiu a modalidade "indoor" que se practica baixo teito, en polideportivos onde se instalan os obstáculos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar