Zona especial de conservación do Río Támega
- Véxase tamén: río Támega.
Coordenadas: 41°55′25″N 7°24′54″O / 41.923500, -7.414900
río Támega | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC | ||
Ano de constitución: | Decembro de 2004 | ||
Superficie: | 630,46 ha. | ||
Lexislación: | LIC o 29 de decembro de 2004[1] e 21 de setembro de 2006[2], ZEC o 31 de marzo de 2014[3][4]. | ||
Datos de interese | |||
País: | ![]() | ||
Provincias: | Ourense | ||
Concellos: | Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oímbra e Verín | ||
Ríos: | río Támega | ||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
O río Támega, ademais do río, é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a toda a cunca fluvial galega do río Támega, que é o chamado val de Monterrei ata a raia portuguesa, e os seus afluentes. Esta área de conservación ocupa 630,46 ha. dos concellos Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oímbra e Verín, todos da comarca de Verín.[1][2][3][4][5][6]
Fauna e flora editar
Flora editar
No espazo natural do río Támega dominan as ribeiras arredor do Támega e os seus afluentes con masas de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior)e prados de sega con especies como Alopecurus pratensis e Sanguisorba officinalis. Séguenlle os vales e abas, que decorren desde o río ata as montañas, e onde aparece vexetación de auga ou parcialmente de auga e de musgos acuáticos.[5][6]
Ademais destes hábitats, están presentes ribeiras lamacentas e áreas con augas estancadas, oligotróficas e mesotróficas. Destacan tamén os queirogais húmidos atlánticos de Erica ciliaris e E. tetralix.[5][6]
As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[5]
Especie |
---|
Drepanocladus vernicosus |
Narcissus asturiensis |
Fauna editar
Entre a fauna do espazo destacan os invertebrados Cerambyx cerdo, Lucanus cervus, o sapo Pelobates cultripes e os morcegos Rhinolophus ferrumequinum e Rhinolophus hipposideros. Entre as aves están presentes 15 especies de interese, como son o caso de Elanus caeruleus, Lullula arborea, Emberiza hortulana ou Sylvia undata.[5][6]
As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[5]
Grupo | Especie |
---|---|
Invertebrados | Cerambyx cerdo |
Invertebrados | Geomalacus maculosus |
Invertebrados | Lucanus cervus |
Invertebrados | Oxygastra curtisii |
Peixes | Chondrostoma polylepis |
Anfibios | Chioglossa lusitanica |
Anfibios | Discoglossus galganoi |
Réptiles | Lacerta schreiberi |
Mamíferos | Galemys pyrenaicus |
Mamíferos | Lutra lutra |
Mamíferos | Miniopterus schreibersii |
Mamíferos | Myotis myotis |
Mamíferos | Rhinolophus ferrumequinum |
Mamíferos | Rhinolophus hipposideros |
Lexislación editar
O río Támega foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 dentro da rexión atlántica e en setembro de 2006 dentro da rexión mediterránea e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[5][6]
Galería de imaxes editar
-
Río Cereixo en Laza.
-
A Veiga en Castrelo do Val.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96.
- ↑ 2,0 2,1 BOE - Goberno de España, eds. (21/9/2006). "Decisión de la Comisión, de 19 de julio de 2006, por la que se adopta, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica mediterránea [notificada con el número C(2006) 3261].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96.
- ↑ 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427.
- ↑ 4,0 4,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1130005 Río Támega". Consultado o 24/8/2019.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1130005 Río Támega". Consultado o 24/8/2019.