Peneireiro cincento
Peneireiro cincento | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
E. c. vociferus (India) | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Elanus caeruleus' Desfontaines, 1789 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Elanus melanopterus |
O peneireiro cincento[2][3] ou peneireiro cinsento[4] (Elanus caeruleus) é unha ave Falconiforme de pequeno tamaño de familia Accipitridae.
Descrición
editarÉ unha ave de rapina pequena, duns 30 a 35 cm de lonxitude e cunha envergadura de ás de entre 80 e 90 cm. O corpo é na maior parte branco. A cabeza, relativamente grande, é branca cunha máscara negra. A parte superior do corpo ten cor gris azulada, con manchas negras nos ombreiros. As ás son estreitas coas puntas negras. A cola é moi curta. Ten os ollos vermellos brillantes e as patas de cor amarela alaranxada.
Distribución e hábitat
editarÁchase preferentemente na África subsahariana e na Asia tropical. No norte de África vive en Marrocos, Alxeria e Exipto. En Europa aparece só nunha pequena zona do sur da Península Ibérica. Son aves, en xeral, sedentarias, aínda que poden facer desprazamentos ocasionais.
En boa parte do sur de Asia encóntrase a subespecie E. c. vociferus. Nas illas surasiáticas hai diversas subespecies máis.
Viven en espazos abertos como estepas, sabanas e zonas semidesérticas ou mesmo campos cultivados, nos que haxa árbores illadas para espreitar e face-los niños.
Alimentación
editarComen pequenos mamíferos, principalmente roedores, paxaros pequenos ou crías de ave de pequeno tamaño e réptiles, sobre todo lagartas e insectos. Localiza as presa voando lentamente ou espreitando dende unha árbore ou outro punto elevado.
Reprodución
editarA femia constrúe, con material achegado polo macho, un niño nunha árbore. Poñen tres ou catro ovos, pero en casos illados a cantidade varía entre dous e seis.
Nome común noutras linguas
editar- Alemán: Gleitaar
- Danés: Blå Glente
- Inglés: Black-winged Kite
- Español: Elanio azul
- Finlandés: Liitohaukka
- Francés: Élanion blanc
- Italiano: Nibbio bianco
- Neerlandés: Grijze wouw
- Noruegués: Svartvingeglente
- Portugués: Peneireiro-cinzento
- Sueco: Svartvingad glada
- Turco: Ak çaylak
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2013). "Elanus caeruleus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Definición de peneireiro no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peneireiro cincento |
Bibliografía
editar- Benny Génsbol, Walther Thiede; Greifvögel - Alle europäischen Arten, Bestimmungsmerkmale, Flugbilder, Biologie, Verbreitung, Gefährdung, Bestandsentwicklung, BLV Verlag München, 1997, ISBN 3-405-14386-1 (en alemán): "Manual sobre as aves de presa europeas".
- Theodor Mebs; Greifvögel Europas - Biologie - Bestandsverhältnisse - Bestandsgefährdung Franckh-Kosmos Verlag Stuttgart 2002, ISBN 3-440-06838-2 (en alemán): "Estudo sobre as aves de presa europeas".