Estela (monumento)

monumento en forma de lápida

Estela é a denominación dun monumento, usualmente un monólito (pero tamén poden ser circulares, rectangulares etc.), con inscricións.[1] Teñen forma de lápida, pedestal o cipo (miliario), que se erixe sobre o solo e pode ter unha función conmemorativa, funeraria, relixiosa, máxico-curativa ou xeográfica.

Miliarios romanos en Lobios.

Características

editar
 
Estela do Guerreiro de Castrelo do Val

Normalmente son monolíticas, de diversos materiais pétreos e variados tamaños, podendo algunhas alcanzar grandes dimensións.

Nas estalas inscribíanse textos, signos, símbolos e figuras nas que se descríban o por que da súa situación e significado, constituído polo tanto importantes documentos para arqueólogos e historiadores, apoiados por especialistas en epigrafía.

As estelas conmemorativas, de carácter funerario, erixíronse desde datas remotas, por pobos de diversas culturas, rexións e relixións, e seguen usándose actualmente.

Etimoloxía

editar

O termo deriva do grego antigo στήλη stḗlē, plural, στήλαι, stḗlai, que pasou ao latín stela, -ae, plural, stelae.[2]

Galería

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estela.
  2. stele no Online Etymology Dictionary.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar