Nocedo do Val, Castrelo do Val

parroquia civil do concello de Castrelo do Val

Nocedo do Val é unha parroquia do concello de Castrelo do Val na provincia de Ourense. Situada na marxe esquerda do río Támega, os seus habitantes viven da agricultura da pataca, o millo e os cereais. Tamén é terra de noces (orixe do seu nome) e de castañas. No outono son abundantes os cogomelos. En 2011 tiña 195 habitantes (102 homes e 93 mulleres).

Nocedo do Val
ConcelloCastrelo do Val[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°00′06″N 7°26′36″O / 42.00158333, -7.44338889
Poboación195 hab. (2011)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]
Igrexa de Nocedo do Val

Visitas de interese son os muíños de auga, o forno, a fonte, a igrexa e os cruceiros. Dende o monte de Bitón ten vistas panorámicas de todo o val de Verín. Tamén pasa por esta aldea a ruta dos carboeiros.

Topónimo

editar

O topónimo galego Nocedo é un fitónimo, derivado do latín NUCĒTUM[2] que indica á presenza de nogueiras.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Nocedo do Val

editar
Lugares da parroquia de Nocedo do Val no concello de Castrelo do Val (Ourense)

Nocedo do Val

Parroquias de Castrelo de Val

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Castrelo do Val

Campobecerros (Santiago) | Castrelo do Val (Santa María) | Gondulfes (Santa Cruz) | Nocedo do Val (San Salvador) | Parada da Serra (San Lucas) | Pepín (San Vicente) | Piornedo (Santa Eufemia) | Portocamba (San Miguel) | Servoi (Santa María)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar